Kenneth Anger

Kenneth Wilbur Anglemeyer, nado en Santa Monica (California) o 3 de febreiro de 1927 e finado en Yucca Valley (California), o 11 de maio de 2023,[1] foi un director de cinema underground, autor e actor estadounidense.

Infotaula de personaKenneth Anger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Kenneth Wilbur Anglemyer Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 2023 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Yucca Valley, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnostic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme experimental (pt) Traducir, documental, literatura científica (pt) Traducir e Vangardas Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Os Ánxeles
Italia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , escritor , realizador , cineasta , documentalista , montador , guionista , produtor de cinema , director de cinema , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor em Wikidata - década de 2010 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte erótica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioKenneth Anger Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Páxina webkennethanger.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001910 Allocine: 4336 Rottentomatoes: celebrity/kenneth_anger Allmovie: p79721 TCM: 344035
BNE: XX1118711 Musicbrainz: a4b69979-7728-41db-ade3-30e0ac3fa410 Discogs: 831806 Allmusic: mn0000635713 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Anger é coñecido polos seus filmes experimentais, nos que non buscaba alcanzar o éxito comercial. Especializouse en curtametraxes, facendo desde 1937 máis de corenta filmes, gañando fama coma un dos cineastas máis influentes do cinema independente.

Moi frecuentemente os seus filmes mesturan elementos do surrealismo co homoerotismo e o ocultismo. Os seus filmes tamén foron descritos como "contidos de erotismo, documental, psicodrama e espectáculo". Anger describiuse a si mesmo como sendo "un dos primeiros cineastas homosexuais dos Estados Unidos, e, certamente, o primeiro que traballou coa homosexualidade de forma nada discreta. Algúns dos seus principais filmes homoeróticos, tales como Fireworks (1947) e Scorpio Rising (1964), foron producidos a favor da legalización da homosexualidade nos Estados Unidos. Concentrouse tamén nos temas do ocultismo, tornándose obcecado polo famoso ocultista inglés Aleister Crowley. El mesmo, máis tarde, volveuse tamén seguidor da Thelema, a relixión de Crowley. Esta influencia é bastante evidente en filmes como Inauguration of the Pleasure Dome (1954), Invocation of My Demon Brother (1969) e, principalmente, Lucifer Rising (1972).

Anger dixo que os cineastas franceses Auguste e Louis Lumière e Georges Méliès son as súas influencias, e dixo tamén que foron unha forte influencia nos traballos de cineastas contemporáneos, como Martin Scorsese, David Lynch e John Waters. Ademais dixo tamén que causou "un impacto profundo no traballo de moitos cineastas e artistas".

Durante a década de 1960 e 1970 traballou e asociouse con diversos famosos da cultura popular e do ocultismo, incluíndo Anton LaVey (fundador da Igrexa de Satán), o sexólogo Alfred Kinsey, o artista Jean Cocteau, o dramaturgo Tennessee Williams e músicos como Mick Jagger, Keith Richards, Jimmy Page e Marianne Faithfull.

Kenneth Anger é tamén o autor dos controvertidos best-séllers Hollywood Babylon (1959) e a súa secuela Hollywood Babylon II (1986), nos que expón varios rumores e segredos sobre as celebridades de Hollywood.

Filmografía

AnoTítuloDuraciónNotas
1937Ferdinand the BullFilme perdido.
1941Who Has Been Rocking My Dreamboat 7 minFilme mudo en branco e negro no que Anger filmou doce nenos en Santa Monica, intercalando imaxes de guerra e destrución. O filme remata cando unha néboa enche todo o escenario e todos os nenos caen, aparentemente mortos.
1941–42Tinsel Tree3 minFilme mudo en branco e negro no que aparece o propio Anger.
1942Prisoner of Mars11 minFilme mudo en branco e negro que mestura ciencia ficción co mito grego do Minotauro.
1943The Nest20 minFilme mudo en branco e negro no que un irmán (interpretado por Bob Jones) e unha irmá (interpretada por Jo Whittaker) están examinando espellos cando unha terceira persoa (Dare Harris) aparece, facéndolles reaccionaren violentamente un co outro.
1944Demigods (Escape Episode)35 minFilme mudo en branco e negro, baseado no mito grego de Andrómeda, no que unha rapaza, Marilyn Granas, é aprisionada nas ruínas dunha igrexa neogótica, vixiada por diversos fanáticos relixiosos, ata que a salva un rapaz (Bob Jones), que representa a Perseo.
1945Drastic Demise5 minFilme mudo en branco e negro no que Anger filma en Hollywood o día da vitoria contra o Xapón.
1946Escape Episode27 minVersión curta de Demigods (Escape Episode), que mostra un poema de Alexander Scriabin sobre o Ecstasy, sobreposto ao barullo de paxaros, vento e mar.
1947Fireworks15 minFilmado en branco e negro, é un traballo homoerótico a través dos ollos do protagonista, interpretado polo propio Kenneth Anger.
1949Puce Moment6 minFilmado en cores, mostra a Yvonne Marquis na súa casa, no papel dunha celebridade. A música é de Jonathan Halper, e o filme termina con Yvonne Marquis experimentando perfumes e vestidos.
1949The Love That WhirlsDescoñecidoInfluenciado polo texto antropolóxico de James Frazer, o filme se concentra na civilización azteca, e mostra un mozo que é escollido para ser rei durante un ano antes de ser sacrificado nun ritual. Debido ao seu tema e contido explícito, que mostra nudez, o filme foi destruído pola Eastman-Kodac.
1950Rabbit's Moon16 mins (1972) e 7 mins (1979)Filmado en 35 mm, o filme mostra un pequeno clareiro arborizado onde vive un pallaso, que decide ir á lúa, onde vive un coello.
1951–52Les Chants de MaldororDescoñecidoFilme baseado na novela Le Comte de Lautreamont, de Isidore Ducasse.
1953Eaux d'Artifice12 min
1953Le Jeune Homme et la MortDescoñecidoBaseado nunha peza de Jean Cocteau, este filme mudo en branco e negro ten a Jean Babilee no papel do mozo e a Nathalie Philipart no papel da morte. Foi filmado en 16 mm, pois os produtores querían conseguir fondos para facer unha versión en cores en 35mm que nunca se concretou.
1954Inauguration of the Pleasure Dome38 min
1955Thelema Abbey10 minDocumental sobre o mosteiro de Thelema de Aleister Crowley, en Sicilia.
1961L'Histoire d'O20 minBaseado na novela Histoire d’O, de 1954, escrita por Pauline Réage.
1963Scorpio Rising29 min
1965Kustom Kar Kommandos3 minFilme en cores.
1969Invocation of My Demon Brother12 min
1970–1980Lucifer Rising29 min
1976Senators in BondageFilme perdido.
1977Matelots en MenottesFilme perdido.
1979Denunciation of Stan Brakhage7 minFilme perdido.
2000Don't Smoke That Cigarette!
2002The Man We Want to Hang12 min
2004Anger Sees Red4 min
2004Patriotic Penis
2005Mouse Heaven11 minMontaxe de recordos de Mickey Mouse, dos anos 20 aos 30, acompañado por música de jazz.
2007Elliott's Suicide15 min
2007I'll Be Watching You5 min
2007My Surfing Lucifer4 minFilme mudo en cores.
2008Death42 s
2008Foreplay7 min
2008Ich Will!35 min
2008Uniform Attraction21 min
2010Missoni2 min 32 s

Bibliografía

YearTitleOther
1959Hollywood Babylon
1961A History of EroticismIntrodución ao libro de Lo Duca.
1970Atlantis: The Lost ContinentIntrodución ao libro de Aleister Crowley.
1986Hollywood Babylon II
2001Suicide in the Entertainment IndustryCon David K. Frasier.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hutchinson, Alice L. (ed). 2004. Kenneth Anger. Black Dog Publishing Ltd. ISBN 978-1-904772-03-3
  • Hunter, Jack (ed). 2002. Moonchild. The Films of Kenneth Anger: Persistence of Vision Volume 1. Londres: Creation Books. ISBN 978-1-84068-029-4
  • Pilling, Jayne and O'Pray, Michael. 1989. Into The Pleasure Dome: The Films Of Kenneth Anger. Londres: BFI.
  • Landis, Bill. 1995. Anger: The Unauthorized Biography of Kenneth Anger. ISBN 978-0-06-016700-4
  • Lazar, Zachary, Sway, Little, Brown (2008), ISBN 0-316-11309-3

Ligazóns externas