Gran Premio de Australia de 1997


O Gran Premio de Australia de 1997 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 9 de marzo de 1997 en Melbourne. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un de 1997. Foi o segundo Gran Premio albergado en Melbourne. A carreira de 58 voltas gañouna o piloto de McLaren David Coulthard tras comezar desde a cuarta posición. Michael Schumacher terminou segundo para Ferrari e o seu compañeiro de equipo, Mika Häkkinen, foi o terceiro.

Australia Gran Premio de Australia de 1997
Detalles da carreira
Carreira 1 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Data9 de marzo 1997
Nome oficialLXII Qantas Australian Grand Prix
LocalizaciónCircuíto de Melbourne
Melbourne, Australia
PercorridoCircuíto urbano
5´302 km
Distancia58 voltas, 307´516 km
ClimaParcialmente nubrado, seco
Pole position
Piloto Jacques VilleneuveWilliams-Renault
Tempo1:29.369
Volta rápida
PilotoAlemaña Heinz-Harald FrentzenWilliams-Renault
Tempo1:30.585 na volta 36
Podio
Primeiro David CoulthardMcLaren-Mercedes
SegundoAlemaña Michael SchumacherFerrari
TerceiroFinlandia Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes

Nicola Larini logrou os seus últimos puntos de campionato mundial nesta carreira.

Informe

Antecedentes

Entraron dous novos equipos na Fórmula Un en 1997: Stewart e Lola. Footwork recuperou o seu antigo nome de Arrows e adquiriu motores Yamaha, mentres que Ligier foron comprados por Alain Prost e cambiou o seu nome a Prost Grand Prix. Tyrrell adquiriu os motores Ford.

O maior cambio na liña de pilotos foi o despedimento sorpresa de Damon Hill por Williams que acababa de gañar o Campionato Mundial para unirse a Tom Walkinshaw no seu recentemente adquirido equipo Arrows. Na semana previa á carreira, houbo rumores de que Hill abandonara Arrows debido ao mal desempeño do coche, rumores que foron desmentidos.[1]

Pedro Diniz respaldado polo seu patrocinio foi contratado como o seu compañeiro de equipo. Williams retivo a Jacques Villeneuve e fixo equipo con Heinz-Harald Frentzen, que non foi visto como un bo substituto de Hill.

Villeneuve era o favorito dos corredores de apostas na nova tempada, sinalando que ser o favorito supoñía "unha presión extra, pero é unha boa presión [para min]".[2][3]

Ferrari retivo a Michael Schumacher e Eddie Irvine, Benetton mantivo a Jean Alesi e Gerhard Berger e McLaren contratou a Mika Häkkinen e David Coulthard. Jordan tivo dous novos pilotos en Giancarlo Fisichella o mozo italiano de Minardi e contratara a Ralf Schumacher o irmán de Michael nunha interesante aliñación. O novo equipo de Prost Grand Prix mantivo a Olivier Panis e asinou ao novato piloto xaponés Shinji Nakano. Sauber mantivo a Johnny Herbert e a perda de Frentzen provocou que Peter Sauber contratara ao piloto de probas de Ferrari Nicola Larini. Tyrrell retivo Mika Salo por un terceiro ano e engadiu a Jos Verstappen ao equipo Arrows. Minardi cos motores Hart V8 contrataron a Ukyo Katayama e ao prometedor piloto italiano Jarno Trulli. Este foi un gran premio para Heinz-Harald Frentzen e Olivier Panis, ambos acadaron a súa 50ª carreira e a 100ª carreira para Johnny Herbert.

O novo equipo de Stewart Grand Prix contratou a Rubens Barrichello como o seu principal piloto e ao moi prometedor piloto dinamarqués Jan Magnussen. Lola recrutou ao piloto de pago Riccardo Rosset e ao expiloto de probas de Benetton Vincenzo Sospiri.

Bridgestone tamén fixo a súa primeira aparición oficial na Fórmula 1 rompendo o reinado de Goodyear como único fornecedor de pneumáticos desde que comezou en 1992. Bridgestone proporcionou pneumáticos a Minardi, Arrows, Prost, Stewart e Lola.

Na previa da fin de semana, Michael Schumacher foi criticado por dicir que o circuíto "non era particularmente especial", a prensa local chamouno "prima donna mal pagada".[4] Tamén houbo protestas na preparación da carreira, con manifestantes derramando diésel na pista a semana anterior á carreira.[4] Unha folga tamén significou que non funcionaban os servizos públicos, Jeff Kennett, Primeiro ministro de Victoria, etiquetounos como "de mentalidade sanguenta" e que deberán "incorrer na ira da comunidade".[4]

Práctica e cualificación

O canadense Jacques Villeneuve logrou a súa cuarta pole tras unha sorprendente volta de 1:29.369, mentres que Heinz-Harald Frentzen só puido lograr un 1:31.121 para ocupar o lugar restante na primeira liña. Só 6 pilotos conseguiron cualificar dentro dos 3 segundos do tempo de pole. A sesión viu unha bandeira vermella a pouco máis de dous minutos para o final tras unha colisión entre Gerhard Berger e Nicola Larini na recta entre as curvas 10 e 11. Isto deu lugar a que moitos dos vehículos tivesen que completar unha volta ao Sprint para lograr un tempo de volta antes de finalizar a sesión. Damon Hill tivo problemas durante a sesión, só clasificando dentro do límite do 107% debido a unha fuga de aceite que dificultoulle os tempos de volta. Ambos os dous coches Lola non lograron o límite de clasificación e foron máis de dez segundos máis lentos que Villeneuve na súa primeira e única sesión de cualificación na F1, xa que o equipo tivo que retirarse da próxima carreira debido á falta de fondos. Pedro Diniz tamén quedou fóra do tempo do 107%, pero foi autorizado a competir, tendo establecido un tempo na práctica dentro do tempo do 107%.

Carreira

Antes de comezar a carreira, houbo problemas para o actual campión do mundo, Damon Hill. Na volta de quecemento, o seu acelerador atascouse deixándoo varado na pista e facéndoo retirarse da carreira. O drama continuou na primeira curva cando Eddie Irvine entrou na primeira curva e calculou mal a súa freada, golpeando tanto a Villeneuve como a Herbert. Os tres quedaron fóra da carreira. A carreira estaba marcada polas estratexias e aquí había un pouco de interese porque a de Williams era dun par de paradas aínda que a maioría dos autos era dunha soa parada. Jos Verstappen trompeou na volta dous mentres intentaba superar a Ukyo Katayama. Non obstante, nas primeiras voltas, Frentzen non tivo que preocuparse por estes problemas. O coche era lixeiro e diante tiña o camiño baleiro e ninguén o desafiaba. O boquete abriuse rapidamente: 2´7 segundos na primeira volta, 3´7 na segunda, 5´3 na terceira, 7´2 na cuarta e así sucesivamente. Ambos Jordan pronto se retiraron da carreira, Ralf Schumacher sufriu un problema na caixa de cambios e Fisichella trompeou fóra da pista mentres pasaba a Barrichello. Na 12ª volta, con todo, a brecha detívose e nas seis voltas seguintes a diferenza entre o primeiro e o segundo mantíbose entre 17 e 18 segundos. Frentzen entrou a boxes na volta 18 e volveu terceiro. Jean Alesi retirouse vergoñentamente da carreira logo de quedar sen combustible, a pesar de que o equipo de Benetton o chamara a boxes 5 voltas antes. Nas voltas seguintes, puido pechar a Coulthard e Schumacher pero non foi tan espectacular como se puidese esperar. Heinz perdeu tempo no tráfico, loitando cos freos e en ocasións parecía dubitativo. Coulthard e Schumacher entraron a boxes a media carreira e así Frentzen avanzou de novo e correu moi rápido durante unhas voltas antes de que se volvese a esvaecer. Na volta 40 entrou a facer a súa segunda parada. A diferenza con Coulthard era só de 23 segundos e unha parada no pitlane era de preto de 22 a 24 segundos, era dubidoso se sairía por adiante. En realidade era unha cuestión académica, o seu pneumático traseiro dereito causou problemas e Heinz-Harald parou seis segundos máis do habitual e Coulthard e Schumacher pasárono. Diante, David Coulthard continuou a afastarse destes incidentes para liderar a carreira, seguido por Michael Schumacher e Frentzen. Frentzen pechou a Coulthard e a Schumacher que estaban correndo xuntos, pero Schumacher tivo que facer unha parada de combustible non programada no final da carreira, promovendo a Frentzen á segunda posición. Por un tempo grandes cantidades de po saíron provenientes dos freos de Frentzen e a falta de tres voltas faloulle un disco de freo, enviándoo á trampa de grava ao final da recta principal. Coulthard logrou a súa segunda vitoria na carreira. Tamén foi a primeira vitoria de McLaren desde que Ayrton Senna gañara o Gran Premio de Australia de 1993.

Clasificación

Cualificación

Pos.PilotoConstrutorTempoDiferenza
13 Jacques VilleneuveWilliams-Renault1:29.369
24 Heinz-Harald FrentzenWilliams-Renault1:31.123+1.754
35 Michael SchumacherFerrari1:31.472+2.103
410 David CoulthardMcLaren-Mercedes1:31.531+2.162
56 Eddie IrvineFerrari1:31.881+2.512
69 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes1:31.971+2.602
716 Johnny HerbertSauber-Petronas1:32.287+2.918
87 Jean AlesiBenetton-Renault1:32.593+3.224
914 Olivier PanisProst-Mugen-Honda1:32.842+3.473
108 Gerhard BergerBenetton-Renault1:32.870+3.501
1122 Rubens BarrichelloStewart-Ford1:33.075+3.706
1211 Ralf SchumacherJordan-Peugeot1:33.130+3.761
1317 Nicola LariniSauber-Petronas1:33.327+3.958
1412 Giancarlo FisichellaJordan-Peugeot1:33.552+4.183
1520 Ukyo KatayamaMinardi-Hart1:33.798+4.429
1615 Shinji NakanoProst-Mugen-Honda1:33.989+4.620
1721 Jarno TrulliMinardi-Hart1:34.120+4.751
1819 Mika SaloTyrrell-Ford1:34.229+4.860
1923 Jan MagnussenStewart-Ford1:34.623+5.254
201 Damon HillArrows-Yamaha1:34.806+5.437
2118 Jos VerstappenTyrrell-Ford1:34.943+5.574
107% tempo: 1:35.625
222 Pedro DinizArrows-Yamaha1:35.972+6.603
NSC24 Vincenzo SospiriLola-Ford1:40.972+11.603
NSC25 Ricardo RossetLola-Ford1:42.086+12.717
Fonte:[5][6]

Carreira

Pos.PilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
110 David CoulthardMcLaren-Mercedes581:30:28.718410
25 Michael SchumacherFerrari58+20.04636
39 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes58+22.17764
48 Gerhard BergerBenetton-Renault58+22.841103
514 Olivier PanisProst-Mugen-Honda58+1:00.30892
617 Nicola LariniSauber-Petronas58+1:36.040131
715 Shinji NakanoProst-Mugen-Honda56+2 voltas16
84 Heinz-Harald FrentzenWilliams-Renault55Freos2
921 Jarno TrulliMinardi-Hart55+3 voltas17
102 Pedro DinizArrows-Yamaha54+4 voltas22
Ret22 Rubens BarrichelloStewart-Ford49Motor11
Ret19 Mika SaloTyrrell-Ford42Motor18
Ret23 Jan MagnussenStewart-Ford36Suspensión19
Ret7 Jean AlesiBenetton-Renault34Sen combustible8
Ret20 Ukyo KatayamaMinardi-Hart32Eléctrico15
Ret12 Giancarlo FisichellaJordan-Peugeot14Trompo14
Ret18 Jos VerstappenTyrrell-Ford2Trompo21
Ret11 Ralf SchumacherJordan-Peugeot1Caixa de cambios12
Ret3 Jacques VilleneuveWilliams-Renault0Colisión1
Ret6 Eddie IrvineFerrari0Colisión5
Ret16 Johnny HerbertSauber-Petronas0Colisión7
NTS1 Damon HillArrows-Yamaha0Acelerador20
Fonte:[7][8]

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-Mercedes14
2 Ferrari6
3 Benetton-Renault3
4 Prost-Mugen-Honda2
5 Sauber-Petronas1
  • Nota: Só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1996
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1996
Gran Premio de AustraliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1998

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Detalles da carreira: "1997 Australian Grand Prix". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2 de agosto de 2007.