Grumman

Grumman Aircraft Engineering Corporation, despois Grumman Aerospace Corporation, foi un produtor estadounidense de avións militares e civís.[1] Fundada o 6 de decembro de 1929 por Leroy Grumman e os seus socios, a compañía fusionouse en 1994 con Northrop Corporation para formar Northrop Grumman.

Grumman
Fundación6 de decembro de 1929
LocalizaciónBethpage, New York
FundadorLeroy Grumman
Edmund Ward Poor
William T. Schwendler
Jake Swirbul
editar datos en Wikidata ]

Historia

Leroy Grumman comezou a traballar en 1920 na Loening Aircraft Engineering Corporation. En 1929 Keystone Aircraft Corporation mercou Loening Aircraft e trasladou as súas operacións dende a cidade de Nova York a Bristol, Pennsylvania. Grumman e outros tres ex-empregados de Loening Aircraft[2] (Edmund Ward Poor, William Schwendler e Jake Swirbul) fundaron a súa propia compañía nunha antiga fábrica de Cox-Klemin Aircraft Co. en Baldwin, en Long Island, Nova York.

A compañía foi rexistrada o 6 de decembro de 1929 e comezou a traballar oficialmente o 2 de xaneiro de 1930. Mentres mantiña o negocio soldando tubos de aluminio para bastidores de camións, a empresa perseguiu con ansia contratos coa Armada dos Estados Unidos.[2] Grumman deseñou os primeiros flotadores prácticos cun tren de aterraxe retráctil para a Armada, e isto lanzou a Grumman ao mercado da aviación. O primeiro avión Grumman tamén foi para a Armada, o Grumman FF-1, un biplano con tren de aterraxe retráctil desenvolvido en Curtiss Field en 1931. A eo seguíronlle outros deseños exitosos.[2]

Durante a segunda guerra mundial, Grumman fíxose coñecida polos seus "Cats" (cazas da Armada): o F4F Wildcat, o F6F Hellcat,o F7F Tigercat e o Grumman F8F Bearcat,[3] e tamén polos seus torpedeiro Grumman TBF Avenger. Grumman ocupou o posto 22 entre as corporacións dos Estados Unidos no valor dos contratos de produción en tempo de guerra.[4]

O primeiro avión a reacción de Grumman foi o F9F Panther, seguido polo F9F/F-9 Cougar actualizado e o F-11 Tiger nos anos 50. Os grandes éxitos da posguerra da compañía chegaron na década de 1960 co A-6 Intruder e o E-2 Hawkeye e na década de 1970 co EA-6B Prowler e o F-14 Tomcat. Os produtos de Grumman foron destacados en varias longametraxes, incluíndo The Final Countdown en 1980,[5] Top Gun en 1986 e Flight of the Intruder en 1990.[6] A Armada dos Estados Unidos aínda emprega o Hawkeye como parte das súas Ás Aéreas Embarcadas a bordo de portaavións, mentres que o Prowler voou ata 2019 co Corpo de Marines.[7]Grumman foi o contratista principal do Módulo Lunar Apollo, a primeira nave espacial en levar humanos á Lúa. A empresa recibiu o contrato o 7 de novembro de 1962 e construíu 13 módulos lunares. Seis deles aterraron con éxito na Lúa, un deles serviu como bote salvavidas no Apollo 13, despois de que unha explosión paralizara o módulo de servizo da nave Apollo. O LM-2 (Módulo Lunar 2), un artigo de proba que nunca voou no espazo, móstrase permanentemente na Smithsonian Institution.[8] Cando o programa Apollo chegaba ao seu fin, Grumman foi un dos principais competidores para o contrato para deseñar e construír o transbordador espacial, pero perdeu ante Rockwell International.[9]

En 1969 a compañía cambiou o seu nome polo de Grumman Aerospace Corporation,[10] e en 1978 vendeu Grumman-American Division a Gulfstream Aerospace.[11] Ese mesmo ano mercou o fabricante de autobuses Flxible. A compañía construíu o Grumman LLV (Long Life Vehicle), un camión de correo lixeiro deseñado e utilizado polo Servizo Postal dos Estados Unidos. O LLV foi producido dende 1987 ata 1994. A súa vida útil prevista era de 24 anos, pero algúns deles aínda estaban en servizo en 2020.[12] En 1983 Grumman vendeu Flxible por 40 millóns de dólares a General Automotive Corporation de Ann Arbor.[13]

Nos anos 50 Grumman comezou a produción de avións executivos Gulfstream, comezando co turbohélice Gulfstream I (Grumman model G-159) e o reactor Gulfstream II (Grumman model G-1159). Os avións Gulfstream foron operados por moitas empresas, particulares e axencias gobernamentais, incluíndo varias entidades militares e a NASA. Ademais, o Gulfstream I foi operado por varias compañías aéreas rexionais en servizos regulares de pasaxeiros. A versión Gulfstream I-C (Grumman model G-159C) foi "alongada" para levar 37 pasaxeiros.

A principios dos 70 Grumman adquiriu a participación maioritaria na liña de avións moi lixeiros de American Aviation, reetiquetado os seus avións como "Grumman-American" ou "Grumman American", uníndose a ela finalmente coa súa división Gulfstream antes de vender esa empresa combinada en 1978.

En 1978 Grumman vendeu Gulfstream a American Jet Industries, que adoptou o nome de Gulfstream. Dende 1999 Gulfstream é unha subsidiaria totalmente propiedade de General Dynamics.[14]

No ano 1994 Grumman fusuionouse con Northrop Corporation para formar a empresa de tecnoloxía aeroespacial e de defensa Northrop Grumman.[15]

Avións

Nome do modeloPrimeiro vooFabricadosTipo
Grumman FF1931116Caza naval cun motor de pistóns
Grumman JF Duck193348Hidroavión de observación cun motor de pistóns
Grumman F2F193355Caza naval cun motor de pistóns
Grumman F3F1935147Caza naval cun motor de pistóns
Grumman XSBF19361Prototipo de bombardeiro en picado cun motor de pistóns
Grumman J2F Duck1936254Hidroavión de observación cun motor de pistóns
Grumman G-21 Goose1937345Hidroavión bimotor de pistóns
Grumman F4F Wildcat19372 605Caza naval cun motor de pistóns
Grumman G-44 Widgeon1940276Hidroavión bimotor de pistóns
Grumman XF5F Skyrocket19401Prototipo de caza bimotor naval de pistóns
Grumman XP-5019411Prototipo de caza bimotor de pistóns
Grumman TBF Avenger19412 290Torpedeiro cun motor de pistóns
Grumman F6F Hellcat194212 275Caza naval cun motor de pistóns
Grumman F7F Tigercat1943364Caza bimotor naval de pistóns
Grumman G-63 Kitten I19441Prototipo de avión lixeiro cun motor de pistóns
Grumman G-72 Kitten II19441Prototipo de avión lixeiro cun motor de pistóns
Grumman F8F Bearcat19441 265Caza naval cun motor de pistóns
Grumman G-65 Tadpole19441Prototipo de avión anfibio lixeiro
Grumman AF Guardian1945389Avión de guerra antisubmarina
Grumman G-73 Mallard194659Hidroavión bimotor
Grumman HU-16 Albatross1947466Hidroavión bimotor
Grumman F9F Panther19471 382Caza naval monomotor a reacción
Grumman F9F-6 Cougar19511 988Caza naval monomotor a reacción
Grumman XF10F Jaguar19521Prototipo de caza naval monomotor a reacción
Grumman S-2 Tracker19521 184 ou 1 185Avión de guerra antisubmarina bimotor
Grumman F11F Tiger1954200Caza naval monomotor a reacción
Grumman C-1 Trader195587Avión de carga bimotor
Grumman F11F-1F Super Tiger19561Prototipo de caza naval monomotor a reacción
Grumman E-1 Tracer195688Sistema aéreo de alerta e control embarcado
Grumman G-164 Ag Cat1957402[16]Avión agrícola monomotor
Grumman G-159 Gulfstream I1958200Executivo turbohélice
Grumman OV-1 Mohawk1959380Avión de observación
Grumman A-6 Intruder1960693Reactor de ataque bimotor
Grumman E-2 Hawkeye1960122Sistema aéreo de alerta e control embarcado
Grumman C-2 Greyhound196456Avión de carga bimotor
General Dynamics–Grumman F-111B19657Prototipo de caza naval a reacción
Grumman G-1159 Gulfstream II1966256Bimotor executivo a reacción
Grumman EA-6B Prowler1968170Avión de guerra electrónica
Grumman F-14 Tomcat1970712Caza naval a reacción
Grumman American GA-7 Cougar1974115Avión lixeiro bimotor
General Dynamics–Grumman EF-111A Raven197742Avión de guerra electrónica
Grumman X-2919842Reactor monomotor experimental
Grumman XJLN/A3Hhidroavión de observación
Grumman American AA-11 820Avión lixeiro monomotor
Grumman American AA-53 282Avión lixeiro monomotor

Notas