Ian Burgess

Ian Burgess nado o 6 de xullo de 1930 e finado o 19 de maio de 2012 era un piloto de carreiras británico, nado en Londres. Participou en 20 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un,[1] debutou o 19 de xullo de 1958, e numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de campionato. Non logrou anotou ningún punto para o campionato.

Infotaula de personaIan Burgess
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1930 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Harrow, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1958–1963), piloto de automobilismo , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 EquipoVehículo empregado
-Cooper Car Company
-Scuderia Centro Sud
-Scirocco-Powell
-Casner Motor Racing Division (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Andaina

Burgess comezou a competir en 1950 cun Cooper de Fórmula 3 e tivo unha exitosa tempada en 1951 incluíndo unha vitoria en Nürburgring antes de pasar aos coches deportivos e Fórmula Dúas, onde tivo menos éxito.[2]

Burgess comezou a traballar para Cooper, tanto na súa fábrica como na escola dos seus pilotos situada en Brands Hatch e correu nun coche oficial de Fórmula 2 en 1957, cando alcanzou o cuarto lugar na Oulton Park Gold Cup.[2] Isto levouno a pilotar co equipo de Tommy Atkins en 1958, cunha máquina similar. Gañou en Crystal Palace e Snetterton e logrou o cuarto posto en Reims e Montlhéry. Con todo, unha perna rota en AVUS puxo fin á súa tempada, pero non antes de que fixera o seu debut na Fórmula Un con Cooper no Gran Premio do Reino Unido.

Burgess regresou en 1959 pilotando un Cooper T51- Maserati da Scuderia Centro Sud, a súa mellor posición final foi sexto no Gran Premio de Alemaña. Continuou co equipo en 1960 con pouco éxito.

Para 1961 incorporouse ao equipo americano Camoradi International, competindo en cinco Grandes Premios (tres saídas) cun mellor resultado de 12º no Gran Premio de Alemaña.[2] Trasladouse ao equipo Anglo American Equipe en 1962 competindo en tres Grandes Premios, o deu mellor final foi 11º. 1963 foi o seu último ano nas carreiras e competiu en dous Grandes Premios co equipo Scirocco-Powell, retirándose en ambos.[2]

Burgess morreu en Harrow, aos 81 anos de idade.[3]

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnorEquipoChasisMotor1234567891011Pos.Puntos
1958Cooper Car CompanyCooper T45Climax 4 en liñaARXMONNED500BELFRAGBR
Ret
NC0
High Efficiency MotorsCooper T43 (F2)ALE
7
PORITAMAR
1959Scuderia Centro SudCooper T51Maserati 4 en liñaMON500NEDFRA
Ret
GBR
Ret
ALE
6
PORITA
14
USANC0
1960Scuderia Centro SudCooper T51Maserati 4 en liñaARXMON
NSC
500NEDBELFRA
10
GBR
Ret
PORITAUSA
Ret
NC0
1961Camoradi InternationalLotus 18Climax 4 en liñaMONNED
NTS
BEL
NTS
FRA
14
GBR
14
NC0
Cooper T53ALE
12
ITAUSA
1962Anglo American EquipeCooper T53Climax 4 en liñaNEDMONBELFRAGBR
12
ALE
11
ITA
NSC
USARSANC0
1963Scirocco-PowellScirocco 02BRM V8MONBELNEDFRAGBR
Ret
ALE
Ret
ITAUSAMEXRSANC0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas