Festival da Canción de Turkvisión

O Festival da Canción de Turkvisión (en turco Türkvizyon Şarkı Yarışmaisı) é un concurso televisivo de carácter anual no que participan países e rexións dos pobos turcos ou con minorías turcas, tendo similares características que o Festival da Canción de Eurovisión. Foi creado en 2009 pola cadea de televisión pública turca TRT co fin de promocionar a cultura turca. Tras un parón en 2012, o festival foi relanzado en 2013 tras suspender a súa participación Turquía ao citado concurso europeo por discrepancias co sistema de votación e os privilexios do Big 5.[1][2]

Festival da Canción de Turkvisión
LocalizaciónEurasia
Anos2013-presente
Nº edicións3
FundadoresTRT
DataDecembro
XéneroMúsica turca
OrganizadorTRT
Web oficialTurkcevizyon
Na redeFacebook: tmbturkvizyon Editar o valor em Wikidata

Países participantes

Países e rexións participantes dende 2013:      Participaron polo menos unha vez      Participaron polo menos unha vez, mais xunto con outra rexión      Nunca participaron, mais están autorizados

Para participar no Festival Türkvizyon da Canción son elixibles artistas de países e rexións de lingua turca e etnia turca, como Crimea, Carachai-Circasia e Turquía.[3] En 2013 foron vinte e catro países e rexións os que participaron na primeira edición de Türkvizyon.

Orixinalmente a República dos Chuvaxos, Turkmenistán e Xinjiang foran incluídos na lista de participantes da primeira edición, mais por razóns descoñecidas retiráronse do festival; porén, Turkmenistán participou do festival en 2014.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas