Estación de Oza dos Ríos

Estación de tren na vila de Oza, no concello de Oza-Cesuras

8°11′13″O / 43.2187, -8.18703

Oza dos Ríos é unha estación de tren de Adif situada na vila de Oza, no concello de Oza-Cesuras, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Oza dos Ríos
Estación de Oza dos Ríos
SituaciónOza-Cesuras
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 515,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Cesuras e Betanzos-Infesta. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
4MDA Coruña<>Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas