Gran Concepción

73°07′00″O / -36.76667, -73.11667

O Gran Concepción (antes chamábase en castelán Intercomuna Concepción-Talcahuano),[1] é a segunda aglomeración urbana máis poboada en Chile e atópase na zona centro sur do mesmo país, composta polas súas 10 comunas: Concepción, Coronel, Chiguayante, Hualpén, Hualqui, Lota, Penco, San Pedro de la Paz, Talcahuano e Tomé,[2][3]. todas elas situadas na provincia de Concepción, Rexión de Biobío, sendo en ocasións ademais considerada a comuna de Santa Juana.[4]

O mapa da conurbación coas comunas.

O concepto, cuxo nome debese á cidade de Concepción, a capital provincial e sede do Goberno Rexional do Biobío arredor da que se sitúan o resto das comunas, é utilizado polos organismos gobernamentais, os medios de comunicación e a poboación en xeral, estando regulado polo Plano Regulador Metropolitano (PRMC) cuxa última versión foi do ano 2002.[5]

Concretamente encóntrase orientada en torno á baía de Concepción, a desembocadura do río Biobío e as proximidades. Segundo o último censo, realizado no ano 2002, a poboación da cidade alcanzou os 871.258 habitantes, e segundo os resultados preliminares do censo realizado en 2012, a cifra incrementou ata 945.650 habitantes.[6] localizados sobre unha extensión de 221,15 km².[7] Na actualidade, o Gran Concepción alberga ao 5,7% da poboación chilena.[8]

Conta cos portos de Coronel, Lirquén, Talcahuano e San Vicente, o Aeroporto Internacional Carriel Sur e catro accesos ata a ruta 5 Panamericana. O núcleo desta cidade é a comuna de Concepción, denominase usualmente «Concepción Centro».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas



 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.