O pozo e o péndulo (filme)

filme de 1961 dirixido por Roger Corman

O pozo e o péndulo (en inglés: The Pit and the Pendulum)[4] é un filme estadounidense de 1961 dirixido por Roger Corman e protagonizado por Vincent Price, Barbara Steele, John Kerr e Luana Anders. O guión, escrito por Richard Matheson, está vagamente inspirado na historia curta homónima de Edgar Allan Poe, publicada en 1842. Ambientada no século XVI en España, a historia conta como un mozo inglés visita un castelo prohibido para investigar a misteriosa morte da súa irmá. Logo dunha serie de terroríficas revelacións, con aparicións de pantasmas e mortes violentas, o protagonista queda atrapado polo seu cuñado no dispositivo de tortura que dá nome ó filme.

O pozo e o péndulo
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Pit and the Pendulum
DirectorRoger Corman
ProdutorRoger Corman
GuiónRichard Matheson
Baseado en"O pozo e o péndulo" de Edgar Allan Poe
Intérpretes
MúsicaLes Baxter
FotografíaFloyd Crosby
MontaxeAnthony Carras
EstudioAlta Vista Productions
DistribuidoraAmerican International Pictures
Estrea 12 de agosto de 1961
Galicia 12 de agosto de 1991 (TVG)
Duración85 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento300 000 dólares
Recadación2 millóns de dólares[1][2]
204 570 entradas (Francia)[3]
Na rede
IMDB: tt0055304 Filmaffinity: 540473 Allocine: 19279 Rottentomatoes: m/1016369-pit_and_the_pendulum Allmovie: v38241 TCM: 86756 TV.com: movies/the-pit-and-the-pendulum-1961 Netlix: 60029993Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 12 de agosto de 1991 a través da TVG.[5]

Personaxes

  • Vincent Price como Nicholas/Sebastian Medina
  • John Kerr como Francis Barnard
  • Barbara Steele como Elizabeth
  • Luana Anders como Catherine Medina
  • Antony Carbone como doutor Leon

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas