Estados membros da OTAN

A OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) é unha alianza internacional composta de 30 estados membros de Europa, América do Norte, e Asia. Estabeleceuse coa sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949. O Artigo Cinco do tratado expón que se un ataque armado acontece contra algún dos estados membros, será considerado un ataque contra todos eles, polo que os demais estados membros asistirán ao membro atacado, con forzas armadas se é preciso.[1]

embros da OTAN resaltados en azul.
Cronoloxía dos países que deveñen membros da OTAN ata 2020. Os países marcados en azul escuro eran xa membros da OTAN nese momento, mentres que os países marcados co azul claro indican os novos membros.

Dos 30 países membros, 27 atópanse principalmente en Europa, dous en América do Norte, e un en Asia. Entre 1994 e 1997, creáronse foros máis amplos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños, como a Asociación para a Paz, a iniciativa do Diálogo mediterráneo e o Consello de Asociación Euro-Atlántico.

Todos os membros teñen exércitos, agás Islandia, que non posúe un exército típico (mais ten unha garda costeira e unha pequena unidade de especialistas civís para as operacións da OTAN). Tres dos membros da OTAN son países con armamento nuclear: Francia, Reino Unido e Estados Unidos. A OTAN conta con 12 estados membros fundadores. Tres novos estados asociáronse entre 1952 e 1955, e un cuarto membro uniuse en 1982. Dende 1999 a 2020, despois da fin da Guerra Fría, a OTAN engadiu 14 membros máis.

Actualmente a OTAN recoñece a Bosnia e Hercegovina, Xeorxia, e Ucraína como membros candidatos na súa política de ampliación de Portas Abertas.[2]

Fundación e cambios na afiliación

Dezaoito estados uníronse á OTAN dende a súa fundación en 1949 por 12 países (Bélxica, Canadá, Dinamarca, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos). O maior aumento de membros produciuse en 2004 cando se uniron 7 países. Ata agora, ningún país saíu da alianza.

As adicións do século XX inclúen a Grecia e Turquía en 1952, Alemaña do Oeste en 1955, e España en 1982. Tres países do antigo Pacto de Varsovia, Hungría, República Checa e Polonia adheríronse en 1999. Coa reunificación alemá en 1990 incorporouse o territorio da antiga Alemaña do Leste. En maio do 2000, 10 países do Báltico e de Europa do Leste formaron o grupo Vilnius para cooperar para afiliación na OTAN.

As adicións do século XXI comezaron en 2004 cando se uniron sete estados do grupo Vilnius (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia). Os tres restantes asociáronse posteriormente, Albania e Croacia en 2009 e Macedonia do Norte en 2020. Montenegro uniuse en 2017.

Países membros

BandeiraMapaEstado membroCapitalAdhesión[3]PoboaciónÁrea[4]
AlbaniaTirana1 de abril de 20093,088,38528 748 km2 (11 100 sq mi)
Alemaña[5]Berlín8 de maio de 195579,903,481357 022 km2 (137 847 sq mi)
BélxicaBruxelas24 de agosto de 194911,778,84230 528 km2 (11 787 sq mi)
BulgariaSofía29 de marzo de 20046,919,180110 879 km2 (42 811 sq mi)
CanadáOtava24 de agosto de 194937,943,2319 984 670 km2 (3 855 103 sq mi)
CroaciaZagreb1 de abril de 20094,208,97356 594 km2 (21 851 sq mi)
DinamarcaCopenhague24 de agosto de 19495,894,68742 943 km2 (16 580 sq mi)[6]
EslovaquiaBratislava29 de marzo de 20045,436,06649 035 km2 (18 933 sq mi)
EsloveniaLiubliana29 de marzo de 20042,102,10620 273 km2 (7 827 sq mi)
EspañaMadrid30 de maio de 198247,260,584505 370 km2 (195 124 sq mi)
Estados UnidosWashington, D.C.24 de agosto de 1949334,998,3989 833 520 km2 (3 796 743 sq mi)
EstoniaTalín29 de marzo de 20041,220,04245 228 km2 (17 463 sq mi)
FranciaParís24 de agosto de 194968,084,217643 427 km2 (248 429 sq mi)
GreciaAtenas18 de febreiro de 195210,569,703131 957 km2 (50 949 sq mi)
HungríaBudapest12 de marzo de 19999,728,33793 028 km2 (35 918 sq mi)
IslandiaReiquiavik24 de agosto de 1949354,234103 000 km2 (39 769 sq mi)
ItaliaRoma24 de agosto de 194962,390,364301 340 km2 (116 348 sq mi)
LetoniaRiga29 de marzo de 20041,862,68764 589 km2 (24 938 sq mi)
LituaniaVilnius29 de marzo de 20042,711,56665 300 km2 (25 212 sq mi)
LuxemburgoLuxemburgo24 de agosto de 1949639,5892 586 km2 (998 sq mi)
Macedonia do NorteSkopje27 de marzo de 20202,128,26225 713 km2 (9 928 sq mi)
MontenegroPodgorica5 de xuño de 2017607,41413 812 km2 (5 333 sq mi)
NoruegaOslo24 de agosto de 19495,509,591323 802 km2 (125 021 sq mi)
Países BaixosÁmsterdam24 de agosto de 194917,337,40341 543 km2 (16 040 sq mi)
PoloniaVarsovia12 de marzo de 199938,185,913312 685 km2 (120 728 sq mi)
PortugalLisboa24 de agosto de 194910,263,85092 090 km2 (35 556 sq mi)
Reino UnidoLondres24 de agosto de 194967,081,000243 610 km2 (94 058 sq mi)
República ChecaPraga12 de marzo de 199910,702,59678 867 km2 (30 451 sq mi)
RomaníaBucarest29 de marzo de 200421,230,362238 391 km2 (92 043 sq mi)
TurquíaAncara18 de febreiro de 195282,482,383783 562 km2 (302 535 sq mi)

Notas

🔥 Top keywords: