Herbert A. Cahn

numismático xermano-suízo


Herbert Adolf Cahn, nado o 28 de xaneiro de 1915 en Frankfurt, Alemaña, e finado o 5 de abril de 2002 en Basilea, foi un numismático, arqueólogo e comerciante de moedas alemán nacionalizado suízo en 1949.[1][2][3]

Infotaula de personaHerbert Adolf Cahn
Nome orixinal(de) Herbert A. Cahn Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Herbert Adolph Cahn Editar o valor em Wikidata
28 de xaneiro de 1915
Frankfurt, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte5 de abril de 2002
Basilea
Suíza Suíza
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemán nacionalizado suízo.
EducaciónUniversidade de Frankfurt.
Coñecido porEstudos de numismática clásica.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Lugar de traballo Friburgo
Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmarchante de arte , arqueólogo , erudito clásico , historiador da arte , profesor universitario , numismático , arqueólogo clásico , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresErnst Pfuhl Editar o valor em Wikidata
Influencias en
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMathilde Vögeli (1949).
ParentesAdolph E. Cahn (avó)
Willy Schwabacher (curmán entregue)
Erich B. Cahn (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1971): Medalla da RNS.
- (1973): Jeton de Vermeil (SFN).
- (1978): Premio da SHMI.
- (1983): Medalla Huntington (ANS).
- (1995): Premio Otto Paul Wenger (VSB).

Traxectoria

Como comerciante de moedas

Herbert A. Cahn procedía dunha familia de comerciantes numismáticos de Frankfurt. Xa o seu avó, Adolph Emil Cahn (1840-1918), fundara en 1874 unha compañía dedicada á venda de moedas que chegou a organizar importantes poxas públicas. Posteriormente, o seu pai, Theodor Cahn (1877-1924) e o seu tío Julius Cahn (1871-1935) pasaron a dirixir o negocio ata a primeira guerra mundial.[4][5]

Herbert A. Cahn recibiu a súa primeira educación en Frankfurt, a primaria na escola Philanthropin e a secundaria no instituto Goethe-Gymnasium, onde se graduou en 1932. Nesa época de estudante tomou contacto co mundo da numismática e comezou xa a colaborar coa empresa familiar, correu a cargo da edición de diversos catálogos de poxas e venda de moedas.[1][2] Mesmo, aos 14 anos, publicou o seu primeiro artigo, sobre un denario inédito de Septimio severo.[5][6]

No mesmo 1932, Herbert comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Filoloxía Clásica na Universidade de Frankfurt, con profesores como Ernst Langlotz, e, logo da emigración forzada a Basilea en 1933 pola confesión xudía da súa familia, continuou os seus estudos na Universidade de Basilea, onde acadou o título de doutor en Arqueoloxía Clásica en 1940, baixo a dirección do profesor a Ernst Pfuhl, cunha tese sobre a moeda de Naxos (Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos).[1][2][7][8]

En 1933 asociouse co seu irmán, Erich B. Cahn, para crear a compañía Münzhandlung Basel, reconvertida en 1942 en Münzen und Medaillen AG, que chegou a se converter nunha das entidades de venda de moedas máis importantes do mundo.[1][9] O negocio abranguía non só as moedas senón tamén as antigüidades e, despois de 1988, Herbert Cahn separou esta parte da compañía a unha de nova creación denominada H. A.C. Kunst der Antike, que chegou a ser tamén unha das empresas punteiras no comercio das antigüidades e dos obxectos de arte a nivel internacional.[2][10]

Como numismático académico

Paralelamente ao seu labor comercial, Herbert Cahn mantivo permanentemente a súa conexión co aspecto científico da numismática antiga e da arqueoloxía clásica. De feito, en 1965 converteuse en profesor de Numismática Antiga da Universidade de Heidelberg e en 1971 foi nomeado profesor emérito.[1] A partir de 1983 desenvolveu a súa actividade docente na Universidade de Friburgo.[2][11]

Xunto con Karl Schefold e Otto Rubensohn, participou en 1956 na fundación da Sociedade dos Amigos da Arte Antiga (Vereinigung der Freunde Antiker Kunst) e en 1960 na mostra "Obras Mestras da Arte Grega" (Meisterwerke griechischer Kunst), celebrada en Basilea. Esta exposición foi o xermolo da fundación do Antikenmuseum Basel, na mesma cidade, que abriu as súas portas en 1966. De 1970 a 1986 foi membro do consello de dirección da Sociedade Suíza de Numismática (Schweizerische Numismatische Gesellschaft). Entre 1949 e 1964 foi redactor de Schweizer Münzblätter e, de 1981 a 1987, de Schweizerische Numismatische Rundschau.[1][2][12]

O seu principal foco de atención foi a numismática grega; os seus traballos sobre as moedas de Naxos e Cnido seguen a ser obras de referencia.[2] Tamén é autor de publicacións noutras moitas áreas da numismática antiga, así como sobre vasos gregos e sobre outros aspectos da arte da Antigüidade. De xeito privado, Herbert Cahn coleccionou fragmentos de vasillas antigas e reuniu unha das coleccións máis grandes e importantes do mundo, que ofrece unha visión xeral da cerámica antiga.[13]

Cahn foi un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais en 1951 e tamén formou parte da Comisión Internacional de Numismática, de cuxo boletín foi o primeiro editor, en 1980.[14]

Vida familiar

En 1949, Herbert Cahn adquiriu a nacionalidade suíza e casou con Mathilde Vögeli.[1][2] A súa filla, Miriam Cahn, nada no mesmo 1949, é unha recoñecida artista visual;[15] o seu fillo, Jean-David Cahn, nado en 1961, continúa a tradición do seu pai traballando como anticuario en Basilea.[16]

Recoñecementos

En 1985, co gallo do seu septuaxésimo aniversario, Herbert Cahn Foi obxecto da publicación dun libro de homenaxe publicado polo Círculo Numismático de Basilea.[17]

Premios

Publicacións

Herbert Cahn foi autor de numerosos artigos publicados en revistas numismáticas e arqueolóxicas da súa época, e tamén dalgúns traballos monográficos. Velaquí unha escolma das súas monografías máis salientables:[23][24][25][26][27][28][29]

  • (1944). Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos. Ein Beitrag zur Kunstgeschichte des griechischen Westens. Birkhäuser, Basilea.
  • (1945). Frühhellenistische Münzkunst. Amerbach, Basilea.
  • (1947). Griechische Münzen archaischer Zeit. Amerbach, Basilea.
  • (1970). Knidos. Die Münzen des 6. und des 5. Jahrhunderts vor Christus. de Gruyter, Berlín.
  • (1975). Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía