Dendrocygna arborea

Dendrocygna arborea é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos dendrocigninos, unha das 8 integradas no xénero Dendrocygna.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1758 por Carl Linnaeus, na 12ª edición do seu Systema Naturae.[2][3]

Sinónimo

Ademais de polo seu nome actualmante válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

Etimoloxías

O nome do xénero está formado pola unión dos elementos Dendro- e -cygna. O primeiro está tirado do grego antigo δένδρον déndron, "árbore", e o segundo do latín cygnus, "cisne".[4]

O epíteto específico, arborea, alude aos seus hábitos (véxase máis abaixo).

Características

Dendrocygna arborea é o máis grande e escuro dos dendrocigninos. Cunha lonxitude de 48 a 58 cm, as femias pesan de 800 a 1.320 g, e os machos de 760 a 1.240 g. Esta especie ten aproximadamente o tamaño dun lavanco.[5]

Ten un peteiro longo e negro, así como a cabeza e as patas. O pescozo é pálido, e a cara parda clara. A cabeza, o lombo, o peito e as ás son de cor de parda escura a negra, e o resto das partes inferiores son brancas con marcas negras.

As plumaxes de ambos os sexos son similares, agás que os xuvenís son de cores máis apagadas e teñen un patrón da cor do ventre menos contrastado.

Distribución

É unha especie endémica de varias illas caribeñas. Encóntrase en Cuba, illas Caimán, República Dominicana, Puerto Rico, Haití, Xamaica e as Bahamas.[1]

Dieta e comportamento

É unha ave principalmente nocturna, habitando en pantanos arborados e mangleirais, onde descansa e se alimenta de vexetais, incluíndo o froito da palmeira Roystonea regia, coñecida como palma real, que á a árbore nacional de Cuba. Habitualmente pousa nas árbores, o que dá lugar ao seu nome específico.

Reprodución

Rexistráronse niños nas cavidades de árbores, nas pólas, e no chan baixo as palmeiras e arbustos densos.

O tamaño habitual da posta é de 10 a 16 ovos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas