Polonia no Festival de Eurovisión

Polonia competiu por vez primeira no Festival de Eurovisión na edición de 1994 logo de se ingresar a Telewizja Polska na Unión Europea de Radiodifusión o ano anterior. Así e todo o concurso xa se emitía no país desde había anos, aínda que por veces en diferido. Polonia estivo ausente nas edicións de 2012 e 2013 mais volveu de novo a participar na de 2014 en Copenhague.

Polonia

Estación membroTVP
Final nacionalKrajowe Eliminacje
Aparicións16
Primeira aparición1994
Mellor resultado
Final2º 1994
Semifinal2014
Peor resultado
Final24º 2008
Semifinal19º 2011
Ligazóns externas
Páxina en TVP
Páxina de Polonia en Eurovision.tv
Edyta Górniak durante unha actuación en 2009. Edyta foi a primeira representante polaca no Festival de Eurovisión.

Historia

A cantante Iwona Węgrowska participando na selección para elixir o representante de Polonia en 2010

En 1975 Polonia intentou participar no Festival coa canción "Mój, tylko mój” de Anna Jantar pero a UER non o autorizou[1]. Así a primeira participante foi Edyta Górniak, e a súa canción foi tamén a de máis éxito para Polonia ata a data, ao conseguir 166 puntos e o segundo lugar. As intervencións polacas nos anos seguintes foron menos exitosas, quedando o país entre os postos 11º e 20º. Polonia non acudiu á edición de 2002. Para a edición de 2003 Polonia organizou pola primeira volta unha selección pública para elixir á súa representante, gañando o voto do público o grupo Ich Troje por diante de Blue Café, rematando 7º na final de Eurovisión. Blue Café pola súa banda o ano seguinte gañou a competición de selección para acceder á edición de 2004 quedando en 17º lugar. Nos anos seguintes Polonia só se clasificou para a final nas edicións de 2008, con Isis Gee) que quedou no posto 24º, e en 2014.

No ano 2005 a TVP realizou unha selección interna para escoller o seu representante, resultando elixida a canción "czarna dziewczyna", interpretada en polaco e ruso, pero non chegou á final quedando 11ª na semifinal. Para a edición de 2006 volveuse de novo ao voto do público, resultando elixido de novo o grupo Ich Troje que tampouco foi quen de chegar á final. Na edición de 2007 The Jet Set quedou 14º na semifinal.

Polonia non cometiu na edición de 2012 argumentando a radiotelevisión pública que xa tiña que organizar, con Ucraína, a Eurocopa de Fútbol[2] como tampouco o fixo na de 2013[3].

Marcin Mrozinski foi o representante elixido para concursar na edición de 2010
Figurante durante a actuación de Polonia na edición de 2014. Nesta edición a letra e a coreografía recibiron acusacións de machistas pola utilización da muller como reclamo sexual[4]

Participacións

AnoArtistaLinguaTítuloFinalPuntosSemifinalPuntos
1994Edyta GórniakPolaco"To nie ja!"2166
Non houbo semifinais
1995Justyna SteczkowskaPolaco"Sama"1815
1996Kasia KowalskaPolaco"Chcę znać swój grzech..."15311542
1997Anna Maria JopekPolaco"Ale jestem"1154
Non houbo semifinais
1998SixteenPolaco"To takie proste"1719
1999Mietek SzcześniakPolaco"Przytul mnie mocno"1817
2000
Sen participación
2001Andrzej PiasecznyInglés"2 Long"2011
2002
Sen participación
2003Ich TrojeAlemán, polaco, ruso"Keine Grenzen-Żadnych granic"790
2004Blue CaféInglés, español"Love Song"1727
Entre os 11 primeiros o ano anterior
2005Ivan & DelfinEnglish, Russian"Czarna dziewczyna"
Non se cualificou
1181
2006Ich Troje feat. Real McCoyInglés, polaco, alemán, ruso, español"Follow My Heart"
Non se cualificou
1170
2007The Jet SetInglés"Time To Party"
Non se cualificou
1475
2008Isis GeeInglés"For Life"24141042
2009Lidia KopaniaEnglish"I Don't Wanna Leave"
Non se cualificou
1243
2010Marcin MrozińskiInglés, polaco"Legenda"
Non se cualificou
1344
2011Magdalena TulPolaco"Jestem"
Non se cualificou
1918
2012
Non competiu
2013
2014Donatan e CleoPolaco, inglés"My Słowianie - We Are Slavic"1462870

Historial das votacións

Deica 2014 o historial de votacións polaco é o seguinte:

Puntos dados por Polonia (só nas finais)
PostoPaísPuntos
1 Ucraína82
2 Noruega61
3 Suecia54
4 Alemaña53
5 Estonia45
Puntos recibidos por Polonia (só finais)
RankCountryPoints
1 Alemaña56
2 Austria34
3 Francia27
4 Lituania26
5 Bosnia e Hercegovina25
Puntos dados nas semifinais e finais
RankCountryPoints
1 Ucraína90
2 Noruega81
3 Rusia60
4 Acerbaixán59
5 Estonia58
Puntos recibidos nas semifinais e finais
RankCountryPoints
1 Alemaña77
2 Irlanda56
3 Austria43
Lituania43
5 Ucraína42

12 puntos

Logo da súa primeira participación en Eurovisión, Polonia recibiu 12 puntos só nunha final e nunha semifinal. Na imaxe Isis Gee actuando na semifinal de 2008, onde logrou un dos escasos 12 puntos para Polonia
AnosDados aRecibidos de
FinalSemifinalFinalSemifinal
1994 HungríaNon houbo semifinal Austria
Estonia
Francia
Lituania
Reino Unido
Non houbo semifinal
1995 Noruega
Ningún
1996 IrlandaDescoñecido1
Ningún
Descoñecido1
1997 FranciaNon houbo semifinais
Ningún
Non houbo semifinais
1998 Bélxica
Ningún
1999 Alemaña
Ningún
2000Non participouNon participou
2001 Estonia
Ningún
2002Non participouNon participou
2003 Bélxica Alemaña
2004 UcraínaNon se transmitiu
Ningún
Non participou
2005 Ucraína HungríaNon se cualificou
Ningún
2006 Finlandia FinlandiaNon se cualificou
Ningún
2007 Ucraína LetoniaNon se cualificou
Ningún
2008 Armenia Armenia
Ningún
Irlanda
2009 Noruega AcerbaixánNon se cualificou
Ningún
2010 Dinamarca BélxicaNon se cualificou
Ningún
2011 Lituania LituaniaNon se cualificou
Ningún
2012Non participou
2013
2014 Países Baixos Suíza
Ningún
Alemaña

1 Non se coñece o voto para a rolda de precualificación de 1996.

Presentadores e voceiros

Aleksandra Rosiak foi a voceira polaca en 2010
Arthur Orzech foi o primeiro e quen máis veces presentou Eurovisión na TVP
Ano (s)PresentadoresVoceiros
1994Artur OrzechJan Chojnacki
1995
1996Dorota Osman
1997Artur Orzech
1998
1999
2000Non participou
2001Maciej Orłoś
2002Non participou
2003Maciej Orłoś
2004
2005
2006
2007Radosław Brzózka
2008
2009
2010Aleksandra Rosiak
2011Odeta Moro-Figurska
2012Non se transmitiuNon participou
2013
2014Artur OrzechPaulina Chylewska

Notas