Adrián Lapeña

futbolista español

Adrián Lapeña Ruiz, nado en Logroño o 16 de abril de 1996, é un futbolista español que xoga de defensa central no Córdoba CF da Primeira División RFEF.

Lapeña
Información persoal
NomeAdrián Lapeña Ruiz
Nacemento16 de abril de 1996
Lugar de nacementoLogroño
Altura1,82 m.
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualCórdoba CF
Carreira xuvenil
Balsamaiso
Valvanera
–2014Real Sociedad
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2014–2015Berio32(0)
2015–2019Real Sociedad B109(6)
2019–2020Eupen2(0)
2020–2021Castellón35(3)
2021–2023Deportivo da Coruña63(4)
2023–Córdoba0(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Natural de Logroño, comezou xogando nas categorías inferiores do Balsamaiso, equipo que por entón xogaba no colexio onde Adrián estudaba (Las Gaunas). Despois de nove anos anos no club, no seu paso á categoría de cadete foi recrutado polo Valvanera, equipo do cal deu o salto á Real Sociedade.

Na Real comezou a xogar de defensa central, xa que anos atrás debido ao seu poderío físico, xogaba en posicións do medio campo. Pasou por todas as etapas de xuvenil na Real e chegou a marcar gol na final da Copa de Campións de 2014 ao Real Madrid, aínda que o seu equipo acabou perdendo na quenda de penaltis. Á súa vez, tamén disputou a Liga Xuvenil da UEFA nese mesmo curso. Tras finalizar a súa etapa xuvenil, pasou a militar no filial donostiarra catro tempadas, entre 2015 e 2019, onde acabou sendo o capitán do equipo.[1]

No verán de 2019, rescindiu o seu contrato coa Real Sociedade B e firmou co KAS Eupen da Jupiler League, a Primeira División de Bélxica, onde xogou dous partidos da primeira volta da liga ás ordes de Beñat San José.

O 29 de xaneiro de 2020 asinou polo CD Castellón, do Grupo III da Segunda División B, no que xogou catro partidos de liga antes de que esta se paralizase pola pandemia de COVID-19.[2] Ademais, en xullo de 2020 xogou 3 partidos da promoción de ascenso a Segunda División, anotando un gol (á Unión Deportiva Logroñés) e logrando o ascenso co conxunto castellonenco, tras caer en primeira rolda pero gañar as dous seguintes.[3]

Na tempada 2020/21 continuou formando parte do equipo castellonenco, esta vez en Segunda División, sendo un habitual do equipo titular e disputando 33 encontros, aínda que o equipo acabou descendendo.

O 25 de xuño de 2021 asinou polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.[4] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[5] Foi titular en case tódolos partidos des tempada e da primeira metade da seguinte, formando parella de centrais xunto a Jaime Sánchez, pero acabou caendo dos onces iniciais na segunda parte da 2022/23, coincidindo cunha baixada de rendemento.[6]

En xullo de 2023 foi anunciado como novo xogador do Córdoba, da mesma categoría.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas