Conversa usuario:Piquito/Arquivo 1
Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Benvido(a) á Galipedia, Piquito! Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 06:35, 19 de maio de 2010 (UTC)
Piquito, en galego temos Clasificación. Non é que se borrase o artigo que creaches, senón que se cambiou ao nome correcto, Clasificación de seleccións de hóckey a patíns. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:43, 22 de novembro de 2010 (UTC)
Piquito, aí van unhas correccións de formato [3]. Tenas en conta para futuros artigos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:04, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
Ola, Piquito. Desfixen un borrado teu (Oddset Ligaen).
Isto é unha explicacionciña prá próxima vez. Non te preocupes, que ninguén nace aprendido. Un saúdo. --Xabier Cid Talk, please 03:31, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)
Ola, Piquito. Entre os botóns de arriba (páxina de usuario, conversa, editar, historial, mover e vixiar) está o de mover. Se premes nel pasas a unha páxina onde tes que indicar o novo título que lle queres dar. Cando lle dás ó botón de aceptar o que fai o software é trasladar todo o contido do artigo, incluíndo o seu historial, a un novo co título que ti lle indicaches. Ademais converte o título antigo nunha páxina de redirección. Neste caso o artigo Rublo pasaría a ser Rublo ruso, e en Rublo terías unha redirección que che mandaría automaticamente para Rublo ruso. É ben doado, fai a proba sen medo, que aquí todo o que saia mal se pode desfacer. Cando o teñas movido eu recoméndoche que convertas a nova páxina de redirección nunha páxina de homónimos, que debería conter algo así como "Co nome de rublo podemos atopar diferentes moedas: o Rublo ruso, o rublo catalán, o rublo de coristanco etc (as que haxa, que eu non as coñezo). Experimenta, que sempre haberá alguén comprobando que as cousas quedan ben feitas. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:54, 14 de marzo de 2011 (UTC)
Deixei un comentario en Conversa:Festa do Boi, creo que o que inclúes no apartado historia hai que contextualizalo (segundo a tradición local por exemplo se é o caso máis referencias)--Cheluco 13:12, 19 de febreiro de 2011 (UTC)
Moi sinxelo. Vai ao artigo. Hai varias lapelas: ler, editar, ver o historial, unha estreliña e a seguir unha triángulo pequeno que ao pasar o rato por riba desprega un minimenú, do que unha das opcións é mover. (igual nin menú hai e resulta aínda máis fácil ao haber só a opción de mover, porque eu teño as opcións de administrador na frechiña). Non ten perda. Un saúdo e adiante con eses cambios en rublo. --Atobar (conversa comigo) 11:50, 14 de marzo de 2011 (UTC)
Ola, Piquito. Cando editas un artigo, xusto antes de premer no botón gardar a páxina, tes un recadro alongado que pon resumo; aí é onde cómpre escribir en que consiste a túa edición. Non ten dificultade, proba (iso si, tes un número de caracteres limitados). Non obstante, cando a mudanza é polémico ou cando menos implica un cambio susbtancial, nmunca está de máis expoñelo na páxina de conversa e que outros opinen ao respecto. Por exemplo, nisto que me comentas de borrares o cadro da cronoloxía, se cadra é mellor que antes o consultes na páxina de conversa e expoñas os motivos. Máis cousas, para o artigo de música clásica sería ben importar os contidos de en.wiki, que ten un artigo moi xeitoso. Un saúdo e espero terche aclarado as dúbidas. --Atobar (conversa comigo) 11:22, 8 de abril de 2011 (UTC)
Ola Piquito, que tal?
Cando crees unha categoría nova non esquezas poñerlle as ligazóns interlingüísticas.
Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 21:55, 17 de abril de 2011 (UTC)
Piquito, es un dos editores "de futuro" e anímote a que sigas traballando así.
Borrar páxinas é un privilexio reservado aos administradores, e eu non son tal. Cando o motivo para borrar está clarísimo pódese marcar con {{lixo}} e despois farao un admin. No caso de que falamos eu non o tiña tan claro, por eso non o marquei, abrín un debate na conversa para que opinárades os demais. Tamen existe a opción da votación, maís información en: Wikipedia:Votacións para borrar--. HombreDHojalata.conversa 11:46, 16 de xuño de 2011 (UTC)
Pois sí, eu non puxen as bandeiras pensando na federación que representan, senón no país do cal son, pero tes razón en propoñer o cambio. JonnyJonny 23:38, 17 de xuño de 2011 (UTC)
Ola, Piquito. Graciñas pola confianza mais eu pouco podo opinar sobre este tema en concreto do Alzamento de Pascua, porque non coñezo ben o asunto e non entendo senón sobre do relativo ao formato, que polo que vexo parece correcto. Si é certo que necesita unha revisión de lingua seria, pero eu non che me animo a lla dar, meu. Sonche máis de picar aquí e aló que de me dar a un artigo concreto moito tempo (a non ser que me interese moito). Quen si adoita ser corrector de principio a fin é o usuario Servando2, e tamén Xoán Carlos Fraga. Podes preguntarlle a calquera deles se non lles importa o facer unha revisión xeral do asunto (e mellorar a redacción na medida do posíbel; os artigos deben ser comprensíbeis tanto para os que máis saben como para os que nada sabemos). Cantos máis editores a revisen, mellor ha quedar. Máis nada. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 15:48, 21 de xuño de 2011 (UTC)
Segundo o Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos (2007) de Eds. Xerais si son sinónimos. Eu penso particularmente que o termo "separatismo" conleva un matiz despectivo producido por un sesgo ideolóxico, así que son partidario de empregar independentismo ou mesmo un termo ben enxebre que tamén aparece coma sinónimo no dicionario de Xerais, arredismo. En calquera caso, asumindo o que pon no citado dicionario, deben ser considerados coma sinónimos. Unha aperta, Piquito, e a ver de damos feito de Alzamento de Pascua un artigo merecente da máxima distinción que hai na Galipedia. --Paradanta (Cóntame) 20:55, 30 de xuño de 2011 (UTC)
Piquito, parabéns pola túa proposta e polo traballo no Códice Calixtino. Anímote a que sigas participando nas votacións no futuro. As veces, para levar adiante as iniciativas, temos algún problemiña de participación. Tódalas propostas precisan dun número mínimo de votos e non sempre contamos con eles.
Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 13:10, 11 de xullo de 2011 (UTC)
Ola, Piquito! Escríboche porque xa existía o artigo Martín Códax (grupo de música antiga); anímaste a incluír neste os contidos que creaches en Grupo Martín Códax para facer un artigo único?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:50, 13 de xullo de 2011 (UTC)
Non hai de que! Sempre é un pracer traballar colectivamente nos artigos. Unha aperta! --Paradanta (Cóntame) 08:03, 19 de xullo de 2011 (UTC)
Tes razón, grazas por avisar. E ten en conta que segundo Wikipedia:Votacións "...as votacións rexeitadas nunha primeira volta, non poderán someterse a unha segunda valoración ata transcorridos 3 meses da finalización da votación anterior."
Un saúdo. HombreDHojalata.conversa 11:30, 4 de agosto de 2011 (UTC)
Certamente Piquito. O primeiro paso para a fusión é engadir a man os contidos que vallan levándoos dende o artigo que vai desaparecer cara o artigo que vai quedar. Cando se remata se avisa a un administrador (Wikipedia:Taboleiro dos administradores) para que fusione os historiais.
Aproveito para suxerirte, a ti que es amante da música académica, que lle botes un ollo e mires de facerlle algunha mellora ó artigo Montserrat Caballé, que lle teño cariño. É un tema de interese enciclopédico universal (olla os interwikis) e penso que o da galega e un dos mellores de tódalas wikis--. HombreDHojalata.conversa 11:56, 7 de agosto de 2011 (UTC)
Ola Piquito. Paréceme moi interesante o asunto que dis, na Taberna, sobre a catedral de Santiago e Prisciliano. O que non reparei, foi no que dis alí de que a Páxina de conversa se move pouco. Porque eu, aínda quwe son de ciencias, son compostelán de nación, e o tema sempre me interesou; así que, non sen ousadía, engadín onte un pequeno apartado sobre iso. Como non me dera de conta do da conversa, deixei alí este aviso:
Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 13:14, 9 de agosto de 2011 (UTC)
Marcador retirado; bo traballo, Piquito. Eu non che son moi fan dos wikiproxectos, se cadra porque sempre ando un pouco a todo e a nada, sen me centrar en temas concretos por longos períodos de tempo. Iso si, deséxovos moi bo choio a quen vos poñades con ese traballiño que indicas na páxina de conversa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:49, 29 de agosto de 2011 (UTC)
Boas compañeiro. Xa vin que estás mellorando moito o artigo sobre a Copa do Mundo de Rugby 2011 con bo gusto. Estarei encantado de colaborar contigo na mellora deste artigo, ainda que agora mesmo estou a piques de ausentarme ata a noite. Esta pode ser unha boa oportunidade para darlle un novo pulo ó tema do rugby, ós estadios e das cidades de Nova Celandia, e ó tema dos principais xogadores de rugby da actualidade, como Will Genia, Quade Cooper, Sonny Bill Williams, etc. JonnyJonny 16:12, 1 de setembro de 2011 (UTC)
Hola Piquito. O tema de cambia-la bandeira paréceme ben. O certo é que creo que a IRFU non emprega ningunha destas 2 bandeiras (a de antes e a de agora), senón outra que non atopo na wikipedia, con tres trevos brancos e un balón de rugby verde no medio. Por certo, perfecto o Infobox que engadiches no artigo. Vou a comezar con Whangarei, Hamilton, Nova Zelandia e Rotorua, a ver o que teño tempo de facer agora, xa que o fin de semana estarei no Angliru e non farei nada. JonnyJonny 16:16, 2 de setembro de 2011 (UTC)
Boas Piquito. Este ano a Liga Celta de rugby cambiou o seu nome, que o ano pasado era Magners League. Seica o seu novo nome é Pro12, cun novo patrocinador, RaboDirect. Propóñoche que o nome Magners League sexa eliminado, e cambiado por Pro12, mantendo a redirección que acabas de facer. Pódese facer unha mención ó nome Magners League dentro do artigo, sinalando que ese era o nome antigo. ¿Qué pensas disto?. JonnyJonny 14:06, 8 de setembro de 2011 (UTC)
Boas de novo. No tocante ó asunto do torneo Pro12, concordo coa túa proposta de engadir unha sección Denominacións. É moi certo que coa chegada de Treviso e Aironi xa non ten ningún sentido o nome de "Liga Celta".
E no tocante a Connacht Rugby, eu se queres actualizo un pouco o artigo, que polo visto quedou conxelado un pouco en 2009, ainda que a verdade é que o artigo está moito mais completo que outros artigos como Munster Rugby, Leinster Rugby ou Ulster Rugby, que están no básico.
Ainda que agora estou a traballar na mellora do artigo Super Rugby e na creación e mellora dos artigos dos equipos do Super Rugby, a miña idea era poñerme axiña cos equipos europeos do Pro12, Top 14 e Aviva Premiership. No futuro traballarei tamén en crear os artigos de tódolos equipos da Currie Cup e ITM Cup. Un saúdo. JonnyJonny 15:12, 8 de setembro de 2011 (UTC)
Piquito, segundo o historial da túa conta de usuario, non tes experiencia cargando ficheiros con ningún dos dous sistemas. Déixame suxerirte que probes a subir algunha foto á Galipedia e a Wikimedia Commons, para facer, con coñecemento de causa, as propias valoración sobre cal dos dous sistemas é máis "amable".
Xa me contarás.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 09:35, 20 de setembro de 2011 (UTC)
Non se pode, Piquito. Se as imaxes están tiradas de xornais e non teñen ningunha licenza aberta indicada, daquela están suxeitos a dereitos. O tema das licenzas é bastante complexo, e o único que che podo dicir é que a maneira de te asegurares de que a imaxe vai quedar é que sexa da túa autoría e a liberes no dominio público. Se non es ti o autor, as dificultades han ser moitas. De calquera maneira, eu disto seiche pouco; quen o coñecen ben son HombreDHojalata e Xabier Cid, entre outros. Un saúdo e sinto non poder ser de máis axuda. --Atobar (conversa comigo) 12:25, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Piquito, na táboa que engadiches [5] pon que os datos son de Ourense--. HombreDHojalata.conversa 19:59, 22 de setembro de 2011 (UTC)
Tes toda a razón, Piquito. Sei que a tes, pero cando me poño a teclear non me decato do erro. En fin, tentarei fixarme mais nese detalle que sempre esquezo. Por certo, nos vindeiros días eille dar un cambio de imaxe e unha actualización ós artigos Pro12, Top 14, Heineken Cup e European Challenge Cup, como fixen con Super Rugby, Liga Española de rugby 2011-2012 ou Aviva Premiership. Agardo que estés dacordo, xa que coido que tí eres o creador de moitos destes artigos. Nada mais, seguimos en contacto. JonnyJonny 19:32, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Piquito, a nós o que nos interesa é a propiedade artística, non a propiedade física. Ti esquécete de quen é o dono da obra que sexa, iso non nos afecta para nada. Tes que pensar sempre no autor. No creador. No artista. No titular dos dereitos sobre a propiedade intelectual, que pode coincidir que sexa o posuidor da obra ou non.
Cando fas unha foto dunha obra estas a facer unha obra derivada. Se lle fas unha foto ó escudo da camiseta, o deseñador dese escudo ten uns dereitos sobre a propiedade intelectual desa creación.
Outra cousa é que nunha foto que ti tires apareza por algures, en pequeniño, algunha obra que teña dereitos de autor. Iso admítese. Chámase De minimis. Pero tería que ser de forma que a resolución da foto non permitira recortar o escudo e empregalo coma obra independente. E dicir, que non se puideran derivar obras que terían que volver a licenciarse respectando o copyright de orixe.
Hai obras que non citan a licenza é están no dominio público. Segundo as leis internacionais e españolas, basicamente cando pasaron 70 anos desde que finou o autor, inda que hai moreas de lexislacións específicas, segundo os países, segundo os casos... Habería que ver un por un. A lexislación cubana é menos restritiva. Nalgúns países permítese a reprodución de papel moeda, noutros non... etc, etc, etc, poderíamos estar falando de casos diferentes toda a semana.
Eu non é que saiba muito do tema é que cando se me da un caso póñome a ler nas páxinas de axuda, que son moi completas, na Wikimedia Commons.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 20:23, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Piquito, moi bo o traballo que estás a facer, pero ten en conta que non podes deixar frases tal cal aparecen no lugar de orixe. Para este artigo da Filharmónica de Galicia colleches parágrafos completos de sinafonicadegalicia.com. Iso non poder ser, hai que reformalo de tal maneira que o digamos coas nosas palabras. Do contrario, podemos ter un problema e ademais o teu traballo serviría de pouco. En fin, que trates de explicar o que les coas túas palabras e evito sempre o copia/pega. Un saúdo e como che dicía, bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:34, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Piquito, trata de darlle outro ton a isto. Ten en conta que canda se di "unha das mellores do Estado", "un gran potencial musical" etc. tes que acompañalo dunha referencia concreto de por que é así. Unha enciclopedia, polo xeral, prescinde de adxectivos de loa. O seu é achegar datos concretos e que o lector valore a importancia destes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:21, 7 de outubro de 2011 (UTC)
Se non se especifica a licencia a obra ten tódolos dereitos de autor reservados. Porén, neste caso haberá material tirado por fotógrafos que finaron fai máis de 70 anos. Esas imaxes están no dominio público. Tamén están no dominio público se se descoñece o autor e foron publicadas fai máis de 70 anos.
Botareille un ollo a Alzamento de Pascua e xa che contarei. --. HombreDHojalata.conversa 18:53, 9 de novembro de 2011 (UTC)
Nun artigo de calidade, se se pode, é mellor ter os gráficos en galego.
Se me traduces ti o texto deste, eu fago a versión galega do ficheiro vectorial co Inkscape:
inglés | galego |
---|---|
E seguimos falando. --. HombreDHojalata.conversa 20:26, 9 de novembro de 2011 (UTC)
Eu teño claro que xa o é, pero para convencer aos indecisos quizáis sexa preciso crear algunha ligazón en vermello máis e retirar algunha ligazón externa, que se cadra son excesivas. Vou lelo moi detidamente esta fin de semana para ver se lle detecto algún erro de lingua. De todos os xeitos, mencionou nunha ocasión HombreDHojalata que ten que transcorrer un determinado prazo para volver propór como artigo de calidade un que foi rexeitado como tal previamente. Seguimos en contacto! --Paradanta (Cóntame) 21:41, 9 de novembro de 2011 (UTC)
Piquito, porfa, revisa a túa sinatura, creo que leva un <sup> non pechado con </sup> que provoca que tódalas conversas despois da túa aparezan pequeniñas. --. HombreDHojalata.conversa 19:11, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Xa fixen a lectura do artigo e penso que está en condicións de ser proposto outra vez como artigo de calidade, sobre todo logo das correccións que fixo HombreDHojalata. Só nos falta unha cousa, que é a de crear máis artigos a partir das súas ligazóns en vermello. Penso que se nos comprometemos os dous a ilas facendo por volta do Nadal xa poderemos propoñelo con certas garantías. Que dis? --Paradanta (Cóntame) 12:39, 13 de novembro de 2011 (UTC)
Cada imaxe de flickr ten a súa propia licencia. Fíxate. So podes subir as que sexan "Atribución de Creative Commons" ou "Atribución-Compartir baixo a mesma licenza de Creative Commons".
Para facelo a mellor maneira é empregar unha ferramenta, como por exemplo esta. --. HombreDHojalata.conversa 14:23, 19 de novembro de 2011 (UTC)
Piquito, fixen engadidos deste tipo nalgunha das categorías que creaches: [8].
A maioría das veces ás categorías novas hai que meterlles máis dunha nai. Date conta que ten que haber algún xeito de chegar dende Categoría:Bélxica ata Categoría:Violonchelistas de Bélxica.
Un saúdo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22:41, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Ola, Piquito, que tal?
O artigo que creaches hoxe de José López Calo era unha tradución case literal dunha nota biográfica publicada na revista Opus Musica. Eses contidos están protexidos por copyright, e habería que borrar inmediatamente o artigo. Ao final, por outras vicisitudes (o artigo Xosé López Calo xa existía), fixen un traballo de adaptación, incorporando outras fontes, reordenando frases e seccións e demais. Dígoo pois unicamente para o futuro: non se pode traducir literalmente unha fonte na Wikipedia, a non ser que esa fonte non teña copyright (pero non é o caso). Saúdos! --Xabier Cid Talk 2 me, please 10:39, 1 de decembro de 2011 (UTC)
Boas, Piquito. E digo eu: A redirección Sibir Novosibirsk debera ser mais ben unha páxina de homónimos cara ó HC Sibir Novosibirsk de hockey xeo e cara ó FC Sibir Novosibirsk de fútbol (que participou na tempada 2010 da Liga Premier de Rusia), en previsión de que no futuro alguén cree o artigo sobre o equipo de fútbol, ¿non crees?. Nada mais, só isto. Un saúdo. JonnyJonny 12:30, 16 de decembro de 2011 (UTC)
Pois non te creas que eu son un experto en modelos de información. Pedinlle axuda a Toliño que el si que o arranxa seguro. --. HombreDHojalata.conversa 21:45, 17 de decembro de 2011 (UTC)
class="infobox_v2"
que deberon crear eles para o proxecto e nós usamos simplemente a clase class="infobox"
. Tan sinxelo como cambiar isto. Agora queda dar algún outro formato para centrar algúns textos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:28, 18 de decembro de 2011 (UTC)Grazas. Pouco a pouco. Máis vale a constancia. Se o artigo non sae agora pode volver propoñerse dentro duns meses, sobre todo grazas ó traballo que estás a facer. Para as revisións da lingua tamén llo podes pedir a Alejandro para casos puntuais, que ten un nivel profesional. --. HombreDHojalata.conversa 14:03, 23 de decembro de 2011 (UTC)
Compañeiro, a ver se lle damos un derradeiro pulo ao Alzamento de Pascua, creando o maior número posible de molestas ligazóns vermellas que aínda ten, antes de presentalo outra vez a candidato para artigo de calidade. Paréceche? --Paradanta (Cóntame) 11:27, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito. Si, lin os teus comentarios, e este punto en concreto para min era demasiado evidente que se trataba dun erro. Esta sección de Outros artigos está para completar con artigos relacionados e sempre necesarios e moi ligados ao que se trata. Ademais, do mesmo modo que non pomos unha ligazón á RAG por escribir tal persoeiro na norma RAG, tampouco metemos reintegracionismo porque teña unha obra escrita cun outro galego. En todo caso, non é un tema que me importe demasiado. Polo tanto, desfai a miña edición se o cres acaído, pero eu manteño, e con total firmeza, que ese artigo non debe ir citado aí de ninunha das maneiras. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 18:28, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)
Hai muita bibliografía que ven decindo que chegaba sobrada a soprano [9], porén o criterio que sigas, que tes más coñecemente técnico ca min, parecerame ben. --. HombreDHojalata.conversa 10:18, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito; estiven fedellando no marcador de demografía de Irlanda, pero non sei a que te refires co de descadrado; eu véxoo correctamente. A que te refires? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:38, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito. Entendo o que dis. Agardei algo a ver se esa IP anónima seguía a editar. Parto da base de que se é un químico de importancia alguén, máis tarde ou máis cedo, creará o artigo. Pero se non, tampouco se perde nada porque desapareza a frase Químico alemán. :). Se alguén ve o marcador de borrar e decide crear un artigo, estupendo. Quero dicir, fíxeno conscientemente, volvería facelo, e paréceme estupendo que ti o rescatases. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 17:36, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito! Paréceme ben mudar Gran Bretaña por Reino Unido, xa que naquela altura o nome do estado era Reino Unido de la Gran Bretaña e Irlanda. Sobre o tema da ampliación, penso que non cómpe engadirlle máis. Os artigos de calidade deben ser completos pero accesibles, e un exceso de información pode convertelo en farragoso. O que si se podería facer sería crear ese artigo e engadir ao inicio do apartado correspondente en Alzamento de Pascua o modelo "Artigo Principal". Pero iso pódese facer máis tarde, non o vexo esencial de cara á súa candidatura a artigo de calidade.
A miña colaboración no artigo ten sido residual. Eu non engadín practicamente nada novo, agás unhas cantas fotos, limiteime só a labores de corrección de lingua e ligazóns. Xa que logo, creo que unha proposta efectuada por min entraría dentro dos parámetros politicamente correctos requeridos.
Se che parece ben, propóñoo en canto me deas unha resposta afirmativa. As ligazóns vermellas que quedan, que como ben dis son ben poucas, pódense ir facendo, algunhas, mentres que estea en curso a votación.Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 11:55, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)
Se non se especifica a licencia a obra ten tódolos dereitos de autor reservados. Porén, neste caso haberá material tirado por fotógrafos que finaron fai máis de 70 anos. Esas imaxes están no dominio público. Tamén están no dominio público se se descoñece o autor e foron publicadas fai máis de 70 anos.--. HombreDHojalata.conversa 15:36, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)
Boas, vin a túa última achega ó artigo sobre o tema do topónimo e non me parece demasiado neutral..., o que di a RAE é unha recomendación para o uso en textos en castelán que non sexan oficiais, cando se consulta a referencia lese que o topónimo a usar para textos oficiais é "A Coruña"... Penso que si queremos incluir esa información, para min non demasiado relevante e quitaríaa, habería que redactala doutro xeito. Sobre o comentario que fixeches na taberna sobre o artigo vouche contestar alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:44, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito. Home, eu creo que este artigo en concreto non presenta moita dúbida para quedar sen o marcador. Os marcadores enprogreso son para guiármonos e para sabermos que hai que corrixir con máis urxencia. Eu persoalmente son partidario de deixar sempre un mínimo de cabezallo e algo a maiores (for un véxase tamén con ligazóns externas, unha imaxe, unha puca de biografía sinalada etc.) e non pór marcadores enprogreso, os cales dan unha sensación de desleixo importante. Neste caso da entrada de cosí fan tutte non creo que haxa moito debate en tanto que xa ten as súas seccións, un cabezallo inicial, notas e un modelo, e ademais non é unha entrada chamémoslle prioritaria para a wiki en galego (se for unha importante ópera de noso, por exemplo de Gustavo Freire, daquela si entendería que optemos por lle deixar o marcador para que alguén se poña co choio o antes posible). En todo caso, tal cal eu o vexo, ningún de nós os dous está exento de razón, porque o tema dos marcadores é un debate que saíu moitas veces (e seguirá saíndo) e para o cal é difícil estabelecer uns parámetros concretos sobre os que todos deamos en estar de acordo. En todo caso, insisto: cando hai un mínimo razoable creo que non debemos poñelo, non só porque deixen esa sensación de chafallo a medio facer senón tamén porque, se o pensas, en realidade, levando ao extremo ese criterio, todo debería levar un marcador enprogreso. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 00:15, 26 de xaneiro de 2012 (UTC)
Simplemente edita Moïse et Pharaon meténdolle contidos novos de seu e xa está. --. HombreDHojalata.conversa 10:49, 1 de febreiro de 2012 (UTC)
Proba con outro equipo e revisa o antivirus. perdon stou d viaxe HdH
Tes razón, parece ser que Palacios fixo un proxecto en 1907 [10], pero o Nautico foi obra de Castro Represas en 1944. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 09:37, 13 de febreiro de 2012 (UTC)
Tardei, pero xa está proposto o Alzamento de Pascua como artigo de calidade, tal e como me pediches. Andeiche moi enleado ultimamente, así que desculpa pola tardanza. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 16:34, 16 de febreiro de 2012 (UTC)
Ola compañeiro. No tocante ás competicións deportivas que se levan a cabo durante dous anos consecutivos, como son as ligas españolas de fútbol, baloncesto, balonmán etc, eu tomo o criterio de incluilas na categoría correspondente ó ano no que remata a competición. Un exemplo: o Real Madrid proclamouse por última vez Campión de Europa de fútbol no ano 2002, ainda que o torneo comezou en 2001, e creo que calquera que busque o artigo correspondente á Liga de Campións 2001-2002, visitará a Categoría:Fútbol en 2002 na súa procura. Incluir o artigo tamén na Categoría:Fútbol en 2001 non sería nada incorrecto, pero eu non o fago porque o considero un chisco redundante. -- JonnyJonny (conversa) 17:42, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Boas Piquito. Estiven botándolle un ollo á clasificación que teñen na wiki en inglés para ver se atopaba inspiración, pero alí ese tipo de composicións musiais as teñen categorizadas doutro xeito. Tal vez a solución que apuntabas de "Composicións musicais por ano" metida na categoría de "Música por ano" sexa a mellor solución para telo todo mellor atado. Un saúdo! --Beninho (conversa) 22:43, 20 de marzo de 2012 (UTC)
Ola Piquito. Se a páxina non indica expresamente que ten unha licenza libre e as condicións da licenza para que se poda verificar se é compatible coa Wikipedia (debe permitir obras derivadas e uso comercial) o texto non se pode usar. Na páxina do Auditorio non di nada das condicións de uso, polo menos eu non o vexo, neses casos hai que asumir por omisión que ten copyright. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:35, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Ola, Piquito! Movín o título do artigo que creaches a Pazo da Cultura de Carballo, porque é o formato utilizado neste tipo de artigos (como Pazo da Cultura de Pontevedra, por exemplo). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:19, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Boas tardes compañeiro. Sobre a túa última edición no artigo Club de Rugby Arquitectura Técnica: é certo que nos últimos 10 años o equipo senior masculino disputou moitas veces as eliminatorias de ascenso á División de Honra B, pero non tódolos anos. Por outra banda, coido que a sección senior feminina do CRAT xa vai merecendo unha maior presencia dentro do artigo, tralo subcampionato na liga española do ano pasado, e o título de liga galega desta tempada. Se cadra esta noite lle voto unha man ó artigo. Saúdos. -- JonnyJonny (conversa) 13:40, 27 de marzo de 2012 (UTC)
Si. É obrigatorio a efectos de "poder comprobar o estaus do copyright".
Se a foto a tiraches ti, eu recomendo que metas a plantilla {{own}}, que devolve "obra propia", así queda dito que é obra propia mesmamente en multilingue se despois alguén a sube a Wikipedia Commons, cando a lea un usuario que teña configurada as preferencias en xaponés a él apareceralle "obra propia" escrito en xaponés, etc...
O nome do autor pode ser perfectísimamente un pseudónimo, o mesmo que empregas no proxecto, coa ligaxón correspontente, no teu caso: [[User:Piquito|Piquito]]. Empreguei "user" e non "usuario" a proposito, así o código volve ser valido na Galipedia e ao mesmo tempo compatible se alguén sube despois a imaxe a Wikimedia Commons.
Bo traballo! A seguir! --. HombreDHojalata.conversa 07:34, 28 de marzo de 2012 (UTC)
Ola Piquito. Se o título Elitserien i handoll för herrar é un erro, o que debes facer é movelo ó correcto sen deixar unha redirección, ou marcalo para borrar. Supoño que haberá que borralo, pero espero a que o confirmes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 4 de abril de 2012 (UTC)
Boas noites Piquito. Anótate unha petición. Non temos nin artigo nin imaxes do Palacio dos Deportes de Riazor, e parece mentira. Se tes tempo e ganas, xa que entendo que eres "liceista", eres o wikipedista propio para lle crear un artigo ó recinto e para achegar algunha fotografía, anque sexa só do exterior. Adiante co choio. Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 23:58, 15 de abril de 2012 (UTC)
Piquito, porfa, compétalle os datos de Ficheiro:HC Liceo vs Igualada HC, semis Copa CERS 2010.JPG e Ficheiro:Autobús-Santiago-Compostela.jpg. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 07:46, 25 de abril de 2012 (UTC)
Todas as imaxes subidas á Galipedia deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregadas nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information
|Description= Descrición da imaxe (que é?, onde foi feita?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe, se a imaxe é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor da imaxe.
|Date= Data en que se fixo a imaxe.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións da mesma imaxe (se houbera).
}}
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.--. HombreDHojalata.conversa 18:40, 2 de maio de 2012 (UTC)
Boas tardes, Piquito. Na páxina de votacións sobre nomear o artigo como destacado sobre Galicia puxen un comentario que me gustaría revisaras. A maiores desa impresión xeral, hai algún detalle que quero comentar contigo, aínda que sobre extremos que igual non son da túa colleita. O artigo merece unha discusión para eliminar posibles eivas e conseguir así non só que sexa destacado senón que tamén o sexa de Calidade. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:27, 5 de maio de 2012 (UTC)
Ola, Piquito. É unha chorrada, pero é que agora mesmo non me acordo. Fixen un par de probas pero non dei coa solución. Acabo de llo comentar a Toliño; supoño que che ha responder en breve. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:13, 8 de maio de 2012 (UTC)
Boas, Piquito. Fixen unhas modificacións no modelo de referencias e agora eu xa vexo perfectamente as tres columnas no Google Chrome. Mira a ver se ti tamén. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:07, 9 de maio de 2012 (UTC)
Podes facer así. Non sei se che vale. Non coñezo outro xeito sen facer trocos no modelo da caixa. O problema é que só podes poñer un traxe. Se pos dous traxes, sáenche un enriba do outro. -- JonnyJonny (conversa) 14:23, 9 de maio de 2012 (UTC)
Polo que mirei, non parece que haxa ningunha caixa de modelo específica para os teatros. Con todo, antes de creala convén que llelo preguntes e HombreDHojalata e mais a Elisardo, que eles andan bastante con esas cousas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:56, 10 de maio de 2012 (UTC)
Ola, Piquito! Movín o título do artigo que creaches a Igrexa de San Gonzalo de Amarante, pois adóitase traducir ao galego o nome da advocación, e incluír o lugar do templo para evitar confusións (por exemplo, Basílica de Santa María a Maior de Roma, ou a conversa de Igrexa de San Martiño de Tours de Belchite.
O artigo quedou ben chulo! Incluín unha ligazón ao mesmo no artigo de Amarante.
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:13, 17 de maio de 2012 (UTC)
Que tal compañeiro. A ver. Votándolle unha pequena ollada ó código do modelo xa vexo cal pode ser o problema, pero non estou certo de todo, así que vou facer algunha edición no modelo para ver se é o que penso. De tódolos xeitos, no artigo sobre o Jokerit engadiches a ligazón a unha imaxe que non existe (Jokerit uniform.png) na sección "camisola" que é a que ten o problema, de xeito que tampouco se che vai a ver esa imaxe ainda que eu arranxe a caixa de información. Coido que é (Jokerit Uniform.jpg). Alá vou. -- JonnyJonny (conversa) 19:19, 26 de xuño de 2012 (UTC)
Se dis como dis, "Eu concordo con que se empreguen tódolos topónimos oficiais na wiki en castelán" non entendes de qué vai a cuestión. Lerías o que eu dixen, pero estas a amolar dispando a miña intención con intencións que eu non teño: Eu non pretendo que os artigos sexan diferentes. Por favor, escoita.
Hai que ir paso a paso. Primeiro é que acepten que a única toponimia válida é a da galipedia. Xa falaremos dos artigos dentro dun par de anos. A túa colaboración, colaboración que podo agradecer aquí, é semellante a de Estevo e Elvira: Carecedes de criterio e perspectiva de futuro, só que ti, sitúaste como amigo e eles non. Grazas por situarte como amigo-- Lmbuga / Conversa comigo 23:22, 28 de xuño de 2012 (UTC)
Tamén é un pracer falar contigo. Sabes que eu estou distante de todo, pero se algunha vez queres ter unha opinión distante pero atenta e non vinculante, mándame un correo ou edita na miña páxina de comentarios. Grazas. Con xente coma ti dá gusto-- Lmbuga / Conversa comigo 00:03, 29 de xuño de 2012 (UTC)
Ola, Piquito. Perdoa que non che respondese antes; acabo de chegar de viaxe. O certo é que non che son eu ningún experto nin da zarzuela nin de Gustavo Freire. De feito, aprendo co que contas no artigo que creaches e que ao meu parecer estaba ben xa de seu. O único que fixen é cambiar un par de miudallos, máis por retoque que por outra cousa. En fin, que parabéns. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:36, 3 de xullo de 2012 (UTC)
Boas Piquito. Estáballe botando unha ollada ó artigo Copa do Mundo de Rugby 2011 que fixemos nolos dous, e vin que na wiki en éuscaro teñen o noso artigo traducido, só con uns pequenos retoques (unhas fotos e un esquema distinto para os estadios collido da wiki inglesa), e o resto é todo igual (táboas, resultados, cadro de eliminatorias, anotadores, etc). Gustarache saber que nesa wiki foi elexido artigo de calidade, así que noraboa. -- JonnyJonny (conversa) 09:02, 11 de xullo de 2012 (UTC)
Lin todo o que comentas e manteño o meu voto.
Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 10:17, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Ola, Piquito!
Posme ante unha difícil decisión co asunto do Códice Calixtino! Cando o propuxen para artigo destacado lera a páxina de conversa, e entendín o debate existente entre as denominacións de Códice Calixtino e Liber Sancti Iacobi, pero non teño moita idea sobre o asunto, nin bibliografía que poida axudar. Dóeme bastante non poder achegar datos, porque é evidente que hai un conflito aberto sobre o título do(s) artigo(s) e sobre o contido.
Sobre o de reconsiderar o voto, non o teño claro. Gústame o teu punto de vista, ao dicir que un artigo con contradicións mingua o rigor da Wiki; pero penso que poñer na portada o artigo pode dar pé a que nov@s usuari@s con máis coñecementos se presten a colaborar. A pesar das eivas que ten o artigo, teño a esperanza (fe?) de que se arranxe antes de ir á portada. En calquera caso, tomo nota da túa solicitude, e seguirei pendente da votación e da conversa, e pode ser que mude o meu voto antes de que sexa elixido se é que o artigo aínda non está aquelado.
Moitas grazas pola mensaxe que me deixaches; teño o artigo vixiado e procuro ver as edicións que se fan nel, pero fixéchesme reflexionar sobre o asunto e reconsiderar as miñas opinións. A ver se entre todos o melloramos e facemos un artigo como Dios manda.
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:10, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Boa tarde, Piquito. Graciñas polo aviso, pero teño motivos para manter o meu voto como está. En todo caso, ten por seguro que seguirei pendente o decorrer do asunto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:29, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Hai un par de meses tiñas problemas para poñer en 2 ou 3 columnas as referencias nun artigo. Non recordo se era problema do Chrome ou do modelo que empregabas. Hoxe descubrín un modelo moi interesante para eses casos: {{moitas referencias}}. Fíxate como queda na sección Notas do artigo Ciencia. Para a próxima vez igual che interesa. Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 16:07, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Ola Piquito. Xa ves que levo unhas datas un chisco ausente do proxecto.
Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 21:55, 7 de agosto de 2012 (UTC)
Qué tal Piquito?. Vexo que andas a voltas coas traiñeiras. Ben feito. Teño que poñerme cos artigos das tempadas actuais. Sobre o de mover o artigo Liga Noroeste de Traíñas a Liga Galega de Traiñeiras, se cadra o único que temos que facer é poñer o marcador {{lixo}} dentro da redirección Liga Galega de Traiñeiras para que a borren, e cando xa non exista, non haberá ningún problema en mover o artigo a ese nome. De tódolos xeitos, se lle comentas esto a un administrador, igual xa cho fai todo dunha tacada. Unha aperta. -- JonnyJonny (conversa) 10:32, 15 de agosto de 2012 (UTC)
Ola, Piquito; Xa movín o artigo Liga Noroeste de Traíñas a Liga Galega de Traiñeiras, deixando unha redirección detrás. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:10, 15 de agosto de 2012 (UTC)
Boas meu. Na galipedia ese modelo non o temos, pero pódese facer de xeito sinxelo importándoo da wiki inglesa. En realidade haino en case que tódalas wikis. Por exemplo, na wiki española chámase Mapa de localización, pero se ti o queres para os mapas do hóckey sobre xeo, entón mellor que importes o modelo inglés (por se teñen algunha pequena diferencia que vaia a dar problemas). Téntao. Sobre o mapa da tempada 2009-10, pois si, está mal feito. -- JonnyJonny (conversa) 19:34, 19 de agosto de 2012 (UTC)
Boas Piquito ! Perdoa a molestia, pero penso que es o perito : ollando as óperas que temos na Galipedia vin cas de Bellini eran orfas e déuseme por traducir algo. E agora vexo que temos algúns Vicenzo (sen a N) : é error que podo corrixir ou é un uso asentado na lingua galega ? En calquera caso corrixo eu como me digas. A lerte antes que voltee aos meus lares --Elvira (Conversa comigo) 13:51, 20 de agosto de 2012 (UTC)
Ai! Piquito eu de música é como de imaxes : fanme a vida feliz pero non sei nada e non teño coñecementos. Por outra banda nunca me molesta que me pregunten algo : doulle moitissimo valor a colaboración. Pero non sei si nin sequera comprendo o que me preguntas !
allegro agitato ; on a plus loin allegro giusto, marziale, moderato, andante marcato lento, andante piu mosso, andante poco sostenuto, allegro moderato, allegro assai, allegro vivace assai, etc. pour ceux que j'ai pu lire... ce sont les indications de tempo (voir es:tempo pour la traduction et les autres interwiki, certains plus complets que d'autres, qui peuvent aider si nécessaire)
En claro a derradeira anotación será All.agitato porque mandariine di allegro agitato, ela di que mais adiante na partitura atópanse allegro giusto, marziale, moderato, andante marcato lento, andante piu mosso, andante poco sostenuto, allegro moderato, allegro assai, allegro vivace assai, etc. dos que ela puido ler ... tratase das indicacións do tempo (vexase es:tempo para a tradución e os outros interwikis, algúns mais completos ca outros que poden axudar si é necesario).
Unha aperta e ata outra Piquito --Elvira (Conversa comigo) 19:42, 23 de agosto de 2012 (UTC)
Ola Piquito, ainda que nestes intres atopome liado cos homónimos e o meu nivel de italiano e máis ben baixo tratarei de traducir o que me pides, non me perdas de vista e corrixeme cando o creas necesario. Agora ben ese é un traballo que tan so poderei realizar nos fins de semana, pois pola semana estou liado co meu traballo. Alfonso mande 23:58, 21 de agosto de 2012 (UTC)
Ola de novo Piquito, fixen a tradución do primeiro acto se podes votalle unha olleada e haber se hai maneira de melloralo un pouco pois non me convence de todo xa que me da impresion que no orixinal tratan de facer unha presentación do que son en si os personaxes quedando o contido bastante valeiro de contido. Un saudo--Alfonso mande 07:57, 25 de agosto de 2012 (UTC)
Boas de novo, dou por terminada a tradución espero que te convenza, máis nada, un saudo--Alfonso mande 22:54, 30 de agosto de 2012 (UTC)
Ola Piquito. Perdón pola tardanza na resposta.
Á imaxe non lle vexo ningún problema. Fixeches ben en subila.
E co pdf non te podo axudar. Ningún na casa entendemos o que di.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 19:51, 22 de agosto de 2012 (UTC)
Eu discordo por completo, Piquito, pero prefiro non entrar a discutilo, e así o deixei dito na miña interveción en febreiro (...tratarei -a fin de non interferir- de non me participar desta conversa pero, por favor, non entendades o meu silencio como outorgamento, porque non o é.). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:28, 25 de agosto de 2012 (UTC)
Piquito, lembra que o correcto é disputar.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 15:46, 28 de agosto de 2012 (UTC)
Ocórreseme pasarche os artigos das enciclopedias electrónicas que teño. Igual tiras algunha idea deles, inda que, dos catro, o único verdadeiramente comparable en extensión co da Galipedia e o da Enciclopedia Universal Micronet.
Mándochos por correo-e. --. HombreDHojalata.conversa 21:35, 29 de agosto de 2012 (UTC)
A primeira é claramente {{PD-formas simples}} e a segunda case que tamén. --. HombreDHojalata.conversa 06:18, 3 de setembro de 2012 (UTC)
Paraolímpico é en castelán. Paralímpico en galego. Un saúdo, Piquito. --Atobar (conversa comigo) 17:16, 6 de setembro de 2012 (UTC)
Ola Piquito.
Antes de marcar unha páxina para borrado hai que comprobar as páxinas que ligan cara a ela e reparalas (Especial:Páxinas que ligan con esta/Xogos Paralímpicos)
Un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 21:26, 6 de setembro de 2012 (UTC)
{{Lixo|Borrar para mover aquí Xogos Paraolímpicos}}
, para que o administrador que vaia borrar o entenda. --. HombreDHojalata.conversa 08:04, 7 de setembro de 2012 (UTC)Teño unhas cousas pendentes pero cando teña un momento bótolle un ollo (non me esquezo dos mapas de localización do modelo teatro, é que vou ós poucos... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:08, 13 de setembro de 2012 (UTC)
Grazas polo aviso, eu só estou dando uns retoques e ampliando algunhas cousas que vexo interesantes no artigo en castelán, tampouco sei nada do tema nin o coñecía ata agora. O apartado que comentas aínda non o revisei, cando chegue a el xa che aviso para que vexas como o deixo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:39, 24 de setembro de 2012 (UTC)
Se observas ru:Файл:Ekb collage.jpg verás que o colaxe está formado por varias fotos. Explorándoas, algunha resulta ser PD, algunha CC-BY, algunha CC-BY-SA...
Se se fai unha obra derivada empregando varias obras con diversas licenzas, como licenza da derivada resultante hai que tomar a máis restritiva das orixinais, polo tanto o colaxe non pode ter ningunha outra licencia que non sexa CC-BY-SA (inda que TeaN indique, erroneamente, CC-Zero).
E, sendo esta unha obra derivada, en todo caso cómpre indicar o autor e a licenza de todas e cada unha das fotos orixinais, tal como se fai en ru:Файл:Ekb collage.jpg. --. HombreDHojalata.conversa 21:51, 28 de setembro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito, quizais ti poidas responder a esta pregunta. Grazas. --Paradanta (Cóntame) 07:50, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Buff, eu tampouco controlo desas cousas tan técnicas. Sei que se emprega tamén na Galipedia, por exemplo no artigo de Vigo, pero vai ser mellor que llo consultes aos auténticos expertos na técnica wiki, por exemplo, Toliño, HombreDHojalata ou Elisardojm. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 11:46, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Piquito, é moi doado activar o Detector de homónimos en As miñas preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos.
Sinto non axudar máis. Ultimamente ando ocupado e proximamente terei que ausentarme do proxecto por uns meses. --. HombreDHojalata.conversa 12:38, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Habelo, haino. O problema é que teriamos que crear moitos modelos que non temos actualmente. --Toliño Fala aquí comigo 22:26, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Piquito, por favor, completa tódolos datos da caixa de datos das imaxes (Ficheiro:Vihreän liiton logo.svg.png). Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 14:08, 6 de outubro de 2012 (UTC)
Ola, Piquito. Que non che esqueza que tes o marcador enuso en Xogos Paralímpicos de Londres 2012. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:23, 6 de outubro de 2012 (UTC)
Non te preocupes, non o tomo a mal. Entendo que é porque tes interese en que as cousas funcionen, e niso estamos todos. Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 11:47, 7 de outubro de 2012 (UTC)
Vale, bótolle un ollo pero que conste en acta que non son entendido na materia :), nin sequera afeccionado, o único que fixen foi traducir algúns artigos de wp.es para saber algunhas cousas para poder retocar algúns escudos dos concellos. O que xa fixen foi pasar a referencia da sección do título ó primeiro párrafo porque eu penso que nesa parte non poden ir, date conta que dese xeito estaba a aparecer o indicador da referencia no índice de seccións do artigo o cal non quedaba moi ben. Eu penso que se alguén consulta esa referencia xa se decata de que o resto da información ten aí a súa fonte, pero se non che convence o que se pode facer é repetir a referencia en tódolos párrafos usando <ref name="">, que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:19, 8 de outubro de 2012 (UTC)
É imposible separar os artigos de calidade por temas. Propuxen no seu día eliminar esa separación por temas e non concordaron comigo (Conversa Wikipedia:Artigos de calidade).
Ao ler o artigo do metílico apreciase claramente que non é un artigo que teña como tema principal o punto de vista médico do caso, nin é un artigo que fale principalmente de bioloxía. É un artigo que fala do caso dende un punto de vista histórico.
De calquera maneira, insisto, imposible que cadre ben esa separación por temas. "Lugo" pode ir en xeografía, claro que si, de feito todo o apartado "Galicia" pode ir dentro do apartado xeografía, e Castelao dentro de Galicia, e estatuto do 36 dentro de Galicia e as combinacións cos outros temas (que agora están ocultos pero no seu día estaban todos visibles) son múltiples. Podes ver tódolos apartados ocultos editando a páxina [11]. Poderíanse mudar, engadir novos temas, cambiar a clasificación... sería inútil. Calquera artigo extenso vai poder verse dende diferentes aspectos e tocará varios temas. Por iso os artigos poden estar dentro de máis dunha categoría, non é unha cousa casual.--. HombreDHojalata.conversa 23:30, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Non sei que pasaba coa "33" pero vexo que xa está amañado. Graciñas
Elisardo falou, acertadamente, de meterlle unha galería con algunhas imaxes de calidade (a maioría de artigos de calidade a levan). Anímaste a completala? (commons:Category:Quality images of Prague)--. HombreDHojalata.conversa 11:37, 12 de outubro de 2012 (UTC)
Moitas grazas polo teu comentario, estaba comezando a pensar que non existía.
Aínda que cada un teñamos certos límites o interesante é que entre todos temos unha forza incrible, se é que nos interesa claro. Para ese proxecto tamén son moi imporantes as ideas e propostas, así como o apoio aínda que só sexa moral, así que, de novo, moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:26, 17 de outubro de 2012 (UTC)
Sen ningún problema, conta comigo para o que sexa, póñome agora a mirar e tamén tentarei axudar coas ligazóns en vermello. Unha aperta.--Adorian (fálame) 19:47, 24 de outubro de 2012 (UTC)
Boas Piquito, teño algún encargo de música por diante, pero póñoo na cola de pendentes. Se ves que tardo non dubides en recordarmo jeje. Un saúdo! --Beninho (conversa) 11:49, 31 de outubro de 2012 (UTC)
Sen problema co gráfico. Escrebe na miña páxina de conversa o texto en alemán e á par en galego, e fágocho.
Para moitas máis cousas non teño moito tempo. Marcho o luns de viaxe e estarei ausente durante meses. Irase facendo o que se poida e o que non queda para a volta.
Un abrazo . HombreDHojalata.conversa 19:01, 8 de novembro de 2012 (UTC)
Boas, xa vin que concordas con facer a votación das propostas pero como parece que a xente non se decatou saquei de novo o tema na taberna e vou a avisar nas páxinas de conversa da xente para que se den por enterados. Se queres podes voltar a votar aí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:11, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Ei Piquito. Qué tal andamos meu?. Fixéchesme unha proposta ben interesante na miña páxina de conversa: Ampliar o artigo Rugby. Son moitas as veces que pensei niso, pero é tanto o que faría nese artigo que nunca souben por onde comezar. Vouche facer caso, voume poñer co artigo, e vou engadir unha sección de Rugby en Galicia que será moi interesante xa que ten miga e teño moitas fontes para facela. Unha aperta. Falamos. -- JonnyJonny (conversa) 16:19, 19 de novembro de 2012 (UTC)
A verdade é que non me decatara de todo o que dis da lonxitude do artigo nin do das notas. O das notas traterei de amañalo, xunto co dos puntos nas imaxes. O de amplialo xa é unha tarefa un pouco máis dificil, aínda que co que ten xa é bastante completo. Gracias polos comentarios e feliz ano. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 10:38 (UTC)[responder]
Gracias por haberte intersado no artigo e por votar. É unha pena que só tivera tres votos co traballo que me deu, pero que se lle vai facer. Unha aperta e de novo gracias. --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2013 ás 15:22 (UTC)[responder]
Os Beatles non son o meu forte pero botareille unha ollada de todas formas jeje. A partir de mañá que terei máis tempo mirarei con máis calma as ligazóns en vermello e podo poñerme a facer sobre todo as de álbums, sinxelos, discográficas e bandas relacionadas, xa que de feitomoitos deses artigos estaban na miña lista de pendentes. Un saúdo! --Beninho (conversa) 5 de xaneiro de 2013 ás 06:44 (UTC)[responder]
Ola, Piquito! Tentarei facer o que me pides mais non cho podo prometer, ando tamén escasísimo de tempo, como proba que tardei dous días en ler o teu comentario e contestarche. Unha aperta! --Paradanta (Cóntame) 11 de xaneiro de 2013 ás 13:20 (UTC)[responder]
Ola, Piquito! O día 5 tamén estiven en Riazor, e tirei unhas fotos, máis desde a bancada de enfronte, coa luz tras miña; algunha quedou linda, especialmente as do inicio, con todos os membros dos equipos saudando. Un día destes, ao rematar os exames, heinas subir e avísote para que me axudes coa categorización e para metelas en artigos, si? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de xaneiro de 2013 ás 23:30 (UTC)[responder]
Tes razón en que se debería acordar algo con respecto ás ligazóns en vermello, e non cambiei o meu voto por non levarche a contaria, senón porque me convenceron os datos que diches. Saúdos --JaviP96 16 de xaneiro de 2013 ás 19:09 (UTC)[responder]
Qué tal tío. Púxenme a facer unha táboa no artigo SM-liiga sen me decatar de que estabas a traballar en artigos relacionados coa liga. Non sei se viches a táboa que fixen noutro artigo, o da Elitserien. Coido que queda mellor que o que había antes. -- JonnyJonny (conversa) 21 de xaneiro de 2013 ás 18:06 (UTC)[responder]
Ola, Piquito!
Xa rematei a edición da páxina de homónimos de Macbeth; deixei a ligazón a Macbeth (ópera) para a versión de Verdi, mais penso que se debería mudar o título a Macbeth (Verdi), posto que non é a única ópera existente baseada nesa obra. Dalgún modo, paréceme inxusto, sobrevalorando a obra de Verdi por riba da de Bloch, Shostakovich, Bibalo e Sciarrino. Íavos consultar o asunto a ti e ao usuario Calq, que fostes quen creastes os artigos das óperas de Verdi e Bloch; ti como o ves?
Saúdos~, e grazas polo interese! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de febreiro de 2013 ás 13:47 (UTC)[responder]
Bo traballo, Piquito. Corrixín a primeira metade do artigo ao que me remitías, que vén sendo a de máis interese. A igual estaba ben, aínda que tes algúns erros facilmente evitables. Compara no historial de edicións e verás ao que me refiro, e así o próximo xa o fas mellor. Canto a Marsella e Copenhaguen, si, botei aló ben tempo, e algún día axudarei a meter máis contido, pero estes días non, que teño moito choio e por iso paro pouco pola wiki. En todo caso, sigo con atención o devir galipédico e vexo que raiades a bo nivel. Pois iso, de novo parabéns e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de febreiro de 2013 ás 20:42 (UTC)[responder]
Ei tío, fixen un troco no artigo, nunha cousa que puxeches, porque na táboa do palmarés non hai ningún patrocinador doutros anos, e por iso quitei tamén o do actual campión. É un troco para manter o criterio, só iso. -- JonnyJonny (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 00:40 (UTC)[responder]
Si, habería que poñer o logo pero non está claro cal hai que poñer, por outra banda eu non podo modificar o logo porque ten que facelo un biblio. Grazas polo detalle da nota, xa o amañei. Parabéns tamén para ti polos 100.000! :) Por certo, acercaraste ata Santiago o sábado? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 23:45 (UTC)[responder]
Tes toda a razón, as páxinas estaban propostas para fusionarse e deixeime levar, sintoo. --Anton45 (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 01:57 (UTC)[responder]
Ola, moitas grazas. Non lle tiña postas as interwikis porque aínda non estou moi seguro de como funciona o Wikidata. Editei e engadín a ligazón en galego pensando que xa se engadirían soas o resto das interwikis. Noutros artigos funcionoume ben. Por outro lado, os artigos con marcador en uso axiña han ser mellorados (ó traballar con alumnos de primaria o ritmo de edición tórnase lento e o tempo que lle podemos adicar é pouco dentro das horas lectivas). Púxenlles o marcador porque prefiro que sexan eles mesmos os que corrixan a súa expresión e amplíen contidos. Un saúdo. --WikiFroebel2013 (conversa) 14 de marzo de 2013 ás 17:36 (UTC)[responder]
Non sei se o sabes (dígoo por esta mensaxe), pero agora as ligazóns interlingüísticas xestiónanse nun proxecto de seu, o Wikidata. Éche algo similar ás imaxes de Commons, que se poden usar en todas as wikipedias. É dicir, agora os interwikis gárdanse nun só proxecto e todas as wikipedias toman de aí as ligazóns. Tes máis información aquí. Se tes algunha dúbida co uso deste proxecto xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14 de marzo de 2013 ás 19:59 (UTC)[responder]
Ola, Piquito. Sinto non poder axudarte, pero non sei nada de como iría. Tamén a min me viña o nome de HombreDHojalata para te redirixir a el, pero como me dis que non está derivo iso en Elisardo ou Toliño, penso que informáticos ambos dous e con bastante astucia para argallar nestas lides. Moita sorte e xa me contarás. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16 de marzo de 2013 ás 11:44 (UTC)[responder]
Ups!!. Graciñas amigo. Xa debe levar tempo ese marcador. Procedo a retiralo. -- JonnyJonny (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 09:47 (UTC)[responder]
Ola, Piquito! Antes de nada, quero dicirche que non me tes que pedir desculpas por non votares a favor dunha proposta miña, faltaría máis! Os votos teñen que emitirse en función da calidade do artigo e non en función da simpatía que se lle teña ao editor que o propoña. Están ben as cousas que propós, así que se tes tempo e ganas, adiante! Con respecto as túas últimas edicións no artigo, que foron moi proveitosas, fíxenlles algúns pequenos arranxos: corrixín un par de lusismos (feriados -> festividades; povo -> pobo) e amañei unha referencia. Moitas grazas pola túa axuda e polo teu bo rollo! Unha aperta!--Paradanta (Cóntame) 22 de marzo de 2013 ás 12:07 (UTC)[responder]
Gracias polo aviso.
Na miña situación actual non teño tempo máis que para facer edicións puntuais.
Daquela móvoa á subpáxina de usuario, para meterlle man máis adiante.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2013 ás 10:43 (UTC)[responder]
Ola, Piquito!
Finalmente, subín tres imaxes do partido de hóckey entre o Liceo e o FC Barcelona de xaneiro. Incluínas na Categoría:Imaxes de hóckey a patíns, que acabo de crear, e na que incluín tamén un par de imaxes que subiras ti. Un favor: poderías incluír na información das imaxes os nomes dos xogadores, de esquerda a dereita?
Se me mandas o teu enderezo electrónico, podo compartir contigo vía Dropbox algunhas fotos máis que tirei ese día, porque non sei ben se servirán para algo (imaxes nas que se ven mellor xogadores, por exemplo), pero se ti me dis que valen a pena, subo algunha máis.
Xa me contarás! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de marzo de 2013 ás 00:57 (UTC)[responder]
Ola Piquito, vin a mensaxe que lle deixaches a HombreDHojalata, sobre a creación dun portal sobre a ópera, paréceme unha moi boa idea. Co que preguntas de se é necesario un wikiproxecto, non, non é necesario. As políticas sobre portais aínda non se adoptaron na galipedia (cando poida tráioos doutra wiki p.e da inglesa). Calquera pode crear un portal, tentando sempre mantelo actualizado, nese sentido penso que estaría ben ter portais de calidade ou destacados coma noutras wikis, para recoñecer aos mellor organizados. Aínda que eu non che poderei axudar en moito en engadir contidos (ando liado co da historia), si que o podo facer no deseño. No que comentas dos apartados, penso que estaría moi ben o apartado que dis de actualidade, xa que lle permitiría á xente saber onde hai algunha representación por exemplo, tamén me parece axeitado o de curiosidades, eu chamaríalle mellor Sabías que?... habería que engadir cousas tipo ...L'Orfeo de Monteverdi é considerada a primeira ópera da historia. ou polo estilo, ao principio poderías crear un só e segundo tiveras tempo poderías crear algo como Portal:Ópera/Sabías que/semana 1 e así con todas as semanas do ano e logo sempre están ben os apartados de colaboración e o que falas de artigo destacado, imaxe etc... En resumo, que saibas que tés todo o meu apoio moral e, na medida do que poida físico para crear o portal. Un saúdo! --JaviP96 2 de abril de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Ola, xa non se me ocorre nada máis para poñerlle, non sendo engadirlle debaixo das categorías un son destacado (aínda que creo que ti xa falaras algo disto). Un saúdo. --JaviP96 6 de abril de 2013 ás 12:13 (UTC)[responder]
Parabéns! Paréceme unha idea estupenda. E non é obrigatorio que teña wikiproxecto asociado, nin que haxa un número determinado de editores.
Adiante. Eu, na miña situación actual non teño tempo máis que para facer edicións puntuais.
Por suposto, a elección do artigo destacado pódela facer mesmo ti só, se eres o único en traballar no poral, ou por consenso da comunidade, na páxina de conversa correspondiente, se hai máis usuarios interesados.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 4 de abril de 2013 ás 10:40 (UTC)[responder]
Creei o modelo {{Portal}}, semellante aos que indican que hai máis imaxes en Commons ou unha definición no Galizionario. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 11:30 (UTC)[responder]
Estupendo. Só unha cousa. Ten en conta que a "Actualidade" sobre a Ópera non ten porqué referirse únicamente a actualidade da Ópera en Galicia. O portal non se chama "Ópera en Galicia". E a Wikipedia/Galipedia é unha enciclopedia universal.
Un xeito moi doado de estar ao tanto da actualidade en calquera tema é afiliarse en http://www.google.es/alerts?hl=es É moi sinxelo. Introducindo o termo ou termos do teu interese, por exemplo "Ópera", "Ópera Galicia", "Ópera Coruña" ... ou calquera outro texto sobre éste ou calquera outro tema.
Todo o que publiquen os medios caerache automáticamente na túa conta de correo-e, coa frecuencia que especifiques.
Un saúdo e bo traballo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2013 ás 14:41 (UTC)[responder]
A este artigo creo que habería que retirarlle o marcador {{entradución}}. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 01:45 (UTC)[responder]
Ola Piquito. En Jean Sibelius, por favor, cambia o modelo {{Outroshomónimos|}} por {{redirección|Sibelius}}
. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 18:42 (UTC)[responder]
Boas, atopei en Commons dúas fotos, unha da selección española Ficheiro:Espagne au mondial A rink hockey 2007.jpg e outra da portuguesa Ficheiro:Portugal au mondial A rink hockey 2007.jpg, do mundial do 2007. Ó mellor pode recortarse algún xogador para poñer nalgún dos artigos que temos, se ves a algún avísame e fago eu o recorte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2013 ás 00:45 (UTC)[responder]
Ola Piquito, xa creei eu o modelo, utilízase igual que na wiki castelán. Estaría ben que crearas a páxina Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais, para que non aparecera en vermello. Saúdos. --JaviP96 9 de abril de 2013 ás 17:32 (UTC)[responder]
{{IMSLP|Berlioz, Hector|Hector Berlioz}}
. E tampouco é necesario escribir o segundo parámetro, só se escribe cando o título do artigo é distinto o do artigo, por exemplo se fora Hector Berlioz (compositor). Así só sería necesario escribir {{IMSLP|Berlioz, Hector}}
. E non creo que vaia a crear ningún artigo de compositores, teño outros temas preferidos antes que ese. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 10 de abril de 2013 ás 08:43 (UTC)[responder]Ok, mirareino mañá pola mañá que espero un día tranquilo no choio. Grazas pola túa axuda unha vez máis. Unha aperta!--Paradanta (Cóntame) 9 de abril de 2013 ás 20:58 (UTC)[responder]
Ola Piquito, mira esta discusión na taberna, xa que ti falaras de non poñer portais onda as categorías, a ver que che parece. Saúdos! --JaviP96 10 de abril de 2013 ás 21:05 (UTC)[responder]
Moitas grazas polo apoio, agora vou poñer o L de prácticas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2013 ás 11:49 (UTC)[responder]
Listo, pasei a imaxe a Commons porque alí teñen o modelo Cc-zero e así queda máis correcto todo, e borreina da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2013 ás 10:35 (UTC)[responder]
Grazas pola benvida e polos ánimos. Un saúdo! :)--Antiavalbuena (conversa) 12 de abril de 2013 ás 11:52 (UTC)[responder]
Ola, o termo febre tifoidea é correcto. De feito, no libro de vacinacións do SERGAS aparece este termo. Podes consultalo nesta páxina do SERGAS. Protocolo de vixilancia Febre tifoidea. Estes días ando ateigado de tarefas, pero cando poida heino facer, porque é unha doenza importante.Por outra banda, e de aquí en diante, é bo que saibas que na Medicina en galego non hai ás veces literatura dispoñíbel para contrastar a correción ou non dun termo, polo que as últimas tendencias son ver cómo é o termo en portugués ou facer unha tradución do inglés (se é algo moderno e innovador do que non se ten moitos datos).--Tommyhilfiger (conversa) 12 de abril de 2013 ás 14:32 (UTC)[responder]
Feita queda, bótalle un ollo de todos modos.--Servando2 (Dime) 12 de abril de 2013 ás 18:20 (UTC)[responder]
Tes unha nova mensaxe en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Himnos_nos_pa.C3.ADses --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 21:15 (UTC)[responder]
Precisamente como non indica que ten unha licenza libre hai que asumir que se reserva os dereitos de autor, para que unha imaxe sexa aceptada en Commons ten que indicar de forma directa que é libre. Por iso a gran maioría das páxinas de Internete non son válidas para achegar imaxes á Galipedia por non indicar a licenza. O único que se me ocorre sería que contactaras coa xente da web e comentarlles si lles interesaría liberar algunha foto, se estivesen interesados só terían que poñer unha nota nalgunha páxina informativa da web indicando a licenza libre que lles interese. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2013 ás 16:13 (UTC)[responder]
Vale, tomo nota --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 17 de abril de 2013 ás 19:53 (UTC)[responder]
Ola Piquito. Lamento dicirche que non fun eu quen puxo a caixa {{Grupo musical}} no artigo da Banda Popular de Moimenta, senón que foi outro usuario. Como non sabía cal podería elixir, non engadín ningún aos artigos que creei, pero seguirei o teu consello e porei {{Música clásica}}. Grazás e un saúdo.--Pontesiño (conversa) 17 de abril de 2013 ás 20:40 (UTC)[responder]
Bótolle agora un ollo e cóntoche. Saúdos! --JaviP96 20 de abril de 2013 ás 15:29 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Co da descrición refírome a que ben apareza debaixo, ou ao pasar o rato por riba, unha pequena descrición da imaxe (por exemplo "A selección no ano 2007"). Saúdos. --JaviP96 20 de abril de 2013 ás 16:38 (UTC)[responder]
Realmente non llo puxen eu, xa estaba así, de todas formas, xa o cambiei. No que me comentas do artigo, ten que ver co modelo, xa que dá por suposto o [[Ficheiro:Flag of NOME_DO_PAÍS.svg]], e ao non ter ese nome a outra imaxe non o deixa incluír. Neste momento hai 27 páxinas que inclúen este modelo, se as podes cambiar ti, cambio o parámetro para incluír o nome completo da imaxe, por outro lado, non che parece un pouco excesivo o tamaño da bandeira (tanto neste modelo coma no do hóckey), creo que queda un pouco raro ao ocupar máis espazo ca o nome do equipo, eu cambiaría o tamaño a 20 u 25 píxeles. Ti que dis? --JaviP96 21 de abril de 2013 ás 20:24 (UTC)[responder]
Paciencia compañeiro. Púxenme a elo e nos vindeiros días quero rematar tódalas tempadas das ligas inglesa e celta de rugby. Polo de agora estou unificando os formatos das clasificacións e das eliminatorias, dun xeito básico, e cando remate con iso comezarei a engadir máis información, pero sempre cun formato unificado en tódalas competicións. Levarame tempo, pero xa verás como queda ben e moi completo. JonnyJonny (conversa) 22 de abril de 2013 ás 18:56 (UTC)[responder]
Moitas grazas polo aviso, e penso que é unha cuestión preocupante. No meu caso, supoño que me preocupo máis de editar ou de crear artigos novos que de mirar polo común para facer un artigo de calidade ou de participar en votacións. E creo que tes moita razón no "galicentrismo" dos artigos de calidade. Hai tempo nunha discusión con varios usuarios xa sacara eu ese tema (aínda que non relacionado cos artigos de calidade) posto que me recriminaban crear artigos "con cousas que non interesaban desde o punto de vista galego". --Krisko (conversa) 23 de abril de 2013 ás 16:56 (UTC)[responder]
Se che parece ben fago eu a páxina e organizo alí os contidos xa espostos. Un saúdo! --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 17:48 (UTC)[responder]
Penso que hai un tempo que debe transcorrer para volver votar unha proposta que xa fora rexeitada, pero non me lembro cal é, haberá que lle preguntar a algún administrador. Como os cambios son de calado, propoño primeiro abrir unha páxina exclusivamente para o debate e máis adiante abrir as votacións. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 17:52 (UTC)[responder]
Ola Piquito. Xa me pasei pola discusión e parécenme unhas boas propostas. En canto ao da participación na votacións, creo que debería fomentarse indicando as votacións que están abertas, para que os usuarios poidan dar a súa opinión. Un saúdo --Pontesiño (conversa) 23 de abril de 2013 ás 19:30 (UTC)[responder]
Boas, Piquito, grazas polo aviso, aínda que xa é un tema recorrente e que ven de vello, o debate entre artigos de calidade galeguizados' ou referentes a Galicia vs artigos xerais e traducións de gran nivel, eu son dos que pensa que un artigo é de calidade, veña de onde veña, teña temática relacionada con Galicia ou non .... cando estea máis avanzada a proposta pasarei por alí (se teño tempo). Un saúdo.--Xabier Cancela (fálame) 24 de abril de 2013 ás 12:55 (UTC)[responder]
Dime cales son os modelos ingleses. Saúdos --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 26 de abril de 2013 ás 10:51 (UTC)[responder]
Ola Piquito, xa o solucionei, non te preocupes só era unha parvadiña, no lugar de poñer portal: puxeras wikipedia: e faltábache poñer Hóckey a patíns antes da subpáxina de sobre o hóckey a patíns (como podes ver aquí). Supoño que xa pensarías algo polo estilo, pero penso que quedaría ben no portal algunha clasificación de equipos. Saúdos!! --JaviP96 26 de abril de 2013 ás 20:21 (UTC)[responder]
As grazas polo aviso, xa o estou a ler, moito interesante, a proposta é boa para os artigos de calidade. Por agora, na miña situación actual non teño máis tempo para facer edicións. Saúdos para vos.----X4v13r3 (fálame) 27 de abril de 2013 ás 05:20 (UTC)[responder]
Ola Piquito. Grazas polo aviso, levo un tempo ausente e acabo de ver no correo que tiña mensaxes na páxina de conversa. Síntoo, non teño tempo para participar no debate. Que haxa poucos artigos coa estrela, na miña opinión, non é un problema, o problema é que haxa poucos artigos de calidade que non é o mesmo. Teño visto nas votacións artigos moi traballados que non eran realmente artigos de calidade mesmo cando a votación dicía que si. Tanto crear os artigos como comprobalos (se se quere votar con coñecemento) requiere moito tempo co hándicap engadido de que a votación pode parecer que se está cualificando á persoa que creou o artigo ou traballou nel unha chea de horas, por iso propor un artigo antes de tempo a min paréceme contraproducente. Así e todo, como usuario de vello e como lector agradezo o traballo dos que estades todos os días contribuíndo á mellora da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 30 de abril de 2013 ás 17:30 (UTC)[responder]
Non vexo o problema, creo que o que pasaba era que aínda non cargaran, nos portais polo que vexo no da historia, ao facer un cambio, tarde un cacho en actualizalo, de todas formas xa o vexo todo ben. Para solucionar o problema de actualizar os problemas cada vez, existe na wiki inglesa o en:Template:Random portal component, que o que fai é que dunha selección de artigos, coloca aleatoriamente un, así, por exemplo poderías ter 10 artigos destacados e cada vez que cargaras o portal sairíache un diferente, se que parece útil trato de exportalo. Saúdos! --JaviP96 1 de maio de 2013 ás 16:37 (UTC)[responder]
Ola Piquito, que che parece un Wikiproxecto sobre os 1000 artigos básicos, para tentar de organizar contidos en torno a estes artigos? Saúdos. --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 20:16 (UTC)[responder]
Está perfecto! Tan só un pequeno erro nun adestrador, pero xa está arreglado. A verdade é que era necesaria unha táboa así, todas as ligas de calquer deporte as teñen (ou deberían telas), gran traballo! Unha aperta!--FleaRHCP (conversa) 5 de maio de 2013 ás 22:14 (UTC)[responder]
Engadín uns datos no artigo Deutsche Eishockey Liga e respondín na páxina de conversa. Coido que a miña reafirmación queda ben argumentada. Un saúdo. -- JonnyJonny (conversa) 8 de maio de 2013 ás 14:41 (UTC)[responder]
Adiantáchesme. Estaba creando o artigo do Adler Mannheim e cando fun gardar xa estaba creado por tí. -- JonnyJonny (conversa) 8 de maio de 2013 ás 17:21 (UTC)[responder]
Ola Piquito, efectivamente é como me acabas de dicir, tampouco faría falta que multiplicaras todos, podes coller como guía o seguinte: a partir, ou a redor de 9.500 o de máis de 10.000, e a partir de 28.000 o de máis de 30.000. Tendo en conta que ante a dúbida é mellor poñer o marcador máis pequeno, para avisar de que hai que amplialo. Un saúdo!! --JaviP96 8 de maio de 2013 ás 23:48 (UTC)[responder]
Benvido ao wikiproxecto Piquito!!! Calquera obxectivo ou traballo a realizar que se che ocorra, non dubides en incluílo. Saúdos! --JaviP96 9 de maio de 2013 ás 20:03 (UTC)[responder]
Queres que importe este modelo en:Template:New York City weatherbox? É que non sei a cal te refires. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 11 de maio de 2013 ás 13:08 (UTC)[responder]
Moi ben, eu tamén atopei a imaxe en Commons e non hai dúbida. Sinto que non te puidera axudar pero é que esta finde estiven facendo desconecting :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2013 ás 08:21 (UTC)[responder]
Ola Piquito, con respecto ao artigo, se se mellora e se corrixen os erros e se quita material que creo que sobra, penso que pode valer para destacado. Con respecto ás túas contribucións no wikiproxecto non te preocupes, este mes vamos a aumentar moito (xa se verá canto e se conseguimos a insignia), pero tamén está ben distribuír un pouco, e se se consigue este mes o recoñecemento e tamén o que ven, xa sería a bomba. Por certo a ver que che parece isto. Saúdos!! --JaviP96 14 de maio de 2013 ás 15:50 (UTC)[responder]
Feito!, esa era moi doada! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2013 ás 21:47 (UTC)[responder]
Tomo nota pero esta semana non sei se poderei facelo porque teño algunhas cousas urxentes por facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de maio de 2013 ás 20:19 (UTC)[responder]
Subín fai tempo esas fotos ás presas e puxen a categoría do Liceo coa idea de metelas nunha subcategoría de "partido do Liceo contra o Vic" similar a como se fai nos equipos de fútbol pero quedoume pendente. Se se fai a subcategoría do partido pode meterse na categoría do Liceo e na que dis ti, podes facelo ti se queres eu polo momento non vou poder. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2013 ás 23:21 (UTC)[responder]