DS2000

O bus DS2000 é un tipo de bus para satélites fabricado no Xapón por Mitsubishi Electric a partir dun deseño creado orixinalmente para os satélites DRTS e ETS 8 en colaboración coa axencial espacial xaponesa JAXA.[1][2]

Características

O bus DS2000, que soporta satélites de ata 5000 kg de masa, está pensado inicialmente para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos. A potencia xerada polos paneis solares, de ata 30 m de envergadura, pode chegar ata os 15 kW. O motor do bus produce ata 500 N de pulo. O bus en si ten unha altura de 4 metros e pode acoller 72 transpondedores, cun deseño de vida total de 15 anos. É compatible cos lanzadores H-IIA, Ariane 5, Delta IV e Atlas 5 e a súa estrutura está formada por un cilindro central rodeado por unha caixa de plástica reforzado con fibra de carbono.[1][2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos