Haskell Wexler

Haskell Wexler, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1922 e finado en Santa Monica (California) o 27 de decembro de 2015 foi un director de fotografía, produtor e director de cinema estadounidense. Foi considerado un dos máis influentes directores de fotografía da historia.[1]

Infotaula de personaHaskell Wexler

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley
Roger C. Sullivan High School (en) Traducir
Francis W. Parker School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de fotografía , cámara , actor , guionista , director de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor em Wikidata -
LinguaInglés estadounidense e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMark Wexler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhaskellwexler.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005549 Allocine: 41491 Allmovie: p116529
Discogs: 3039267 Find a Grave: 156414971 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Wexler naceu en Chicago en 1922, nunha familia xudía.[2] Tras un ano na Universidade de California, Berkeley decidiuse converterse en cineasta. En Chicago realizou varios documentais, como The Living City, que foi candidato ao Oscar á mellor curtametraxe documental.

En 1947 converteuse en axudante de cámara, traballando en documentais, docudramas e anuncios para a televisión. En 1963 traballou por primeira vez nun filme de grande orzamento, América, América, de Elia Kazan.

Foi candidato ao Oscar á mellor fotografía en cinco ocasións, e gañouno por ¿Quen teme a Virginia Woolf? (1966) e Bound for Glory (1976). Este último foi o primeiro filme no que se empregou a Steadicam.

Wexler tamén dirixiu filmes como Medium Cool (1969), Latino (1985) e From Wharf Rats to Lords of the Docks (2007).[3]

Filmografía

  • Stakeout on Dope Street, 1958
  • The Savage Eye, 1960
  • Hoodlum Priest, 1961
  • Angel Baby, 1961
  • Face in the Rain, 1963
  • América, América, 1963
  • The Best Man, 1964
  • The Loved One, 1965 (also producer)
  • ¿Quen teme a Virginia Woolf?, 1966
  • Na calor da noite, 1967
  • O caso Thomas Crown, 1968
  • Medium Cool, 1969 (tamén director e guionista)
  • American Graffiti, 1973 ("Visual Consultant")
  • Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975
  • Bound for Glory, 1976
  • O regreso, 1978
  • Days of Heaven, 1978
  • Second-Hand Hearts, 1981
  • Lookin' to Get Out, 1982
  • The Man Who Loved Women, 1983
  • Matewan, 1987
  • Colors, 1988
  • Three Fugitives, 1989
  • Blaze, 1989
  • Other People's Money, 1991
  • The Babe, 1992
  • The Secret of Roan Inish, 1994
  • Canadian Bacon, 1995
  • Mulholland Falls, 1996
  • The Rich Man's Wife, 1996
  • Limbo, 1999
  • 61*, 2001
  • Silver City, 2004
  • The Writer with No Hands, 2014 (cameo)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas