James Augustine

baloncestista estadounidense

James Augustine, nado o 27 de febreiro de 1984 en Midlothian, Illinois, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Mide 2.08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.

James Augustine
Información persoal
Nacemento27 de febreiro de 1984 (40 anos)
Illionois Midlothian, Illinois
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial108 kg (238 lb)
PosiciónAla-pivote
Información da carreira
InstitutoLincoln-Way Central
(New Lenox, Illinois)
UniversidadeIllinois (2002–2006)
NBA Draft2006 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Orlando Magic
Carreiradende 2006
Historial de equipos
Orlando Magic (2006–2008) NBA
CB Gran Canaria (2008–2010)
Power Electronics Valencia (2010–2011)
UCAM Murcia (2011–2012)
BC Khimki (2012–2016)
CSKA Moscova (2016–2017)
Unicaja Málaga (2017–2018)

Traxectoria profesional

Augustine foi seleccionado na 41ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Orlando Magic. En agosto de 2008, tras xogar dúas tempadas na NBA en Orlando e no seu afiliado na NBA Development League, Augustine fichou polo CB Gran Canaria da Liga ACB.[1] O 30 de xullo de 2010, asinou un contrato dun ano co Power Electronics Valencia.[2] En agosto de 2011, fichou polo UCAM Murcia.[3]

En maio de 2012, deixou a ACB e fichou polo BC Khimki ruso.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas