Hemo O

composto químico

O hemo O[1] é un tipo de grupo hemo asociado a proteínas, formado por un anel porfirínico cun átomo de ferro central. Está moi relacionado co hemo A, do que se diferencia en que ten un grupo metilo na posición 8 do anel en lugar do grupo formilo que presenta o hemo A. Non hai diferenza na cadea isoprenoide situada en posición 2, que é a mesma en ambos os dous.

Hemo O
Identificadores
Número CAS137397-56-9
PubChem6323367
MeSHheme+O
Propiedades
Fórmula molecularC49H58O5N4Fe
Masa molecular838,854 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O hemo O aparece en diversos organismos procariotas e eucariotas. O hemo O encontrado na bacteria Escherichia coli[2] funciona de maneira similar ao hemo A dos mamíferos na redución do oxíxeno.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • MeSH name - Heme O
  • Morrison MS, Cricco JA, Hegg EL. The biosynthesis of heme O and heme A is not regulated by copper. Biochemistry. 2005 Sep 20;44(37):12554-63. PMID 16156667. [1].
  • Khalimonchuk O, Kim H, Watts T, Perez-Martinez X, Winge DR. Oligomerization of heme o synthase in cytochrome oxidase biogenesis is mediated by cytochrome oxidase assembly factor Coa2. J Biol Chem. 2012 Aug 3;287(32):26715-26. doi: 10.1074/jbc.M112.377200. Epub 2012 Jun 5. PMID 22669974. [2]
  • W. Wu , C. K. Chang , C. Varotsis , G. T. Babcock , A. Puustinen , M. Wikstrom. Structure of the heme o prosthetic group from the terminal quinol oxidase of Escherichia coli. J. Am. Chem. Soc., 1992, 114 (4), pp 1182–1187. DOI: 10.1021/ja00030a009. Publication Date: febreiro 1992. [3]
  • Tatsushi Mogi. Over-Expression and Characterization of Bacillus subtilis Heme O Synthase. The Journal of Biochemistry. Acepted, 31 de xaneiro de 2009. [4]