Barcelona-Estació de França

estación de ferrocarril en Barcelona
(Redirección desde «Estación de França»)

2°11′10″L / 41.384, 2.186

Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha estación de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.

Barcelona-Estació de França
Vista da Estación de Francia coa cidade de Barcelona detrás.
SituaciónBarcelona
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Euromed, Talgo
Media distanciaR13 R14 R15 R16 Ca6
CercaníasR2Sud
Intermodalidade
Metro
Bus
14, 39, 51

A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.[1]

É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.

Situación

Atópase na Avinguda del Marquès de l'Argentera, que fóra Eduard Maristany, impulsor da actual estación monumental. Está no distrito de Ciutat Vella, preto da Barceloneta e do Parque da Ciutadella e non moi lonxe da Vila Olímpica. A menos de 500 m encóntrase a estación de Barceloneta do metro de Barcelona, onde se pode colle-la liña 4.

Trens

Rodalies Renfe / Media Distancia Renfe

Interior da estación
Liñaseguintedestino
Rodalies Barcelona de Renfe
Barcelona-Passeig de GràciaVilanova i la Geltrú
Sant Vicenç de Calders
Media Distancia
Barcelona-Passeig de GràciaLleida-Pirineus
Reus
Móra la Nova
Flix
Riba-roja d'Ebre
Cambrils
Tortosa
Vinaròs
Valencia-Nord
Caspe
Zaragoza-Delicias

Longa Distancia

Nome do servizoDestino
EuromedValencia-Joaquín Sorolla
AlviaMadrid-Puerta de Atocha
Talgo
Torre del Oro
Sevilla-Santa Justa

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas