Boštjan Nachbar

baloncestista esloveno

Boštjan "Boki" Nachbar, nado o 3 de xullo de 1980 en Slovenj Gradec, é un ex xogador profesional de baloncesto esloveno. Actualmente traballa como observador nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).

Boštjan Nachbar
Detroit Pistons
PosiciónAla / Ala-pivote
CargoObservador
Información persoal
Nacemento3 de xullo de 1980 (43 anos)
Iugoslavia Slovenj Gradec, Iugoslavia
NacionalidadeEslovenia Eslovenia
Altura2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial100 kg (221 lb)
Información da carreira
NBA Draft2002 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Houston Rockets
Carreira1997–2017
Historial de equipos
Union Olimpija (1997–1998)
Maribor Ovni (1998–1999)
Pivovarna Laško (1999–2000)
Pallacanestro Treviso (2000–2002)
Houston Rockets (2002–2004)
NOLA / OKC Hornets (2004–2006)
New Jersey Nets (2006–2008)
Dinamo Moscova (2008–2009)
Anadolu Efes (2009–2011)
UNICS Kazan (2012)
Brose Baskets (2012–2013)
FC Barcelona (2013–2015)
Sevilla (2015–2017)

Traxectoria

Nachbar foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Houston Rockets. En tres tempadas en Houston tan só xogou 10 minutos por encontro. En 2004 asinou cos New Orleans Hornets onde acadou 8 puntos en 21 minutos por partido. En 2006 foi traspasado ós New Jersey Nets a cambio de Marc Jackson e Linton Johnson.

O 23 de xullo de 2013, Nachbar asinou un contrato de dous anos co FC Barcelona.[1]

O 18 de agosto de 2015, asinou un ano co CB Sevilla.[2]

O 14 de maio de 2018, Nachbar anunciou a súa retirada.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas