Nardo

Nardo

Lámina dun nardo a rosear
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Liliopsida
Subclase:Liliidae
Orde:Asparagales
Familia:Agavaceae
Xénero:Polianthes
Especie:P. tuberosa
Nome binomial
Polianthes tuberosa
L.

O nardo[1], tamén coñecido coma tuberosa ou vara de San Xosé (Polianthes tuberosa) é unha planta da familia do agave, nativa de América do Norte. Está estreitamente relacionada co xénero Manfreda.

Etimoloxía

O nome xenérico Polianthes significa "flor cinsenta".O nome específico deriva do latín tuberosa, é dicir, inchada ou tuberosa, en referencia ao seu sistema de raíces.

Os aztecas chamárona Omixochitl ou flor de óso.

A planta ten un lugar destacado na cultura india e na mitoloxía. As flores utilízanse nas cerimonias de voda, grilandas, decoración e diversos rituais tradicionais.

Distribución

É oriúnda do centro e do sur de México.

Descrición

A planta medra con alongadas espigas de até 45 cm de longo que producen acios de flores recendentes de cor cérea que florea dende a base cara a parte superior da espiga. Brillantes follas verdes agrupadas na base da planta e follas máis pequenas, ao longo do talo. As flores poden ser brancas ou de cor crema, úsase coma flor de corte e unha soa vara floral pode perfumar durante semanas un ambiente.

Das raíces da mesma extráese un óleo recendente que se emprega para facer perfumes, incenso e menciñas.

Sinonimia

  • Agave tuberosa (L.) Thiede & Eggli (1999), nom. illeg.
  • Agave polianthes Thiede & Eggli (2001).
  • Crinum angustifolium Houtt. (1780).
  • Tuberosa amica Medik. (1790).
  • Polianthes gracilis Link (1821).
  • Polianthes tuberosa var. gracilis (Link) Baker (1888).
  • Polianthes tuberosa f. plena Moldenke (1948). [2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Nardo índico (Nardostachys jatamansi)
🔥 Top keywords: