Caenolestes fuliginosus

Caenolestes fuliginosus

Caenolestes fuliginosus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Subclase:Theria
Infraclase:Marsupialia
Superorde:Ameridelphia
Orde:Paucituberculata
Superfamilia:Caenolestoidea
Familia:Caenolestidae
Subfamilia:Caenolestinae
Xénero:Caenolestes
Especie:C. fuliginosus
Nome binomial
Caenolestes fuliginosus
Tomes, 1863
Subespecies
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Caenolestes tatei Anthony, 1923

Caenolestes fuligionosus é unha especie de mamífero marsupial da orde dos paucituberculados, familia dos cenoléstidos e xénero Caenolestes,[1]

É a máis coñecida das seis especies sobreviventes da orde dos paucituberculados (sarigüeias rato).

Hábitat e distribución

Distribución de Caenolestes fuligoinosus.

A especie habita nos bosques alpinos e en praderías dos Andes, no norte o e o oeste do Ecuador e de Colombia, e o noroeste de Venezuela.

En Colombia encóntrase desde os 2.000 até os 3.800 m de altitude, e no Ecuador desde os 1.600 aos 4.000 m.[2]

É un animal terrícola, aínda que pode agatuñar os troncos das árbores.

Ameazas

Caenolestes fuligionosus non sofre ameazas importantes. Porén, nalgunhas localidades, nas praderías do seu hábitat, ten que competir co pastoreo do gando.[2]

Subespecies

A especie Caenolestes fuligionosus foi descrita por primeira vez en 1863 polo zoólogo inglés Robert Fisher Tomes, no seu traballo "Notice of a new American form of marsupial", publicado nas páxinas 50–51 da revista Proc. Zool. Soc. Lond.

Recoñécense na actualidade a tres subespecies seguintes:[1]

  • Caenolestes fuliginosus centralis Bublitz, 1987.
  • Caenolestes fuliginosus fuliginosus Tomes, 1863.[3]
  • Caenolestes fuliginosus obscurus Thomas, 1895.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas