Isaac Alonso Estraviz

lingüista galego

Isaac Alonso Estraviz, nado en Vilaseca (Trasmiras) o 26 de xaneiro de 1935, é un lexicógrafo galego.[1]

Infotaula de personaIsaac Alonso Estraviz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Vilaseca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica, Filoloxía Galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua castelá, lingua portuguesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 128 Dialnet: 1012005

Traxectoria

En 1947 ingresou como oblato no mosteiro de Oseira. Viviu en Francia, Alemaña e Navarra, onde traduciu ao galego os Salmos, e na súa estancia en Albacete traduciu as Encíclicas e o Misal. En Madrid estudou Filosofía pola Universidade de Comillas, e convalidou o título pola Universidade Complutense[2], onde foi alumno de Manuel Alvar López.

Licenciouse en Filoloxía Románica en 1977 e doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999, coa tese O Falar dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro[3]. É diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa [1]

Entre 1975 e 1977 deu clases de Lingua e Literatura Galegas no Ateneo de Madrid, e desde 1977 a 1984 na Irmandade Galega-Lôstrego desa cidade. Despois foi profesor de bacharelato na Rúa, Ferrol, Pontevedra, Pontedeume, Santiago, Vigo, A Coruña, Ordes e desde 1987 en Ourense, no IES Otero Pedrayo. Foi tamén profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Vigo desde 1992 nos campus de Pontevedra e Ourense.[4]

Foi membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (AGAL, partidaria do reintegracionismo) e do consello de redacción da revista Agália, na que publicou numerosos artigos. Publicou tamén en O Ensino, Encrucillada, Raigame e Grial,[4] Boletim de Filologia de Lisboa, Nós (Revista Internacional Galego-Portuguesa de Cultura), Temas de Linguística e Sociolinguística, Cadernos do Povo, Revista de Guimarães, A Nosa Terra.[5]

En 1986 formou parte da delegación galega que participou como observadora no Encontro sobre a Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa. É membro da Comissom Linguistica da Associaçom Galega da Língua, Vice-Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa e do Boletim da AGLP.Como lexicógrafo, é autor de varias obras sobre o léxico da lingua galega, destacando o Dicionário da língua galega, editado orixinalmente por Alhena (1986) e posteriormente nunha edición resumida por Sotelo Blanco (1995). Este dicionario apareceu inicialmente na normativa do galego chamada de reintegracionismo de mínimos, pero desde 2005 está dispoñíbel para consulta en liña na ortografía coñecida como reintegracionismo de máximos (máis próximo á ortografía da lingua portuguesa) e propugnada pola AGAL.[6]

Publicacións

Entrevista en Nós Televisión.

Narrativa

Ensaio

Dicionarios

Edición

Conversas

Traducións

  • Os Salmos (1966). SEPT.
  • Pacem in terris, de Xoán XXIII (1968). SEPT.
  • Poppulorum progressio, de Paulo VI (1968). SEPT.
  • Concilio Vaticano Segundo. A eirexa no mundo moderno (1973). SEPT.
  • O problema político de Galiza, de Vicente Risco (1976). SEPT.
  • La Sibila, de Agustina Bessa-Luís (1981). Alfaguara.
  • Gran libro de San Cipriano o los tesoros del hechicero (1986). Akal.
  • Antonio de Puga, pintor ourensano na corte de Filipe IV, de Xesús Ferro Couselo (1996). Ourense: Livraria Torga.
  • De Roncesvales a Compostela: um percurso por valores, habilidades, recursos e atitudes, de Manuel Rivero Pérez (2008). Ourense. AGAL.
  • Lo siento mucho, de Nuno Lobo Antunes (2009). Santillana Ediciones Generales.

Obras colectivas

Premios

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: