Na calor da noite

filme de 1967 dirixido por Norman Jewison

Na calor da noite (en inglés: In the Heat of the Night) é un filme estadounidense de drama e misterio dirixido por Norman Jewison que se estreou en 1967. Baséase na novela de John Ball In the Heat of the Night e conta a historia de Virgil Tibbs, un policía negro de Filadelfia, que se involucra nunha investigación de asasinato nunha pequena vila de Mississippi. O guión é obra de Stirling Silliphant.

Na calor da noite
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalIn the Heat of the Night
DirectorNorman Jewison
ProdutorWalter Mirisch
GuiónStirling Silliphant
Baseado ennovela de John Ball
IntérpretesSidney Poitier
Rod Steiger
MúsicaQuincy Jones
FotografíaHaskell Wexler
MontaxeHal Ashby
EstudioThe Mirisch Corporation
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 2 de agosto 1967
Galicia 25 de febreiro de 2000 (TVG)
Duración109 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e misterio
Orzamento$2 000 000[2]
Recadación$24 300 000[3]
Na rede
IMDB: tt0061811 Filmaffinity: 927333 Allocine: 42379 Rottentomatoes: m/in_the_heat_of_the_night Mojo: intheheatofthenight Allmovie: v24638 TCM: 17602 Metacritic: movie/in-the-heat-of-the-night Netlix: 60003605Editar o valor em Wikidata

O filme gañou cinco premios Oscar, incluíndo os premios de mellor filme e mellor actor. Tivo dúas secuelas, They Call Me Mister Tibbs! en 1970, e The Organization en 1971. En 1988, tamén se converteu na base dunha serie de televisión do mesmo nome. En 2002, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse en galego o 25 de febreiro de 2000 a través da TVG.[4]

Personaxes

  • Sidney Poitier como Detective Virgil Tibbs
  • Rod Steiger como Xefe de Polícia Bill Gillespie
  • Warren Oates como Sarxento Sam Wood
  • Lee Grant como Leslie Colbert
  • Larry Gates como Eric Endicott
  • James Patterson como Lloyd Purdy
  • William Schallert como Prefecto Webb Schubert
  • Beah Richards como Mama Caleba
  • Peter Whitney como CPL. George Courtney
  • Kermit Murdock como H.E. Henderson
  • Larry D. Mann como Watkins
  • Quentin Dean como Delores Purdy
  • Anthony James como Ralph Henshaw
  • Arthur Malet como Ted Ulam (axente funerario)
  • Scott Wilson como Harvey Oberst (sospeitoso de asasinato)
  • Matt Clark como Packy Harrison
  • Eldon Quick como Charlie Hawthorne (fotógrafo)
  • Harry Dean Stanton (acreditado como Dean Stanton) como policía
  • Jester Hairston como Henry (mordomo de Endicott)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas