Copa de España de fútbol indoor

competición de fútbol indoor
(Redirección desde «Copa de España de Fútbol Indoor»)

O Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor foi unha competición de fútbol indoor disputada en España entre 2008 e 2011. Participaban nela os catro mellores equipos da Liga española de fútbol indoor.

Copa de España de fútbol indoor
Fundación2008
Desaparición2011
Equipos4
Máis laureadoDeportivo da Coruña e Real Madrid (2)

Historia

A primeira edición celebrouse en 2008 no Pazo dos Deportes de Riazor,[1] coa participación dos catro primeiros clasificados na primeira edición da Liga española de fútbol indoor: Deportivo da Coruña, Real Madrid, FC Barcelona e Valencia. O primeiro campión foi o Deportivo da Coruña, adestrado por Arsenio Iglesias, que derrotou por 12-9 ao Real Madrid na final.[2] O equipo madrileño gañou a seguinte edición, mentres que o Deportivo volveu vencer en 2010. En 2011 disputouse a última edición do torneo, que foi gañada polo Real Madrid.[3]

Historial

AnoCampiónSubcampiónResultado
2008 Deportivo da Coruña Real Madrid12-9
2009 Real Madrid Barcelona10-9
2010 Deportivo da Coruña Betis10-4
2011 Real Madrid Sporting de Gijón8-7

Palmarés

EquipoTítulosEdicións
Deportivo da Coruña22008, 2010
Real Madrid22009, 2011

Notas

Véxase tamén

Outros artigos