Chaveiro vermello

especie de planta
Chaveiro vermello
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Liliopsida
Subclase:Liliidae
Orde:Asparagales
Familia:Orchidaceae
Subfamilia:Epidendroideae
Tribo:Neottieae
Subtribo:Limodorinae
Xénero:'Cephalanthera'
Especie:''Cephalanthera rubra''

O chaveiro vermello, Cephalanthera rubra,[1] é unha especie de orquídea terrestre pertencente á familia Orchidaceae. Distribúese por Eurasia.

Ilustración.

Descrición

É unha herba perenne, con rizoma subterráneo, cun só talo, que contén a inflorescencia en espiga con flores hermafroditas, de cor rosa ou violeta e que alcanza ao redor de 20-50 cm de altura. os seus talos son erectos, foliosos estriados e con pelos glandulares na parte superior, de 20-40 cm de altura. As súas follas inferiores son lanceoladas, as superiores son linear-lanceoladas, de 5-12 cm de lonxitude. As súas flores están dispostas en espigas laxas, con 6 pezas periánticas, de cor púrpura, con 3 pezas externas e outras tantas internas, similares e confluentes, aínda que a interna inferior (labelo) presenta entre 7 e 9 finas costelas amareladas; ovario situado en posición inferior con relación ao resto das pezas florais. O seu froito en cápsula que contén numerosísimas sementes. Florece na primavera e verán.[2]

Distribución

Atópase na maior parte de Europa, ao leste dos Urais e ao norte até os 60 graos. Con todo, é raro en Gran Bretaña, os Países Baixos e Francia occidental. Tamén aparece en Marrocos, Alxeria e Tunes e en varias partes do sur de Asia até o leste de Irán.

Taxonomía

Cephalanthera rubra foi descrita por (Linné) Rich. e publicada en Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle 4: 60. 1818.[3]

Etimoloxía

Ver: Cephalanthera

rubra: epíteto do latín ruber que significa "vermello".

Sinonimia
  • Serapias rubra L. (1767) (Basionymum)
  • Epipactis purpurea Crantz (1769)
  • Epipactis rubra (L.) F.W. Schmidt (1795)
  • Cymbidium rubrum (L.) Sw. (1799)
  • Helleborine rubra (L.) Schrank (1814)
  • Cephalanthera comosa Tineo (1844)
  • Dorycheile rubra (L.) Fuss (1866)
  • Limodorum rubrum (L.) Kuntze (1891)
  • Cephalanthera rubra f. alba Raynaud (1985)
  • Cephalanthera rubra f. comosa (Tineo) Robatsch (2000)[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas