Parochiale suevorum

(Redirección desde «Parrochiale suevum»)

O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI[1] e redactado inequivocamente entre os anos 572 e 589.[2]

Parochiale suevorum
División de Teodomiro
Copia do Parroquial Suevo no Liber Fidei, Doc. n.º 551, séc. XIII.
Título orixinalParrochiale suevum / Divisio Theodomiri
OrixeReino Suevo da Gallaecia
Lingualingua latina
Tema(s)Organización administrativa eclesiástica do reino suevo
Data de pub.século VIxuliano
editar datos en Wikidata ]

É considerado un documento único e excepcional en todo o occidente Latino[3], móstranos como a rexión comprendida entre o Miño e o Douro, a Gallaecia meridional sería a máis desenvolvida e a mellor organizada para todo o conxunto territorial.

No prefacio do devandito documento afírmase que tal organización acordouse nun concilio reunido en Lugo en xuño do 569 por mandato do rei Teodomiro co fin primordial de «confirmar a Fe católica»,[4] tamén se decidiu elevar a sé de Lugo á dignidade metropolitana.[5] Así o rei Teodomiro explica a escaseza de bispos debido á extensión do territorio e a dificultade que a existencia dunha soa metrópole produce para tódalas sés afastadas de Braga.[6]

Neste documento reflíctese a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as oito tradicionais reflectidas no Primeiro Concilio de Braga de 561, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Conímbriga, Idanha, Lamego e Viseu.

O Parroquial Suevo non recolle as igrexas monásticas ou de fundación privada, senón que enumera soamente aquelas igrexas cunha función diocesana, e que por tanto podían administrar bautismo e funcionar como cemiterio da comunidade (Díaz Martínez 1998: 37; Díaz e Díaz 2002: 17),[7] este manuscrito amosa como o poder do bispo exercíase dunha maneira directa sobre o territorio máis próximo a súa residencia, enumerando pormenorizadamente ás igrexas dependentes qui in vicino sunt.[8]

Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga,de 572.[9] O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. A súa importancia reside en non existir equivalente na época en ningunha outra provincia eclesiástica.[10] Constitúe por tanto unha das referencias historiográficas máis importantes para a localización de pobos e poboacións na Gallaecia pos-romana, especialmente durante o Reino suevo.[11]

En definitiva, para López Quiroga[12] o «Parroquial Suevo» foi máis un punto de partida, ao reflectir unha organización ancestral do territorio que afunde as súas raíces en época prerromana e romana, que un punto de chegada, posto que a rede parroquial non tomará a súa forma case definitiva ata o século XII, no marco da reforma gregoriana. Deberiamos, por tanto e para a segunda metade do século VI, falar de «pre-parroquias» e non de «parroquias» en sentido estrito.

Dioceses

Reino suevo.

O documento recolle as seguintes dioceses:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos