Consello Insular de Menorca

O Consello Insular de Menorca (en catalán: Consell Insular de Menorca) é unha institución de autogoberno no ámbito da illa de Menorca. Foi creado en 1978 logo da aprobación do réxime de Consellos Insulares e instituído oficialmente segundo o Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.

Sede principal do Consello Insular de Menorca

A institución exerce, segundo as competencias, un poder lexislativo (Pleno do Consello) e executivo. O pleno está composto por 13 deputados, segundo a porcentaxe de votos que obtén cada formación política nas eleccións directas ao Consello. Este último punto é un cambio introducido na reforma do Estatuto de Autonomía das Illas Baleares, en vigor desde o 1 de marzo de 2007. Antes, co Estatuto de 1983, os conselleiros saían elixidos da votación na circunscrición de Menorca nas eleccións ao Parlamento das Illas Baleares. Este pleno encárgase de aprobar as tarefas e escoller o presidente da institución.

Lista de presidentes

No. NomeInicio FinPartido
1.Francesc Tutzó Bennàsar19/IV/19798/V/1983UCD
2.Tirs Pons Pons8/V/198326/V/1991PSIB
3.Albert Moragues Gomila26/V/199118/IX/1991PSIB
4.Joan Huguet Rotger18/IX/199127/VIII/1995PPIB
5.Cristòfol Triay Humbert27/VIII/199530/VII/1999PPIB
6.Joana Maria Barceló i Martí30/VII/199917/IX/2008PSIB
7.Marc Pons Pons18/IX/200827/VI/2011PSIB
8.Santiago Tadeo Florit27/VI/20114/VII/2015PPIB
9.Maite Salord i Ripoll4/VII/20157/VII/2017MpM
10.Susana Mora Humbert7/VII/2017ActualidadePSIB

Véxase tamén

Ligazóns externas