Brad Pitt

Actor estadounidense

William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.[1]

Infotaula de personaBrad Pitt

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Bradley Pitt Editar o valor em Wikidata
18 de decembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Shawnee, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSpringfield
Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Misuri
Kickapoo High School Editar o valor em Wikidata
Altura1,8 m Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro sucio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión , actor de dobraxe , modelo , produtor delegado , director de cinema , actor de cinema , produtor de cinema , produtor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor em Wikidata -
ProfesoresRoy London e Ivana Chubbuck Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAngelina Jolie (2014–2019), separación de feito
Jennifer Aniston (2000–2005), divorcio
ParellaAngelina Jolie (2005–2014)
Jennifer Aniston (1998–2000)
Gwyneth Paltrow (1994–1997)
Juliette Lewis (1990–1993) Editar o valor em Wikidata
FillosShiloh Jolie-Pitt
 () Angelina Jolie
Knox Jolie-Pitt
 () Angelina Jolie
Vivienne Jolie-Pitt
 () Angelina Jolie Editar o valor em Wikidata
PaisWilliam Alvin Pitt Editar o valor em Wikidata  e Jane Etta Hillhouse Editar o valor em Wikidata
IrmánsDouglas Pitt Editar o valor em Wikidata
ParentesMaddox Jolie-Pitt (fillo adoptivo)
Pax Jolie-Pitt (fillo adoptivo)
Zahara Jolie-Pitt (filla adoptiva) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000093 Allocine: 12302 Rottentomatoes: celebrity/brad_pitt Allmovie: p56988 TCM: 152994%7C0 Metacritic: person/brad-pitt TV.com: people/brad-pitt
Musicbrainz: eaeceae0-98f7-4630-b8a0-df5083db4c9a Discogs: 770796 WikiTree: Pitt-1 Editar o valor em Wikidata

Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991). Os seus primeiros papeis protagonistas en grandes producións foron A River Runs Through It (1992), Interview with the Vampire (1994) e Legends of the Fall (1994). En 1995, foi aclamado pola crítica pola súa interpretación no filme de suspense Seven e no de ciencia ficción 12 Monkeys, valéndolle este último un Globo de Ouro ó mellor actor secundario e un nomeamento ós Premios Óscar. Catro anos despois, Pitt protagonizou o filme de culto Fight Club. Posteriormente participaría no éxito internacional Ocean's Eleven (2001) e as súas secuelas, Ocean's Twelve (2004) e Ocean's Thirteen (2007). Os seus maiores éxitos comerciais foron Troia (2004), Mr. & Mrs. Smith (2005) e World War Z (2013). Pitt recibiu o seu segundo e terceiro nomeamento ós Óscar polas súas actuacións en O curioso caso de Benjamin Button (2008) e Moneyball (2011). Pitt ten a súa produtora de cine, Plan B Entertainment, responsable de filme como Infiltrados (2006) e 12 anos de escravitude (2013) que gañaron o Óscar ó mellor filme, e Moneyball, e lle valeu un nomeamento nesa mesma categoría.

Após unha longa relación coa actriz Gwyneth Paltrow, Pitt casou con Jennifer Aniston durante cinco anos. Pitt está coa actriz Angelina Jolie nunha relación que espertou moita expectación e provocou unha grande publicidade.[2] El e Jolie teñen 6 fillos: Maddox, Pax, Zahara, Shiloh, Knox e Vivienne. Dende que comezou a súa relación con Jolie, Pitt tense involucrado cada vez máis en cuestións sociais, tanto nos Estados Unidos como a nivel internacional.

Filmografía

Cine

AnoFilmePapelNotas
1987HunkRapaz na praia
1987Non hai saídaOficial do aeroporto
1987No Man's LandCamareiro
1987Less Than ZeroPartygoer
1988The Dark Side of the SunRick
1989Happy TogetherBrian
1989Cutting ClassDwight Ingalls
1990Too Young to Die?Billy Canton
1991Across the TracksJoe Maloney
1991Thelma e LouiseJ.D.
1991Johnny SuedeJohnny Suede
1992ContactCox
1992Cool WorldDetective Frank Harris
1992A River Runs Through ItPaul Maclean
1993KaliforniaEarly Grayce
1993True RomanceFloyd
1994The FavorElliott Fowler
1994Interview with the Vampire: The Vampire ChroniclesLouis de Pointe du Lac
1994Legends of the FallTristan Ludlow
1995SevenDavid Mills
199512 MonkeysJeffrey Goines
1996SleepersMichael Sullivan
1997The Devil's OwnFrancis "Frankie" Austin McQuire/Rory Devaney
1997Seven Years in TibetHeinrich Harrer
1998Meet Joe BlackJoe Black/Home da cafetería
1999Fight ClubTyler Durden
1999Being John MalkovichEl mesmoCameo
2000Snatch, cochos e diamantesMickey O'Neil
2001The MexicanJerry Welbach
2001Xogo de espíasTom Bishop
2001Ocean's ElevenRusty Ryan
2002Confessions of a Dangerous MindBrad, Bachelor No.1
2003Sinbad: Legend of the Seven SeasSinbadVoz
2004TroiaAquiles
2004Ocean's TwelveRusty Ryan
2005Mr. & Mrs. SmithJohn Smith
2006BabelRichard
2007Ocean's ThirteenRusty Ryan
2007O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert FordJesse James
2008Burn After ReadingChad Feldheimer
2008O curioso caso de Benjamin ButtonBenjamin Button
2009Inglourious BasterdsTenente Aldo Raine
2010MegamindMetro ManVoz
2011The Tree of LifeMr. O'Brien
2011MoneyballBilly Beane
2011Happy Feet TwoWill the Krill
2012Mátaos suavementeJackie Cogan
2013World War ZGerry Lane
201312 anos de escravitudeSamuel Bass
2013The CounselorWestray
2014FuryDon "Wardaddy" Collier

Televisión

AnoTítuloPapelNotas
1987Another WorldChris2 episodios
1987Growing PainsJeff2 episodios: "Who's Zoomin' Who?"
"Feet of Clay"
1987Head of the ClassChuckEpisodio: "Partners"
1987Freddy's NightmaresRick AustinEpisodio: "Black Tickets"
1987DallasRandy4 episodios
198821 Jump StreetPeterEpisodio: "Best Years of Your Life"
1990The ImageHome da cámaraTelefilme
1990Too Young to Die?Billy CantonTelefilem
1990Glory DaysWalker Lovejoy6 episodios
1992Tales from the Crypt BillyEpisodio: "King of the Road"
2001FriendsWill ColbertEpisodio: "The One with the Rumor"
2002JackassEl mesmo2 episodios
2003King of the HillPatch BoomhauerVoz
Episodio: "Patch Boomhauer"

Produtor

AnoFilmeNotas
2006God Grew Tired of UsProdutor executivo
2006Infiltrados
2006Running with Scissors
2007The Tehuacan ProjectProdutor executivo
2007Year of the DogProdutor executivo
2007A Mighty HeartCo produtor
2007O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford
2008Pretty/HandsomeProdutor executivo
2009The Time Traveler's WifeProdutor executivo
2009The Private Lives of Pippa LeeProdutor executivo
2010Kick-Ass
2010Eat Pray Love
2011The Tree of LifeCo-produtor
2012Moneyball
2012Mátaos suavemente
2013World War Z
2013Kick-Ass 2
201312 anos de escravitude

Galardóns e nomeamentos

Óscars

AnoCategoríaFilmeResultado
1995Óscar ao mellor actor secundario12 MonkeysCandidato

Globos de Ouro

AnoCategoríaFilmeResultado
2006Globo de Ouro ao mellor actor secundarioBabelCandidato
1995Globo de Ouro ao mellor actor secundario12 MonkeysGañador
1994Globo de Ouro ao mellor actor - DramaLegends of the FallCandidato

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: