Hydrangea

xénero de plantas

Hortensias
(xénero Hydrangea)
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Cornales
Familia:Hydrangeaceae
Subfamilia:Hydrangeoideae
Tribo:Hydrangeeae
Xénero:Hydrangea
Especies

Véxase no texto

Hydrangea é un xénero que inclúe unhas 100 especies de plantas de flor nativas do sur e leste de Asia así como tamén propias de Norteamérica e Suramérica, son coñecidas normalmente coma hortensias. En Galiza é común a especie Hydrangea macrophylla como planta ornamental.

Planta da hortensia con flores lilas, preto da cidade de Lugo, no verán de 2009.
Folla de hortensia

Características

A meirande parte das hortensias son arbustos de entre 1 e 3 metros de altura, mais algunhas son árbores cativas, e mesmo outras son parras que cadan os 30 metros trepando polas árbores cara a arriba. Poden ser de follas caducas ou de follas perennes, non obstante as máis amplamente cultivadas, que son especies de climas mornos, son de folla caduca. Producen flores dende o inicio da primavera até finais do outono que se dispoñen nos extremos dos talos. Estas flores poden ser rosas, brancas, azuis, e doutras cores intermedias, dependendo en parte do pH do solo. Pódese forzar a coloración rosada das flores, usando fertilizantes ricos en nitróxeno e fósforo e pobres en potasio, mentres que se se desexan flores azuis, os fertilizantes han ser ricos en potasio e pobres en nitróxeno e fósforo. A floración azul tamén pode requirir a achega de adubos acidificantes tales como: sulfato amónico, nitrato amónico, sulfato potásico etc. Tamén se pode engadir sulfato de aluminio se as medidas anteriores son insuficientes. A coloración rosa conseguirase con adubos alcalinos, coma nitrato de calcio. A adición coidadosa de carbonato sódico ao solo pode producir unha floración multicolor.

As hortensias atópanse entre as escasas plantas que acumulan aluminio. Obteñen o aluminio dos solos acedos, e forman complexos na flor que lles proporciona a súa cor azul.

Especies

Hai arredor de 100 especies no xénero Hydrangea. Entre as especies seleccionadas inclúense:

  • Hydrangea anomala Himalaia, sueste China.
  • Hydrangea arborescens Leste Norte América.
  • Hydrangea aspera. China, Himalaia.
  • Hydrangea bretschneideri. China.
  • Hydrangea candida. China.
  • Hydrangea caudatifolia. China.
  • Hydrangea chinensis. China.
  • Hydrangea chungii. China.
  • Hydrangea cinerea Leste dos Estados Unidos.
  • Hydrangea coacta. China.
  • Hydrangea coenobialis. China.
  • Hydrangea davidii. China.
  • Hydrangea dumicola. China.
  • Hydrangea gracilis. China.
  • Hydrangea heteromalla. Himalaia, China.
  • Hydrangea hirta. Xapón.
  • Hydrangea hypoglauca. China.
  • Hydrangea integrifolia. China.
  • Hydrangea involucrata. Xapón, Taiwán.
  • Hydrangea kawakamii. Taiwán.
  • Hydrangea kwangsiensis. China.
  • Hydrangea kwangtungensis. China.
  • Hydrangea lingii. China.
  • Hydrangea linkweiensis. China.
  • Hydrangea longifolia. China.
  • Hydrangea longipes. Oeste da China.
  • Hydrangea macrocarpa. China.
  • Hydrangea macrophylla Sur do Xapón, Corea .
  • Hydrangea mangshanensis. China.
  • Hydrangea paniculata China, Xapón, Corea, Sakhalin.
  • Hydrangea petiolaris Xapón, Corea, Sakhalin.
  • Hydrangea quercifolia Estados Unidos.
  • Hydrangea radiata'. Os Estados Unidos.
  • Hydrangea robusta. A China, Himalaia.
  • Hydrangea sargentiana. Oeste da China.
  • Hydrangea scandens. O Xapón e sur de Filipinas.
  • Hydrangea serrata. O Xapón, Corea.
  • Hydrangea serratifolia. Chile, a Arxentina.
  • Hydrangea stenophylla. A China.
  • Hydrangea strigosa. A China.
  • Hydrangea stylosa. China.
  • Hydrangea sungpanensis. China.
  • Hydrangea xanthoneura. China.
  • Hydrangea zhewanensis. China.

Cultivo e usos

As hortensias cultívanse dende tempos remotos coma planta ornamental no Xapón, e dende mediados do século XIX tamén de xeito extensivo noutras áreas do mundo con climas temperados, sendo moi común na xardinaxe galega particular. É unha planta ornamental moi popular polas súas enormes cabezas florais, sendo a especie H. macrophylla con moito a máis amplamente cultivada con preto de 600 cultivares coñecidos. A poda regular evita que o arbusto medre demasiado.

Na cultura popular dalgúns lugares dique a Hydrangea atrae os mortos ou a morte.

Outras variedades soamente florean en talos vellos.

Os xardineiros adoitan determinar a cor das flores engadindo determinados tipos de fertilizantes para alterar a acidez do solo.

Algunhas variedades populares de Hydrangea son:

  • 'Beaute Vendomoise' (giant lacecap)
  • 'Blue Bonnet'
  • 'Blue Wave'
  • 'Bluebird'
  • 'Endless Summer (floración perpetua)
  • 'Forever Pink'
  • 'Lilicana'
  • 'Nikko Blue'
  • 'Pia' (anana)
  • 'Veitchii'

A rega é no período primavera verán, as regas teñen que ser abondosas e frecuentes, de xeito que o substrato estea sempre húmido para que as flores non muchen. A reprodución da hortensia multiplícase por cortes das pólas trala floración. Os insectos que afectan á hortensia son o pulgón e maila araña vermella. Para eliminar o primeiro aplícase un insecticida específico, e para combater a segunda utilizaremos un acaricida. As enfermidades tamén poden ser un obstáculo para o desenvolvemento da planta. Fungos, coma o oídio, producen a podremia do exemplar, ou danos nas follas. Para solucionar o problema, aplicaremos un funxicida.Outra enfermidade é a clorose, que se produce por un pH demasiado alto, o que comporta falta de ferro no substrato. Ollámolo polo ton amarelento das follas. Para combatelo aplicaremos un produto específico, rico en ferro.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: