Gránulo específico

Os gránulos específicos son vesículas secretoras que se encontran exclusivamente en células do sistema inmunitario chamadas granulocitos.

Aínda que ás veces o termo se describe como aplicado especificamente a neutrófilos,[1] outras veces se aplica tamén a outros tipos de células.[2]

Estes gránulos almacenan unha mestura de moléculas citotóxicas, entre as que hai moitos enzimas e péptidos antimicrobianos, que se liberan por un proceso de desgranulación despois da activación dos granulocitos por un estímulo inmunitario.

Os gránulos específicos son tamén denominados gránulos secundarios.[3] Durante o desenvolvemento dos granulocitos, unha das células iniciais, o promielocito, ten só gránulos azurófilos (primarios), pero despois este se transforma en mielocito e aparecen os gránulos específicos (secundarios). O mielocito dá lugar aos distintos tipos de granulocitos e en cada un o contido dos gránulos é diferente.

Contido

Exemplos de moléculas citotóxicas almacenadas nos gránulos específicos en diferentes granulocitos son:

Importancia clínica

Unha deficiencia en gránulos específicos pode ser asociada co xene CEBPE.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas



 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.