Gran Premio de Marrocos

Gran Premio de Marrocos
Plano do Circuíto
Datos
Anos disputados13 (1 oficial)
Primeira disputa1925, (1958 oficial)
Última disputa1958
LocalizaciónCasablanca Marrocos Marrocos
Patrocinador principal
Lonxitude403´754 km en 53 voltas
Marca de volta2:22.5 (1958, Stirling Moss, Vanwall)
Piloto récordStirling Moss (1)
Escudería récordFrancia Bugatti (4)
Poles récordMike Hawthorn (1)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de Marrocos (en árabe: المغربي سباق الجائزة الكبرى‎) foi un Gran Premio de automobilismo iniciado en 1925 en Casablanca, Marrocos coa denominación oficial de "Gran Premio de Casablanca".

Historia

En 1930 a carreira celebrouse no novo Circuíto de Anfa Cobrouse a vida do piloto conde Bruno d'Harcourt durante unha sesión de práctica. Todos os gañadores, de automóbiles de turismo, eran francéses ou de Mónaco.

Non houbo carreira en 1933, nin entre os anos 1935 e 1953. Cando volveu en 1954, levouse a cabo nun circuíto para automóbiles deportivos na cidade de Agadir, e o dominio francés viuse interrompido por un piloto italiano, Giuseppe Farina.

Un novo deseño en Ain-Diab preto de Casablanca, foi preparado para o Gran Premio de Marrocos de 1957 de Fórmula Un unha carreira que, aínda que non contaba para o Campionato Mundial, atraeu aos mellores pilotos de clase mundial do momento.

Ao ano seguinte, a carreira foi declarada oficial e levouse a cabo o 19 de outubro de 1958. A carreira viuse lixada pola morte de Stuart Lewis-Evans (o segundo na carreira de 1957) que morreu nun hospital de Londres a causa das queimaduras, seis días logo de estrelarse no poeirento circuíto. O seu Vanwall gripou o motor (posiblemente por mor do po) e mandouno dando tombos ás barreiras a alta velocidade, prendendo o seu coche en chamas. Este foi o último Gran Premio organizado en Marrocos.

Gañadores do Gran Premio de Gran Marrocos

O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

AnoPilotoConstrutorCategoríaCircuítoResultados
1958 Stirling MossVanwallFórmula 1Ain-DiabResultados
1957 Jean BehraMaseratiFórmula 1Ain-DiabResultados
1956 Maurice TrintignantFerrariAutomóbiles deportivosAgadirResultados
1955 Mike SparkenFerrariAutomóbiles deportivosAgadirResultados
1954 Giuseppe FarinaFerrariAutomóbiles deportivosAgadirResultados
1953
-
1935
Non celebrado
1934 Louis ChironAlfa RomeoAutomóbiles de turismoAnfaResultados
1933Non celebrado
1932 Marcel LehouxBugattiAutomóbiles de turismoAnfaResultados
1931 Stanisław CzaykowskiBugattiAutomóbiles de turismoAnfaResultados
1930 Charles BénitahAmilcarAutomóbiles de turismoAnfaResultados
1929Non celebrado
1928 E. MeyerBugattiAutomóbiles de turismoCasablancaResultados
1927 G. RollGeorges IratAutomóbiles de turismoCasablancaResultados
1926 R. MeyerlBugattiAutomóbiles de turismoCasablancaResultados
1925 Comte de VaugelasDelageAutomóbil de turismoCasablancaResultados