Goražde, zona segura

libro de banda deseñada de 2000 escrito por Joe Sacco

Goražde, zona segura: a guerra na Bosnia Oriental 1992-95[1] (en inglés: Safe Area Goražde) é un libro xornalístico de banda deseñada escrito por Joe Sacco que foi publicado no ano 2000. Premio Will Eisner á mellor novela gráfica orixinal en 2001. Conta o asedio ó enclave de Goražde, zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia ó tempo que describe anacos dos bosníacos coas que se atopou ó longo das súas viaxes, realizadas entre 1995 e 1996.[2]

Goražde, zona segura
Título orixinalSafe Area Goražde
Autor/aJoe Sacco
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Banda deseñada
Editorial Fantagraphics
Galicia Rinoceronte Editora
Data de pub. 2000
Galicia 2013
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas240
ISBNISBN 1-56097-392-7
ISBN 978-84-92866-49-6 (gl)
TraduciónRafael Rodríguez Salgueiro
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Rafael Rodríguez Salgueiro e foi publicado pola Rinoceronte Editora no ano 2013.[1][3]

Notas