George Wendt

actor estadounidense

George Wendt, nado o 17 de outubro de 1948 en Chicago, Illinois, é un actor estadounidense.

Infotaula de personaGeorge Wendt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Robert Wendt Jr Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónRockhurst University (en) Traducir
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir
Campion High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , actor de cinema , actor de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesJason Sudeikis (sobriño) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001841 Allocine: 51811 Allmovie: p75525 IBDB: 82751
BNE: XX1546868 Musicbrainz: 108443d4-69c5-4a0c-9470-f2cae67a4e0f Editar o valor em Wikidata

Carreira

O primeiro papel de Wendt foi de actor secundario en Somewhere in time, un filme de ciencia ficción escrito por Richard Matheson, estreado en galego como Algures no tempo,[1] protagonizado por Christopher Reeve, Jane Seymour e Christopher Plummer.

Cheers

O papel máis famoso de George Wendt é probabelmente o cliente habitual Norm Peterson na serie de televisión Cheers, sentado no bar e tomando cervexa. É o único actor, xunto a Ted Danson e Rhea Perlman, que aparece en todos os episodios de Cheers. Wendt tamén é o único actor que interpretou ao mesmo personaxe en sete series de TV diferentes: alén de Cheers, interpretou a ese personaxe convidado en Family Guy, Frasier, St. Elsewhere, The Simpsons, The Tortellis e Wings. Ademais, participou na serie Hot in Cleveland en 2011 cando o amish Joden ao entrar no Amischbar, é recibido polos presentes cun "Olá Joda" e o camareiro lembra a Woody Harrelson, o camareiro de Cheers. O personaxe tamén foi mencionado en A Nanny.

Wendt foi nomeado seis veces ao Emmy polo seu papel en Cheers.

Outros papeis

Apareceu noutras series como M*A*S*H, Columbo, Seinfeld, Sabrina - The Teenage Witch, no videoclip de Michael Jackson Black or White facendo de pai de Macaulay Culkin, e en programas como The Masked Singer.[2]

Wendt tamén estivo activo como actor de teatro. A finais dos anos 90 estivo no London Theater Wyndham con Yasmina Reza; en 2012, interpretou a Dean na versión musical do filme Re-Animator.[3]

Familia

George Wendt está casado con Bernadette Birkett e teñen tres fillos: Hilary, Joe, e Daniel.[4] É neto do fotógrafo Tom Howard e tío do actor Jason Sudeikis.[5]

Notas

Véxase tamén