Morcego de Bechestein

O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.

Morcego de Bechestein
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Chiroptera
Suborde:Microchiroptera
Familia:Vespertilionidae
Subfamilia:Myotinae
Xénero:Myotis
Especie:'M. bechsteinii'
Nome binomial
'Myotis bechsteinii'
Kuhl, 1817

Sinonimia
  • favonicus, Thomas, (1906).
  • ghidinii, Fatio, (1902).

Descrición

Tamaño mediano (O: 23,0-26,0 mm;Ps: 7,0-14,0 g.). Orellas anchas e longas, maiores ca noutros Myotis, separadas na base ao contrario que en Plecotus, con nove pregues transversais no bordo externo e grolo longo en forma de lanceta.

Pelame longo, dorso pardo escuro e ventre gris claro. Crías de cor gris claro. Esporón recto de lonxitude 1/3-1/2 do uropatagio. Última vértebra caudal libre. Plagiopatagio comeza na base dos dedos. Fórmula dentaria: (2.1.3.3/3.1.3.3.)

Distribución

Mapa de distribución europea

Pode atoparse nos seguintes países: Austria, Armenia, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Irán, Italia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Moldavia, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína, e o Reino Unido.

Hábitat

Os morcegos rateiros forestais habitan en bosques axeitados para o seu desenvolvemento, os cales deben comprender polo menos vinte e cinco hectáreas. Moi poucas ocasións poden ser vistos fóra destes bosques.

A distribución no Reino Unido deste morcego foi analizada pola Rede de Biodiversidade Nacional.[2]

Frecuentemente aniñan en troncos ocos ou en buracos producidos polos paxaros carpinteiros, en carballos e en freixos, os cales parecen ser os máis comúns.

Protección

Este animal está protexido baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza provocou que os bosques que albergan á especie fosen considerados para pasar a ser sitios de interese científico especial e poderían obter unha bolsa de parte de Natural England para garantir a protección.

Ecolocación

As frecuencias empregadas por esta especie de morcegos varían entre 35–108 kHz. As súas chamadas ecolocalizadoras acadan o seu máximo de enerxía en 61 kHz e teñen unha duración media de 3,3 ms.[3][4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas