MarShon Brooks

baloncestista estadounidense

MarShon Scitif Brooks, nado o 26 de xaneiro de 1989 en Long Branch, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Marshon Brooks
Axente libre
PosiciónEscolta / Ala
LigaNBA
Información persoal
Nacemento26 de xaneiro de 1989 (35 anos)
Long Branch, Nova Jersey
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial91 kg (200 lb)
Información da carreira
InstitutoTucker (Tucker, Georgia)
UniversidadeProvidence (2007–2011)
NBA Draft2011 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Boston Celtics
Carreiradende 2011
Historial de equipos
New Jersey / Brooklyn Nets (2011–2013)
Boston Celtics (2013–2014)
→ Maine Red Claws (2014)
Golden State Warriors (2014)
→ Santa Cruz Warriors (2014)
Los Angeles Lakers (2014)
Olimpia Milano (2014–2015)
Jiangsu Dragons (2015–2018)
Memphis Grizzlies (2018–2019)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2012)
Información en nba.com

Traxectoria profesional

New Jersey / Brooklyn Nets

Brooks foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Boston Celtics. Os Celtics traspasaron a Brooks aos New Jersey Nets a cambio da 27ª posición do Draft de 2011, JaJuan Johnson, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014. Asinou o seu contrato polos Nets o 9 de decembro de 2011.

Boston Celtics

Brooks foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013 como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[1]

O 1 de xaneiro de 2014, foi asignado ós Maine Red Claws da NBA Development League.[2] O 9 de xaneiro foi chamado de volta polos Celtics.[3]

Golden State Warriors

O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Brooks e a Jordan Crawford ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[4]

Los Angeles Lakers

O 19 de febreiro de 2014, Brooks foi traspasado xunto a Kent Bazemore ós Los Angeles Lakers, a cambio de Steve Blake.[5]

En xullo de 2014, Brooks uniuse ós Sacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2014.[6]

Olimpia Milano

O 8 de agosto de 2014, Brooks asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano da Lega Basket Serie A.[7][8]

Volta á NBA

O 3 de xaneiro de 2019, Brooks foi traspasado ós Chicago Bulls xunto Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Justin Holiday.[9] Foi cortado o 7 de xaneiro polos Bulls sen chegar a debutar.[10]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas