Premio Erasmus

O Premio Erasmus é un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte en Europa e tamén no resto de mundo.[1] Está considerado como un dos recoñecementos máis distinguidos de Europa[2] e leva o nome do teólogo e humanista neerlandés, Desiderius Erasmus.

Logo do Premio Erasmus.

Cerimonia

A cerimonia de entrega adoita ter lugar no Palacio Real de Ámsterdam, onde o premio é presentado polo mecenas da fundación (o Rei Guillerme Alexandre dos Países Baixos). Ademais, organízase un amplo abano de actividades arredor da cerimonia en cooperación con outras organizacións académicas e culturais. Entre elas inclúense clases maxistrais, congresos académicos, obradoiros, exposicións, actuacións de baile, música e teatro, así como outras actividades educativas.

A primeira cerimonia de entrega do premio foi no ano 1958. Até o 2016, foi repartido un total de 74 veces en 54 anos.[1]

Galardoados

ImaxeAnoNomeNotasReferencias
1958Pobo austríacoPatrimonio cultural. Galardoado na Universidade de Milán. Os fondos do premio foron empregados para financiar a estudantes austríacos en Europa, estudantes estranxeiros en Austria e escavacións no Éfeso.[3][4]
1959Robert Schuman[3]
1959Karl Jaspers[3]
1960Marc Chagall[3]
1960Oskar Kokoschka[3]
1962Romano Guardini[3]
1963Martin Buber[3]
1964Unión Académica Internacional[3]

1965Charles Chaplin e Ingmar Bergman[3]

1966Herbert Read e René Huyghe[3]
1967Jan Tinbergen[3]
1968Henry Moore[3]

1969Gabriel Marcel e Carl Friedrich von Weizsäcker[3]
1970Hans Scharoun[3]
1971Olivier Messiaen[3]
1972Jean Piaget[3]
1973Claude Lévi-Strauss[3]

1974Ninette de Valois e Maurice Béjart[3]
1975Ernst Gombrich e Willem Sandberg[3]
1976Amnistía Internacional e René David[3]
1977Werner Kaegi e Jean Monnet[3]
1978Teatro de monicreques:
  • La Marionettistica dos irmáns Napoli
  • Ţăndărică de Margareta Niculescu
  • Théatre du Papier de Yves Joly
  • Bread and Puppet de Peter Schumann
[3]
1979Die Zeit e Neue Zürcher Zeitung[3]

1980Nikolaus Harnoncourt e Gustav Leonhardt[3]
1981Jean Prouvé[3]
1982Edward Schillebeeckx‎[3]



1983Raymond Aron, Isaiah Berlin, Leszek Kołakowski e Marguerite Yourcenar[3]
1984Massimo Pallottino[3]
1985Paul Delouvrier[3]
1986Václav Havel[3]
1987Alexander King[3]
1988Jacques Ledoux[3]
1989Comisión Internacional de Xuristas[3]
1990Sir Grahame Clark[3]
1991Bernard Haitink[3]
1992Arquivo Xeral de Indias[3]
1992Simon Wiesenthal[3]
1993Peter Stein[3]
1994Sigmar Polke[3]
1995Renzo Piano[3]
1996William Hardy McNeill[3]
1997Jacques Delors[3]

1998Mauricio Kagel e Peter Sellars[3]
1999Mary Robinson[3]
2000Hans van Manen[3]

2001Claudio Magris e Adam Michnik[3]
2002Bernd e Hilla Becher[3]
2003Alan Davidson[3]
2004Abdolkarim Soroush, Sadik Al-Azm e Fatema Mernissi[3]

2005Simon Schaffer e Steven Shapin[3]
2006Pierre Bernard[3]
2007Péter Forgács[3]
2008Ian Buruma[3]

2009Antonio Cassese e Benjamin Ferencz[3]
2010José Antonio Abreu[3]
2011Joan Busquets[3]
2012Daniel Dennett[3]
2013Jürgen Habermas[3]
2014Frie Leysen"Theatre, audience and society"[3][5]
2015Comunidade de WikipediaPor "promocionar o coñecemento a través dunha enciclopedia libre, accesible e universal".[1][2]
2016A. S. Byatt[6][7]
2017Michèle Lamont[8]
2018Barbara EhrenreichPor dar "unha voz a grupos da sociedade que doutra forma non serían escoitados"[9]
2019John Adams"Por crear unha nova linguaxe musical ao fusionar elementos do jazz, do pop e da música clásica".[10]
2021Grayson Perry"Perry desenvolveu unha linguaxe visual única, demostrando que a arte pertence a todos e non debería ser un asunto elitista".[11]
2022David Grossman"Busca comprender as persoas dende dentro e mirar ao outro con amor, máis alá das fronteiras da guerra e a historia."[12]
2023Trevor Noah"... pola súa inspirada contribución ao tema In Praise of Folly, chamado así polo libro máis famoso de Erasmo, que está cheo de humor, crítica social e sátira política. Coa súa comedia política aguda, burleira pero inclusiva, Noah, aos ollos do xurado, defende o "espírito erasmiano".[13]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: