Pablo Martinez

futbolista francés

Pablo Jean Antoine Martinez, nado en Orange, Vaucluse, o 21 de febreiro de 1989, é un futbolista francés, de ascendencia española. Xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.

Pablo Martinez
Información persoal
NomePablo Jean Antoine Martinez
Nacemento21 de febreiro de 1989
Lugar de nacementoMartigues
Altura1,82 m.
PosiciónDefensa central
Información de club
Club actualDeportivo da Coruña
Número16
Carreira xuvenil
2003–2007Nîmes
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2007–2009Mallorca B
2009–2010Uzès
2010–2011Martigues6(0)
2011–2013ES Uzès63(2)
2013–2016GFC Ajaccio94(1)
2016–2017Angers SCO9(0)
2017–2019Racing de Estrasburgo56(3)
2019–2022Nîmes63(2)
2022–Deportivo da Coruña41(1)
Na rede
Twitter: pama3721 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

De ascendencia española por parte de seu pai, con orixes en Alacant,[1] naceu na vila de Martigues, no departamento francés de Vaucluse.[2] Formouse como futbolista na canteira do Nîmes e en 2007 recalou en España para xogar co Mallorca B na Terceira División. Tras dúas campañas no club balear, aos 20 anos regresou a Francia e xogou no ES Uzès (2009-10), o FC Martigues (2010 -11) e de novo no ES Uzès (2011-13). Na súa segunda etapa no Uzès participou do primeiro ascenso da historia do club ao Championnat National, terceira categoría do fútbol francés, na tempada 2011/12. Debutou na categoría na campaña seguinte, disputando 32 encontros.

En xuño de 2013 fichou polo Gazélec Ajaccio, tamén do Championnat National.[3] Titular indiscutible na defensa do equipo durante os seguintes anos, logrou o ascenso na súa primeira campaña, despois de quedar terceiro na clasificación e de que o Luzenac AP, segundo clasificado, non cumprise os requisitos para ascender.[4] Debutou na Ligue 2 o 1 de agosto de 2014, nunha vitoria por 2-0 sobre o Valenciennes.[5] Na súa segunda tempada co club de Ajaccio conseguiu un segundo ascenso consecutivo, ao acabar o equipo na segunda posición, só por detrás do Troyes.

Debutou na Ligue 1 na primeira xornada da tempada 2015/16, ante o propio Troyes. Perdeu varias xornadas por lesión e rematou con 28 partidos a súa primeira tempada na elite, na que tres derrotas nos tres últimos encontros condenaron o Gazélec Ajaccio ao descenso. Pechou o seu paso polo club con 99 partidos oficiais e un gol.

En xuño de 2016 fichou polo Angers, tamén da máxima categoría,[6] club no que militou durante unha tempada. Nas seguintes dúas campañas xogou no Racing Club de Strasbourg,[7] co que se proclamou campión da Copa da Liga de Francia na tempada 2018/19. Para a tempada 2019/20, fichou polo Nîmes.[8] Militou no club occitano durante tres anos, o último deles na Ligue 2, despois de descender na 2020/21. Xogou co Nîmes un total de 65 encontros oficiais, nos que marcou 2 goles.

Durante a súa carreira disputou un total de 126 encontros na Ligue 1, 120 deles como titular, nos que marcou 5 goles e repartiu 6 asistencias.

O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.[9] Non tivo minutos nos primeiros partidos da tempada, ante a dupla de centrais titulares formada por Jaime e Lapeña, e tivo que esperar ata o 28 de setembro para debutar co club galego, xogando de titular ante o Talavera en Riazor.[10] Co paso das xornadas acabou por converterse nun titular indiscutible e no mellor defensor do equipo, xogando de central e en ocasións de lateral esquerdo. Disputou un total de 30 partidos na súa primeira tempada en Galicia, 29 deles como titular, e participou co equipo na frustrada promoción de ascenso, caendo ante o Castellón.[11]

Notas