Equipe Ligier

Ligier
Nome completoFrancia Equipe Ligier
BandeiraFrancia
Baseada enFrancia
Tempadas en activo21 (1976-1996)
Número de pilotosFrancia René Arnoux
Francia Patrick Depailler
Francia Jacques Laffite
Italia Andrea de Cesaris
Francia Olivier Panis
Martin Brundle
DebutGran Premio do Brasil de 1976
Carreiras326
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias9
Pole positions9
Voltas Rápidas9
Puntos totais388
Derradeiro GPGran Premio do Xapón de 1996

O Equipe Ligier foi un equipo de automobilismo, coñecido principalmente polo seu equipo de Fórmula 1 que operou desde 1976 ata 1996. O equipo foi fundado en 1969 como fabricante de automóbiles deportivos.[1]

Orixes

Logo de retirarse da competición trala morte do seu amigo Jo Schlesser, Guy Ligier tivo ao enxeñeiro Michel Tétu desenvolvendo un deportivo chamado JS1 (iniciais de Jo Schlesser). Propulsado cun motor Cosworth, o JS1 gañou en Albi e Monthlery en 1970, pero retirouse en Le Mans, e no Tour Automobile de Francia.[2]

En 1971, Ligier converteu o JS1 no JS2 e JS3. O JS2 foi homologado para o seu uso en estrada e utilizou un motor Maserati V6, mentres que o JS3 era un prototipo deportivo convertible propulsado por un motor Cosworth DFV V8. O JS3 gañou en Monthlery en 1971, pero non puido terminar a distancia mínima en Le Mans. Polo tanto, retirouse,[3] e Ligier instalou o Cosworth DFV no coche de estrada JS2, terminando segundo na xeral en Le Mans en 1975.[4] Despois Ligier dedicou os seus esforzos á Fórmula Un.

Fórmula Un

Coa adquisición dos activos do equipo Matra de F1, Ligier entrou na Fórmula Un en 1976 cun coche motor V12 Matra, e gañou un Gran Premio con Jacques Laffite en 1977. Considérase que foi a primeira vitoria francesa no Campionato do Mundo de Fórmula Un.[5]

O Ligier JS11/15 de 1980 no Festival Goodwood de Velocidade de 2008
Ligier utilizou un motor turbo por primeira vez en 1984. Andrea de Cesaris pilotando o chasis JS23 ese ano no Gran Premio de Dallas.
O último coche Ligier de F1, o JS43. Pilotado por Olivier Panis e Pedro Diniz, proporcionou a única vitoria na F1 de Panis e para última de Ligier, no Gran Premio de Mónaco de 1996.

O acordo con Matra rematou en 1979 e Ligier incorporou os motores Cosworth e as ás, no Ligier JS11. O JS11 comezou a tempada gañando as dúas primeiras carreiras a mans de Laffite. Con todo, o JS11 presentou unha forte competencia cando Williams e Ferrari presentaron coches aerodinamicamente modificados. O resto da tempada tivo menos éxito para a marca francesa.

O JS11 e os seus sucesores fixeron de Ligier un dos mellores equipos a principios da década de 1980. Malia o patrocinio de Talbot e empresas públicas francesas, principalmente SEITA e Française des Jeux (acordo que François Mitterrand axudou a poñer en marcha,[6]) a competitividade do equipo comezou a declinar ao redor de 1982. Nese intre, estaban probando un motor turbo V6 de Matra, que nunca correu.[7] A mediados da década de 1980, o equipo beneficiouse dun acordo con Renault para montar un motor turbo. Isto fíxoos máis competitivos, aínda que non un dos favoritos, malia o patrocinio de empresas como Gitanes, Loto e Elf. Cando Renault deixou o automobilismo deportivo en 1986, Ligier quedou sen un fornecedor de motores fiable. Unha fracasada colaboración con Alfa Romeo (debido ás duras críticas de René Arnoux aos motores Alfa Romeo) foi seguida dunha serie de contratos con motores de Megatron (que proporcionou motores BMW M12 remozados), Judd, Cosworth e cas fabricas oficiais Lamborghini, Renault e Mugen Honda

Nos últimos anos Ligier tiña pouco apoio público e carecía de fondos. Sorprendentemente, o equipo resultou un pouco máis competitivos neste período, talvez debido ao talento do deseñador de aerodinámica Frank Dernie.

O talento do enxeñeiro Loïc Bigois puido xogar un papel importante. Pero nos anos anteriores, Guy Ligier estaba máis preocupado en gañar diñeiro que en recobrar a competitividade do equipo [Cómpre referencia]. Famoso polo seu histrionismo e ruidosas explosións no pitlane, Guy Ligier proporcionou moito carácter ás carreiras de Fórmula Un desde mediados dos anos 1970 en diante, aínda que non pola competitividade dos seus equipos. Un comentarista da F1 dixo a famosa frase: "Sempre tiñas a sensación de que ata cando gañaban non sabían por que..." [Cómpre referencia]. Certamente, o equipo gozou dun auxe cando Guy Ligier vendeu o equipo a Cyril de Rouvre logo dunha decepcionante tempada en 1992, cando unha vez máis non puido desenvolver o seu potencial malia ser fornecidos cos mesmos motores Renault de fábrica que o dominante equipo Williams, anotou oito podios nos seguintes catro anos, o que contrasta fortemente co seu fracaso en lograr un podio entre 1987 e 1992.

Entre 1987 e 1991, o equipo batallou, pero non sumou puntos en 1990 e 1991. En 1990, cando o equipo de Larrousse foi descualificado logo de afirmar que o seu chasis fora construído por eles mesmos, cando en realidade fora construído por Lola Cars, Ligier subiu ata o importante 10º posto no Campionato de Construtores, o que lles dou beneficios de viaxe subsidiados, malia non estar clasificado debido á falta de puntos.

En 1996, o JS43 con motor Mugen Honda resultou ser un coche ben equilibrado, pero non ao nivel do equipo Williams. Converteuse nun gañador sorpresa, con Olivier Panis no Gran Premio de Mónaco, aínda que foi unha carreira de gran desgaste, só tres coches remataron. Foi a primeira vitoria "francesa" en Mónaco desde a de René Dreyfus con Bugatti en 1930.

O equipo foi vendido a Alain Prost e pouco despois e converteuse no Prost Grand Prix en 1997. Prost GP, malia o substancial apoio financeiro das grandes empresas privadas francesas non puido facer un equipo competitivo e crebou en 2002.

O equipo utilizou tradicionalmente os números 25 e 26.

Despois da Fórmula Un

En 2004, Ligier regresou aos deportes de motor logo de adquirir Automóbiles Martini. Tico Martini deseñara un chasis F3 que se presentou no Salón do automóbil de París de 2004[8] como Ligier JS47, pero co mercado da F3 copado por Dallara, o coche só correu a copa menor Recaro F3 Cup.

En 2005 Ligier presentou un prototipo deportivo, o JS49,[9][10] feito para a clase CN de 2000 cc, que se pode utilizar no V de V Challenge.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoChasisMotorPneu.Piloto1234567891011121314151617PuntosWCC
1976Ligier JS5Matra
V12
GBRARSAUSWESPBELMONSWEFRARUALEAUTNEDITACANUSAXPN20
Jacques LaffiteRetRet412312414RetRet2Ret3RetRet7
1977Ligier JS7Matra
V12
GARXBRARSAUSWESPMONBELSWEFRARUALEAUTNEDITAUSACANXPN18
Jacques LaffiteNCRetRet977Ret186RetRet287Ret5
Jean-Pierre JarierRet
1978Ligier JS7
Ligier JS9
Matra
V12
GARXBRARSAUSWMONBELESPSWEFRARUALEAUTNEDITAUSACAN19
Jacques Laffite16955Ret537710358411Ret
1979Ligier JS11Ford
V8
GARXBRARSAUSWESPBELMONFRARUALEAUTNEDITACANUSA61
Patrick Depailler42Ret51Ret5
Jacky IckxRet6RetRet5RetRetRet
Jacques Laffite11RetRetRet2Ret8Ret333RetRetRet
1980Ligier JS11/15Ford
V8
GARXBRARSAUSWBELMONFRARUALEAUTNEDITACANUSA66
Didier PironiRet4361Ret2RetRetRetRet633
Jacques LaffiteRetRet2Ret1123Ret143985
1981Ligier JS17Matra
V12
M


USWBRAARXSMRBELMONESPFRARUALEAUTNEDITACANCPL44
Jean-Pierre JarierRet7
Jean-Pierre JabouilleNSCNCRetNSCRet
Patrick TambayRetRetRetRetRetRetRetRet
Jacques LaffiteRet6RetRet232Ret331RetRet16
1982Ligier JS17
Ligier JS17B
Ligier JS19
Matra
V12
M


RSABRAUSWSMRBELMONDETCANNEDRUFRAALEAUTSUIITACPL20
Eddie CheeverRetRetRetWD3Ret210NSCRet16RetRetRet63
Jacques LaffiteRetRetRetWD9Ret6RetRetRet14Ret3RetRetRet
1983Ligier JS21Ford Cosworth DFV
V8
M


BRAUSWFRASMRMONBELDETCANRUALEAUTNEDITAEURRSA0NC
Jean-Pierre JarierRetRet9RetRetRetRetRet1087Ret9Ret10
Raul BoeselRet7Ret9Ret1310RetRetRetNSC10NSC15NC
1984Ligier JS23Renault V6
(t/c)
M


BRARSABELSMRFRAMONCANDETDALRUALEAUTNEDITAEURPOR310º
François HesnaultRet10RetRetNTSRetRetRetRetRet887Ret10Ret
Andrea de CesarisRet5Ret610RetRetRetRet107RetRetRet712
1985Ligier JS25Renault V6
(t/c)
PBRAPORSMRMONCANDETFRARUALEAUTNEDITABELEURRSAAUS23
Andrea de CesarisRetRetRet41410RetRetRetRetRet
Philippe Streiff1098WD3
Jacques Laffite6RetRet6812Ret33RetRetRet11RetWD2
1986Ligier JS27Renault V6
(t/c)
PBRAESPSMRMONBELCANDETFRARUALEHUNAUTITAPORMEXAUS29
René Arnoux4RetRet5Ret6Ret544Ret10Ret7157
Jacques Laffite3RetRet65726Ret
Philippe AlliotRet9RetRetRet68
1987Ligier JS29B
Ligier JS29C
Megatron I4
(t/c)
GBRASMRBELMONDETFRARUALEHUNAUTITAPORESPMEXXPNAUS111º
René ArnouxNTS61110RetRetRetRet1010RetRetRetRetRet
Piercarlo GhinzaniRet712RetRetEXRet1288RetRetRet13Ret
1988Ligier JS31Judd CV
V8
GBRASMRMONMEXCANDETFRARUALEHUNBELITAPORESPXPNAUS0NC
René ArnouxRetNSCRetRetRetRetNSC1817RetRet1310Ret17Ret
Stefan Johansson9NSCRet10RetRetNSCNSCNSCRet11NSCRetRetNSC9
1989Ligier JS33Ford Cosworth DFR
V8
GBRASMRMONMEXUSACANFRARUALEHUNBELITAPORESPXPNAUS313º
René ArnouxNSCNSC1214NSC5RetNSC11NSCRet913NSCNSCRet
Olivier Grouillard9DSCRet8NSCNSC67RetNSC13RetNSCRetRetRet
1990Ligier JS33BFord Cosworth DFR
V8
GUSABRASMRMONCANMEXFRARUALEHUNBELITAPORESPXPNAUS0NC
Nicola LariniRet1110RetRet16141010111411107710
Philippe AlliotEX129RetRet18913DSC14NSC13RetRet1011
1991Ligier JS35
Ligier JS35B
Lamborghini 3512
V12
GUSABRASMRMONCANMEXFRARUALEHUNBELITAPORESPXPNAUS0NC
Thierry BoutsenRetRet77Ret812Ret91711Ret16Ret9Ret
Érik ComasNSCRet10108NSC11NSCRet10Ret1111RetRet18
1992Ligier JS37Renault RS3B / RS3C
V10
GRSAMEXBRAESPSMRMONCANFRARUALEHUNBELITAPORXPNAUS6
Thierry BoutsenRet10RetRetRet1210Ret107RetRetRet8Ret5
Érik Comas79RetRet9106586RetRetRetRetRet
1993Ligier JS39Renault RS5
V10
GRSABRAEURSMRESPMONCANFRARUALEHUNBELITAPORXPNAUS23
Martin BrundleRetRetRet3Ret65514857Ret696
Mark Blundell35RetRet7RetRetRet73711RetRet79
1994Ligier JS39BRenault RS6
V10
GBRAPACSMRMONESPCANFRARUALEHUNBELITAPOREURXPNAUS13
Éric BernardRet1012Ret813Ret1331010710
Johnny Herbert8
Franck LagorceRet11
Olivier Panis119119712Ret1226710DSC9115
1995Ligier JS41Mugen Honda MF301
V10
GBRAARXSMRESPMONCANFRARUALEHUNBELITAPOREURPACXPNAUS24
Martin Brundle9Ret104RetRet3Ret87Ret
Aguri Suzuki8Ret116RetNTS
Olivier PanisRet796Ret484Ret69RetRetRet852
1996Ligier JS43Mugen Honda MF301 HA
V10
GAUSBRAARXEURSMRMONESPCANFRARUALEHUNBELITAPORXPN15
Olivier Panis768RetRet1RetRet7Ret75RetRet107
Pedro Diniz108Ret107Ret6RetRetRetRetRetRet6RetRet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas