Gran Premio de Bélxica de 1956

artigo de listas da Wikimedia

O Gran Premio de Bélxica de 1956 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1956 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos 1956.

Bélxica Gran Premio de Bélxica de 1956
Detalles da carreira
Carreira 4 de 8 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Trazado do circuíto de Spa-Francorchamps.
Data3 de xuño 1956
Nome oficialXVIII Gran Premio de Bélxica
LocalizaciónCircuíto de Spa-Francorchamps, Spa, Bélxica
PercorridoPercorrido permanente de carreira
14´120 km
Distancia36 voltas, 508´320 km
ClimaHúmido e cuberto, logo seco
Pole position
Piloto Juan Manuel FangioFerrari
Tempo4:09.8
Volta rápida
Piloto Stirling MossMaserati
Tempo4:14.7
Podio
Primeiro Peter CollinsFerrari
SegundoBélxica Paul FrèreFerrari
TerceiroItalia Cesare Perdisa
Stirling Moss
Maserati

Informe

Logo da primeira xornada de adestramentos do xoves, Fangio estaba na pole cun tempo de case 5 segundos máis rápido que Moss no segundo lugar. Estes tempos non se melloraron coas condicións de mollado do venres e as condicións de vento do sábado.

Estaba chovendo cando a carreira comezou, Fangio fixo unha mala saída e quedou no quinto lugar e Moss na cabeza. Pero na volta 3 Fangio xa estaba en segundo lugar, logo de pasar a Behra, Collins e a Castellotti. Na quinta volta xa ía líder e na volta 10 xa tiña unha vantaxe de 8 segundos sobre Moss, con Collins terceiro, nunha pista xa seca. Collins acadou o segundo lugar, cando Moss perdeu unha das rodas traseiras, no ascenso despois da ponte de Eau Rouge. Foi capaz de frear con seguridade e correr de volta a boxes e facerse cargo do coche de Perdisa. Retomou en sexto lugar, pero a unha volta dos líderes. Collins tomou o liderado definitivo cando Fangio perdeu a súa transmisión na volta 24. Unha dura batalla polo segundo posto entre Behra e Frere terminou cando o motor Behra comezou a fallar. Isto permitíulle a Moss acadar á terceira posición, despois de pasar a Schell anteriormente. Moss terminou a carreira cun ritmo vertixinoso, pero os dous líderes estaban demasiado lonxe para compensar a diferenza.

Clasificación

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
18 Peter CollinsFerrari362:40:00.338
26 Paul FrèreFerrari36+1:51.386
334 Cesare Perdisa
Stirling Moss
Maserati36+3:16.692
3
410 Harry SchellVanwall35+1 volta63
522 Luigi VilloresiMaserati34+2 voltas112
620 André PiletteFerrari33+3 voltas16
732 Jean BehraMaserati33+3 voltas4
824 Louis RosierMaserati33+3 voltas10
Ret2 Juan Manuel FangioFerrari23Transmisión1
Ret12 Maurice TrintignantVanwall11Sistema combustible7
Ret30 Stirling MossMaserati10Roda2
Ret4 Eugenio CastellottiFerrari10Transmisión5
Ret28 Piero ScottiConnaught-Alta10Motor12
Ret26 Horace GouldMaserati2Caixa de cambios15
Ret36 Paco GodiaMaserati0Accidente13

Posicións logo da carreira

PosPilotoPuntos
81 Peter Collins11
12 Stirling Moss11
23 Jean Behra10
24 Juan Manuel Fangio9
15 Pat Flaherty8
  • Nota: Só as cinco primeiras posicións están na lista.

Notas

Ligazóns externas


Carreira anterior:
500 Millas de Indianápolis de 1956
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1956
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1956
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1955
Gran Premio de BélxicaCarreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1958