Dipnoi

subclase (superórde) dos peixes
(Redirección desde «Peixe pulmonado»)

Os dipnoi, dipnoos ou peixes pulmonados son unha subclase de peixes da clase Sarcopterygii, isto é, peixes óseos portadores dunha vexiga natatoria adaptada á función de respiración aérea.

Peixe pulmonado australiano

Características

Viven exclusivamente en auga doce e teñen un tamaño mediano e unha forma típica, alongada. Teñen narinas internas atípicas (as súas narinas ábrense dentro da cavidade bucal), pulmóns funcionais e sistema circulatorio diferenciado. Por estas características foron considerados no pasado coma ancestrais dos tetrápodos.

Os peixes dipnoicos son especiais polo feito de teren como órgano primario da respiración un pulmón especializado que non posúe bronquios, sendo quen de extraer osíxeno directamente do aire atmosférico. Este é un órgano impar en Neoceratodus e par en Lepidosiren e Protopterus.

Clasificación

Subclase Dipnoi

  • Familia Diabolichthyidae
  • Familia Uranolophidae
  • Familia Speonesydrionidae
  • Familia Dipnorhynchidae
  • Familia Stomiahykidae
  • Familia Dipteridae
  • Familia Chirodipteridae
  • Familia Holodontidae
  • Familia Fleurantiidae
  • Familia Rhynchodipteridae
  • Familia Phaneropleuridae
  • Familia Ctenodontidae
  • Familia Sagenodontidae
  • Familia Gnathorhizidae
  • Orde Ceratodontiformes: caracterizados por posuír aletas anchas e un pulmón impar.
    • Familia Asiatoceratodontidae
    • Familia Ptychoceratodontidae
    • Familia Ceratodontidae
      • Xénero Ceratodus
      • Xénero Metaceratodus
      • Xénero Mioceratodus
      • Xénero Neoceratodus
  • Orde Lepidosireniformes: caracterizados por posuír aletas largas e estreitas e un par de pulmóns.
    • Familia Lepidosirenidae
    • Familia Protopteridae

Véxase tamén

Ligazóns externas