Jerryd Bayless

baloncestista estadounidense

Jerryd Andrew Bayless, nado o 20 de agosto de 1988 en Phoenix (Arizona), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA). Mide 1,91 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.

Jerryd Bayless
Sichuan Blue Whales
PosiciónBase / Escolta
LigaCBA
Información persoal
Nacemento20 de agosto de 1988 (35 anos)
Phoenix (Arizona)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial91 kg (200 lb)
Información da carreira
InstitutoSt. Mary's (Phoenix, Arizona)
UniversidadeArizona (2007–2008)
NBA Draft2008 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Indiana Pacers
Carreiradende 2008
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2008–2010)
New Orleans Hornets (2010)
Toronto Raptors (2010–2012)
Memphis Grizzlies (2012–2014)
Boston Celtics (2014)
Milwaukee Bucks (2014–2016)
Philadelphia 76ers (2016–2018)
Minnesota Timberwolves (2018–2019)
Sichuan Blue Whales (2019–presente)

Traxectoria profesional

Bayless foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Indiana Pacers. Os Portland Trail Blazers adquiriron os dereitos de Bayless xunto a Ike Diogu de Indiana a cambio dos dereitos de Brandon Rush, que fora elixido na 13ª posición, xunto a Jarrett Jack e Josh McRoberts. O acordo foi completado o 26 de xuño de 2008, pero foi anunciado o 9 de xullo de 2008.

O 23 de outubro de 2010, Bayless foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio dunha elección condicionada de primeira rolda do Draft.[1]

O 20 de novembro de 2010, Bayless foi traspasado ós Toronto Raptors xunto a Peja Stojaković, a cambio de Jarrett Jack, Marcus Banks e David Andersen.[2]

O 13 de xullo de 2012, Bayless asinou un contrato de varios anos cos Memphis Grizzlies.[3]

O 7 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre os Grizzlies, os Boston Celtics, e os Oklahoma City Thunder. Memphis traspasou a Bayless a Boston, e eleccións de segunda rolda do Draft de 2014 e 2017 a Oklahoma City, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2016, e Courtney Lee dos Celtics. Coma parte da operación, Ryan Gomes foi tamén traspasado dos Thunder ós Celtics.[4]

O 31 de xullo de 2014, Bayless fichou polos Milwaukee Bucks.[5]

O 12 de novembro de 2018, Bayless foi traspasado xunto a Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas