Proceso uncinado da costela

Os procesos uncinados das costelas son extensións de óso que se proxectan en dirección caudal desde o segmento vertical de cada costela. Uncinado en latín significa 'ganchudo'. Encóntranse en aves (excepto os Anhimidae), réptiles e nos primeiros anfibios (Ichthyostega).[1]

Esqueleto de ave no que se salientaron os proceso uncinados

Estes procesos poden servir como punto de unión dos músculos escapulares,[1] e axudan a reforzar o solapamento da caixa torácica coas costelas que están detrás deles.[1][2] Tamén teñen un papel na respiración ao incrementaren a efectividade dos músculos implicados na inspiración como os músculos apendicocostais.[3] Os procesos son curtos nas aves corredoras e longos nas especies mergulladoras e son de lonxitude intermedia en aves non especialistas.[4] As aves da familia Anhimidae son as únicas que carecen destes procesos.[5] The process has also been noted in some Enantiornithines.[6] Aínda que os procesos óseos uncinados son exclusivos das aves, existen tamén procesos unicnados cartilaxinosos en crocodilos. Os procesos uncinados tamén se encontraron en fósiles como Sphenodon, Caudipteryx, ovirraptóridos, Confuciusornis e Chaoyangia, aínda que Archaeopteryx carecía deles.[6]

Notas