Paco Zas

futbolista e empresario galego

Francisco Martínez Zas, nado na Coruña o 9 de xullo de 1961, é un exfutbolista e actual empresario galego. Xogaba de defensa. Do 28 de maio ao 27 de decembro de 2019 foi presidente do Deportivo da Coruña.[1]

Paco Zas
Información persoal
NomeFrancisco Martínez Zas
Nacemento9 de xullo de 1961 (62 anos)
Lugar de nacementoA Coruña
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
Fabril Deportivo
1982Deportivo da Coruña1(0)
1983–1985Calvo Sotelo (cedido)40(1)
1985–1986Linares20(1)
1986–1987Bergantiños
1987–1989Sporting Sada
1989–1990Brigantium
1990–1992Cerceda
1992–1993Carnoedo
Adestrador
1993–1995Sporting Sada
1996Cerceda
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como futbolista

Comezou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña con 13 anos, xogando como defensa. Xogou nos equipos infantil e xuvenil antes de dar o salto ao Fabril, onde xogou entre 1979 e 1983, disputando 124 partidos e marcando 4 goles. Na tempada 1981–82 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, no partido da 32ª xornada, na que unha folga de futbolistas convocada pola AFE motivou que moitos clubs xogasen con futbolistas non profesionais dos seus equipos filiais ou xuvenís. Foi o seu único partido co primeiro equipo.[2]

Entre 1983 e 1985 xogou cedido no Calvo Sotelo CF de Puertollano, onde xogou 40 partidos e logrou o ascenso á Segunda División. Na 1985/86 xogou no Linares CF, de Segunda B, co que sufriu un descenso a Terceira, antes de recalar no Bergantiños, onde xogou unha tempada.[3]

Nas tempadas 1987/88 e 1988/89 militou no Sporting Sada e na seguinte no Brigantium. En 1990 fichou polo Cerceda, onde xogou dúas tempadas, estando sete meses de baixa na segunda delas.[4] Colgou as botas tras unha última tempada no Carnoedo CF.

Colaborou activamente coa Asociación de Veteranos do Deportivo, da que é vicepresidente.[5]

Como adestrador

Tivo tamén unha curta carreira como adestrador que comezou en 1993 no Sporting Sada.[6] Tras adestrar durante dúas tempadas a dito equipo foi contratado polo Cerceda no verán de 1996.[7] Con todo, foi cesado xa a comezos de novembro pola mala xeira de resultados do equipo.[8]

Como dirixente

O 2 de outubro de 2013 presentou a súa candidatura para presidir o Deportivo da Coruña.[9] Finalmente, o candidato máis votado polos accionistas, que foi nomeado presidente do club, foi Tino Fernández.[10]

Despois dunha época de malos resultados, o 22 de abril de 2019 Tino Fernández presentou a súa dimisión e convocou eleccións.[11] Paco Zas volveu presentarse á elección. O 28 de maio de 2019 foi elixida a súa candidatura para presidir o Deportivo da Coruña, logo da dimisión do Consello de Administración encabezado por Tino Fernández, converténdose no 43.º presidente da entidade branquiazul.[12]

O 9 de decembro de 2019, ocupando o equipo a última posición da táboa, na peor xeira de resultados da súa historia tras 18 xornadas sen gañar e a 8 puntos da permanencia en Segunda División,[13] anunciouse a dimisión da directiva e a convocatoria de novas eleccións en xaneiro de 2020.[14]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
Tino Fernández
 Presidente do Deportivo da Coruña 
2019
Sucesor:
Fernando Vidal