Peter Pan (filme de 2003)

Peter Pan é un filme británico-estadounidense dirixido por P. J. Hogan que se estreou no 2003.

Peter Pan
Ficha técnica
Título orixinalPeter Pan
DirectorP. J. Hogan
ProdutorPatrick McCormick
Lucy Fisher
Douglas Wick
GuiónP. J. Hogan
Michael Goldenberg
Baseado enPeter and Wendy de J. M. Barrie
IntérpretesJeremy Sumpter
Rachel Hurd-Wood
Ludivine Sagnier
Jason Isaacs
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaDonald McAlpine
MontaxeGarth Craven
Michael Kahn
EstudioRevolution Studios[1]
DistribuidoraUniversal Pictures
Columbia Pictures
Estrea25 de decembro de 2003
Duración113 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento$100.000.000[2]
Recadación$121.975.011
Na rede
IMDB: tt0316396 Filmaffinity: 196440 Allocine: 28760 Rottentomatoes: m/1128577-peter_pan Mojo: peterpan03 Allmovie: v285317 TCM: 452539 Metacritic: movie/peter-pan TV.com: movies/peter-pan Netlix: 60031292Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Unha fría noite de Londres, Wendy Darling adormece ós seus irmáns máis novos con contos de espadas, aventuras e o Capitán Garfo, o pirata lendario que non teme a nada agás ó tic tac do reloxo. Pero un reloxo fai tic tac por Wendy tamén. O seu pai decidiu que lle chegou o momento de medrar. Despois desa noite, non haberá máis historias. Pero a Peter Pan encántanlle as historias de Wendy, e viaxa unha gran distancia para escoitalas. A súa aparición esa noite na habitación supón o comezo dunha gran aventura para Wendy e os seus irmáns no mundo máxico do País de Nunca Xamais.

Personaxes

  • Jeremy Sumpter como Peter Pan
  • Rachel Hurd-Wood como Wendy Darling/Red-handed Jill
  • Jason Isaacs como Mr. George Darling/Capitán Hook (Capitán Garfo)
  • Lynn Redgrave como Tía Millicent
  • Richard Briers como Smee
  • Olivia Williams como Mrs. Mary Darling
  • Harry Newell como John Darling
  • Freddie Popplewell como Michael Darling
  • Ludivine Sagnier como Tinker Bell
  • Rebel como Nana
  • Saffron Burrows como Narradora/Wendy adulta
  • Carsen Gray como Tiger Lily

Galardóns e nomeamentos

  • 2003: Critics' Choice Awards: Nomeado a mellor filme familiar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas