Gramática da interlingua

A gramática do idioma interlingua é unha gramática anglorromance simplificada. É máis simple que a gramática inglesa ou a gramática das linguas romances, xermánicas e eslavas.

Artigo

O artigo definido é sempre "le", e o artigo indefinido é sempre "un". Non hai concordancia co nome ao que califica (non cambia por plural ou por xénero).

artigo definidoartigo indefinido
le patre (sing.), le patres (pl.)un patre (en galego: "pai").
le infante (sing.), le infantes (pl.)un infante
le amica (sing.), le amicas (pl.)un amica (en galego: "amiga").

Substantivo

A gran maioría dos substantivos terminan nunha das vocais "-o" (fructo), "-a" (pagina - "páxina"), "-e" (libertate - "liberdade"). "-o" ocorre frecuentemente. Cando a terminación "-o" ocorre nunha palabra que designa un ser masculino, o correspondente feminino pode ser representado pola mesma palabra coa terminación substituída por "-a". O plural fórmase pola adición de "-s". Se o nome ten final en consoante, a adición é "-es".

singularplural
fructo (en galego: "fruta")fructos
tempore (en galego: "tempo")tempores
plantaplantas
generation (en galego: "xeración")generationes

Adxectivos

adjetivocomparativosuperlativo
grandeplus grandele plus grande
bonminus bonle minus bon

Verbos

Os verbos en interlingua teñen conxugación por pronome persoal obrigatorio. Todas as formas do verbo para todos os pronomes: "io, tu, illo, nos, vos, illos" son idénticas. Os verbos en interlingua terminan con "-r" en infinitivo, e terminan con "-a", "-e", ou "-i" en presente, e o participio fórmase coa terminación "-te".

PronomeInfinitivoPresentePasadoFuturoCondicional
io, tu, illo
nos, vos, illos
crearcreacreavacrearacrearea
io, tu, illo
nos, vos, illos
(formas compostas)
crearcreaha createva crearvelle crear

A intención é que o idioma interlingua sexa, esencialmente, o "medio" de todas as linguas de orixe europea.

Pronomes persoais

Pronomes persoais – singular
PersoaXéneroNom.Pre.Obl.Refl.Xenitivo
Primeraiomemi, mie
Segundatutetu, tue
Terceramasc.illelesesu, sue
fem.illala
neut.illolo
Pronomes persoais – plural
PersonaGéneroNom.Pre.Obl.Refl.Genitivo
Primeranosnostre
Segundavosvostre
Terceramasc.illeslesselor, lore
fem.illaslas
neut.illoslos

Pronomes demostrativos

Demostrativos
PapelNúmeroXéneroPróximoRemoto
Adjectiveisteille
PronombreSing.masc.iste(ille)
fem.ista(illa)
neut.isto(illo)
Plur.masc.istes(illes)
fem.istas(illas)
neut.istos(illos)