Célula NKT

grupo heteroxéneo de células T

As células NKT (Natural killer T cell) ou células T asasinas naturais son un grupo heteroxéneo de células T que comparten propiedades das células T e das células NK (células Natural Killer ou asasinas naturais). Moitas destas células recoñecen a molécula non polimórfica CD1d, que é unha molécula presentadora do antíxeno, que se une a lípidos propios e estraños e a glicolípidos. Constitúen só o 0,2% de todas as células T do sangue periférico.[1]

Nomenclatura

O termo "célula NKT" foi utilizado primeiro en ratos para definir un subconxunto de células T que expresaban o marcador NK.1 (CD161) asociado ás células NK. Hoxe acéptase xeralmente que o termo "célula NKT" se restrinxe ás células T co receptor CD1d, presentes tanto en ratos coma en humanos, que coexpresan o receptor de células T (TCR) e marcadores de célula NK.[2]As células NKT non deben confundirse coas células NK.

Caracterización molecular

As células NKT son un subconxuto de células T que se caracterizan por expresar á vez un receptor de células T (TCR) αβ, e tamén diversos marcadores tipicamente asociados ás células NK como o NK1.1. Difiren das células T αβ convencionais en que os seus TCR están moito máis limitados en diversidade e en que están especializados en recoñecer lípidos e glicolípidos presentados polo receptor CD1d, que é membro da familia CD1 de moléculas presentadoras do antíxeno, en lugar de recoñecer complexos péptido-complexo maior de histocompatibilidade (CMH ou, en inglés e máis usado MHC). As células NKT son importantes no recoñecemento de glicolípidos de microorganismos patóxenos como as micobacterias que causan a tuberculose. As células NKT comprenden as células NK1.1+ e NK1.1-, e as células CD4+, CD4-, CD8+ e CD8-. As células NKT comparten outras características coas células NK, como a expresión dos marcadores CD16 e CD56 e a produción de grancima.[3][4] As células asasinas naturais invariantes ou células iNKT son dependentes do regulador da transcrición dedo de cinc da leucemia promielocítica (PLZF) para o seu desenvolvemento.[5][6]

Clasificación

Propúxose unha clasificación das células NKT en tres grupos:[2]

Tipo 1 NKTTipo 2 NKTSimilares ás NKT
Outros nomesNKT clásica
NKT invariante (iNKT)
Vα14i NKT (rato)
Vα24i NKT (humano)
NKT non clásicas
NKT diversa
Células T NK1.1+
células T CD3+ CD56+
RestriciónCD1dCD1dMHC, outros?
Reactividade
α-GalCer
+--
Repertorio TCRVα14-Jα18:
Vβ8.2, 7, 2 (rato)
Vα24-Jα18:
Vβ11 (humano)
diversodiverso

Células iNKT

O subconxunto mellor coñecido de células NKT dependentes de CD1d expresan unha cadea α do receptor de células T (TCR-α) invariable. Denomínanse como tipo I ou células NKT invariantes (iNKT). Estas células están conservadas evolutivamente en ratos e humanos e están implicadas en moitos procesos inmunolóxicos.

Función

Unha vez activadas, as células NKT poden producir grandes cantidades de interferón-gamma, Interleucina-4, e factor estimulante das colonias de granulocitos-macrófagos (GM-CSF), xunto con outras múltiples citocinas e quimiocinas (como a Interleucina-2, interleucina-13, Interleucina-17, Interleucina-21 e TNF-alfa).

Significado

As células NKT parecen ser esenciais en varios aspectos da inmunidade porque a súa disfunción ou deficiencia leva ao desenvolvemento de enfermidades autoinmunes (como a diabetes ou a aterosclerose) e cánceres. As células NKT foron implicadas recentemente na progresión de doenzas como a asma humana.[7]

O potencial clínico das células NKT débese á súa rápida liberación de citocinas (como IL-2, IFN-gamma, TNF-alfa, e IL-4), que promoven ou suprimen diversas respostas inmunitarias.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas