Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós

7°13′06″O / 42.5268, -7.2183

Dobramento de Campodola-Leixazós
Panorámica do dobramento.
Marco Legal
Figura de Protección:Monumento natural, LIX, Geosite
Ano de constitución:2012
Superficie:90 ha.
Lexislación:Monumento natural o 26 de abril de 2012
Datos de interese
País:Galicia Galicia
Provincias:Lugo
Concellos:Quiroga
Ríos:río Ferreiriño
PicosPena Falcoeira e Pena das Franzas
Direccións de interese:
Teléfonos:

O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero.[1]

Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola, O Hospital, e Leixazós, Pacios da Serra. É ademais un Geosite español e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.

Descrición

Consiste nun gran dobramento que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitado, é un pregamento tombado, e cunha orientación cara ao norte.

A súa zona central non mostra case modificacións desde a súa formación e ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo, ocupando a posición máis setentrional.[1][2] O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.[3]

Lexislación

Este espazo de interese xeolóxico foi declarado como monumento natural en 2012[1] e atópase dentro do ZEC "Ancares-Courel".[4]

Está catalogado como lugar de interese xeolóxico español desde 1983[5] e como Geosite desde 2011[6].

Está incluído dentro do Xeoparque das Montañas do Courel, declarado en 2019 pola UNESCO.[7]

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas