Estació del Nord (Valencia)

(Redirección desde «València-Nord»)

0°22′38″O / 39.466994, -0.377125

Valencia - Estació del Nord ou Valencia - Terme, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valencia e un dos monumentos máis emblemáticos da súa arquitectura civil.

València-Estació del Nord
Fachada da Estació del Nord
SituaciónValencia
ServizosAccesible PMR Aparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAlaris, Arco, Euromed, Talgo, Trenhotel
Media distanciaLiña 1 Rexional País Valenciano Liña 3 Rexional País Valenciano Liña 4 Rexional País Valenciano Liña 5 Rexional País Valenciano Liña 6 Rexional País Valenciano Liña 7 Rexional País Valenciano
Cercanías
Intermodalidade
Metro
Bus
EMT e FGV

Localización

A estación sitúase na rúa de Xàtiva, a carón da estación de metro de Xàtiva, e moi próxima ás de Bailén, Plaça d'Espanya e Alacant (está última aínda en construción).

Está previsto que o tránsito ferroviario que agora acolla se traslade á nova estación de València-Parc Central, medio quilómetro ao sur da actual, cando o TAV (Tren d'Alta Velocitat) chegue á capital valenciana en ancho internacional (1435 mm), e barállase a posibilidade que o edificio actual se converta nun espazo de lecer, cultural ou museístico.

Fachada da Estació del Nord

Historia

Foi construída entre 1906 e 1917 aproveitando as transformacións urbanísticas da cidade a finais do século XIX para instalarse nun enorme terreo que quedara libre, xunto á praza de Touros e só a 250 m da Casa do Concello de Valencia.

O edificio, deseñado polo arquitecto Demetri Ribes, relaciónase co estilo modernista vienés denominado Sezession, e especialmente con Otto Wagner, caracterizado polas liñas rectas en contraposición ás formas sinuosas máis propias do Art Nouveau, o modernismo predominante en Francia, Bélxica, Cataluña e o resto de Valencia. Á influencia vienesa engádense, por un lado reminiscencias do gótico perpendicular inglés xunto con algunhas trazas do que máis tarde sería o racionalismo.

Arquitectura

Artigo principal: Modernismo valenciano.

O edificio é de planta rectangular e conta con dúas zonas claramente diferenciadas: o gran hangar, de planta igualmente rectangular e pechado con estrutura de arcos articulados de aceiro laminado, e o edificio de viaxeiros propiamente dito o vestíbulo, de planta en U e piares independentes da estrutura do hangar. Na súa construción empregáronse novos materiais introducidos a finais do XIX, como a estrutura metálica en forma de marquesiña. Outra traza típica desta estación modernista é a integración de tódalas artes nunha mesma edificación: enxeñería, escultura, pintura e artes decorativas.

A fachada principal está ritmicamente desenvolvida segundo módulos dun gran esquematismo formal. De predominio horizontal, presenta tres corpos de edificación resaltados en forma de torreóns, situados nos extremos e no centro, que avanzan respecto á liña xeral da fachada e que lembran á torre da Llotja de la Seda, de escasa alzada. Os ritmos verticais nas entrepilastras dos torreóns que non chegan a desequilibrar a horizontalidade xeral. O remate do edificio queda definido por estas entrepilastras e por pináculos terminais de perfil aparentemente ameado.

Detalle da fachada da Estació del Nord
Vestíbulo da estación

En oposición á sobriedade estrutural superponse á fachada unha profusa decoración de elementos cerámicos e temas inspirados na agricultura valenciana, coma motivos vexetais, laranxas e flores de laranxeira, e inclúe as catro barras vermellas sobre fondo de ouro do escudo heráldico da cidade. Este evidencia un trazo significativo da tensión modernista entre a modernidade e a tradición, entre o local e o cosmopolita. A estes elementos de claro valor simbólico se engade a repetición de elementos emblemáticos alusivos á Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, como a estrela de cinco puntas e a aguia, símbolo da velocidade, que remata o corpo central do edificio. A decoración se completa no bloque central por dous mosaicos simetricamente colocados. Os mosaicos son obra do valenciano residente en Barcelona, Lluís Brú i Salelles[1] e vanse realizar entre 1913 e 1918[2].

No interior do vestíbulo a planta baixa está exclusivamente destinada ao público, mentres que a entreplanta e primeiro andar destínanse a oficinas. Destaca a ornamentación da planta baixa, con cerámicas vidradas, trencadís e un mosaico de Josep Mongrell, pechado por restauración dende hai máis de dúas décadas. A combinación de madeira, vidro e mármore fusionan calidez, transparencia e brillo. Ten unha infinidade de elementos decorativos de cerámica, madeira, metal, vidro e outros materiais. Os zócolos de cada porta ou ventá interior do vestíbulo están feitos de madeira e nos máis altos pódese ler o lema "boa viaxe" en distintos idiomas, entro os cales non está nin o valenciano nin o francés. As súas grandes xanelas presentan unha rosetón na súa parte superior.

Detalle do Vestíbulo
Columna de cerámica escultórica e trencadís
Reloxo do salón principal da Estació del Nord
Kalon Taxidion (boa viaxe) en grego
Detalle floral do Vestíbulo
Detalle do teito do Vestíbulo

A cuberta principal do hangar ou nave central, que cobre as vías, ten forma de arco e guías que representen as vías do tren. Así mesmo, ten unha grande apertura lonxitudinal para tal que escaparan os fumes das máquinas cando estas funcionaban a vapor.

Fachada e teito da Estació del Nord
Oficina de atención ao público
Detalle da oficina de atención ao público

Servizos de transporte que atende a Estació del Nord

Proximidades Valencia de Renfe
Procedencia/Destino<Liña>Procedencia/Destino
terminal Alfafar-BenetússerGandía /
Platja i Grau de Gandia
Moixent
València - Font de Sant LluísCaudiel
Castelló de la Plana
Media Distancia de Renfe
Procedencia/Destino<Liña>Procedencia/Destino
terminal XàtivaAlacant
Murcia / Cartaxena
XàtivaAlbacete
Cidade Real
XàtivaAlcoi
AldaiaCuenc
Madrid Atocha
València-CabanyalZaragoza
Huesca
València-CabanyalTortosa
Barcelona
Longa Distancia
Tren< Procedencia/DestinoProcedencia/Destino >Obervacións
AlarisAlacantBarcelonaUn tren diario en cada sentido
EuromedAlacantBarcelona
ArcoSevillaBarcelona
BadaxozBarcelona
MálagaBarcelona
AlmeríaBarcelona
GranadaBarcelona
TalgoCartagenaMontpellierTalgo Mare Nostrum
TalgoLorcaBarcelona
Murcia del CarmenBarcelona
TrenhotelMálagaBarcelonaTrenhotel Gibralfaro
GranadaBarcelonaTrenhotel Gibralfaro

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas