Pobo austríaco

O pobo austríaco (en alemán: Österreicher) é un grupo nacional, cultural e étnico xermánico[12] que vive en Austria. Historicamente, os austríacos foron considerados como alemáns e tamén se vían eles mesmos como tal. Austria foi parte do Sacro Imperio Romano Xermánico e tamén foi posteriormente membro da Confederación Xermánica, mais trala Guerra austro-prusiana de 1866, Austria foi expulsada da Confederación por Prusia. Por mor disto, cando se fundou o Imperio Alemán en 1871, Austria quedou á marxe. En 1938 produciuse o Anschluss, ou anexión de Austria ao Terceiro Reich, mais despois do acontencido na segunda guerra mundial, os austríacos desenvolveron a súa propia identidade nacional e a meirande parte deles non se considera como alemáns hoxe en día.[13] En 1958 o pobo austríaco foi galardoado co Premio Erasmus.[14][15]

Pobo austríaco
Ferdinand Porsche
Poboación
Poboación total:
8,5 millóns
Rexións principais:
Austria Austria7,5 millóns[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos730 336[2]
Alemaña Alemaña345 620[3]
Canadá197 990[4]
Suíza Suíza80 000
Australia Australia45 530[5]
Reino Unido Reino Unido25 000[6]
Sudáfrica Suráfrica20 204
España España10 400[6]
Italia Italia10 300[6]
Brasil10 000[6]
República Checa República Checa9 300
Israel6 800[6]
Suecia Suecia4 100[6]
Grecia Grecia3 000[6]
Hungría Hungría2 571[7]
Eslovaquia Eslovaquia2 301[8]
Perú2 300
Nova Zelandia Nova Zelandia1 300
Irlanda Irlanda720[9]
Serbia Serbia131[10]
Aspectos culturais
Linguaalemán (estándar: alemán de Austria); bávaro e alemánicooutras linguas rexionais: croata, húngaro e esloveno[11]
RelixiónCatólicos 61.5%
Ortodoxos 6%
Protestantes 4%
outros ou sen relixión (28.5%)
Grupos
relacionados
Pobos xermánicos, italianos, checos, eslovacos, maxiares, eslovenos e croatas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: